martes, 9 de novembro de 2010

NENOS, TEMOS VISITA.

leonuevo_200px

Queridos nenos:

Onte un troll anónimo enviou este comentario ao blog.

“Os nenos que escriben no blog, ¿estan escolarizados? o non dan ortografía nese centro, polo menos xa que publicades o que vos vai ben, corrixíde as faltas de ortografia do que colgades no blog, esto di moito do que traballades nese centro, mais ortografia e menos fotografía.”

É simpático que alguén dea leccións de ortografía escribindo deste xeito.

Eu conto unhas doce faltas, entre ortografía, puntuación, signos gramaticais… pero podería haber algunha máis se nos poñemos moi “tiquismiquis”.

Nenos, propoño facer un xogo.

Deixade o voso comentario explicando o erro que atopedes no que escribiu o noso visitante. A principios da semana que ven daremos a solución, e miraremos quen tivo máis acertos.

Convén aclarar tamén, que os administradores do blog só poden moderar ou eliminar comentarios, nunca editalos, polo que non é posible corrixir as faltas de ortografía. É unha mágoa!

De tódolos xeitos, aí si que leva razón o noso Anónimo. Debemos de revisar o texto antes de premer o botón de enviar.

Recibide un saúdo do voso amigo,

Leo

PD: Ao mellor é máis produtivo non escribir anonimamente e dirixirse abertamente aos responsables desta e doutras actividades; para calquera suxestión, idea, aclaración... Na páxina web do cole podedes atopar os teléfonos, o fax, a dirección postal, o correo electrónico…

8 comentarios:

Anónimo dixo...

Cuando nos encontramos con los niños de la ruta fue fantastico nos estaban siguiendo y todos es taban diciendo que iban mas rapido quel tren !Fue FANTASTICO¡

Anónimo dixo...

Pois non digas ti nada dos demais por que ti tamen tes faltas de ortugrafia.Asique cala.

Anónimo dixo...

As faltas de ortografía do Troll Anónimo son:blog que se escribe bloge,ortografia que se escribe ortografía,despois de interrogacion cerrada escribese maiúscula,estan leva acento gráfico no a,e a palabra o tiñase que escribir ou,en vez eso di moito tería que ser iso di moito.Nos contamos cunhas seis faltas,non coincidimos con Sanchez-Agustino,pero creemos que nos o fixemos ben.Alumnos e alumnas de 4º
curso.Un saúdo

Anónimo dixo...

Pois ti tamen tes faltas de ortografia Troll anonimo asi que non te fixes nas faltas dos demais.Para empezar unha persoa devese fixar nas suas faltas non nas dos demais porque despois de escribir ai que revisar a escritura. Sara e nenas de cuarto curso

Anónimo dixo...

E despois dinos que os alumnos do colexio cometemos erros de ortografia,a clase de 4º curso revisamos o comentario e parecenos que ten unha cuantas faltas...Podeste preocupar un pouco polo teu comentrio que igual que nos estas dicindo que os revisemos,pois ti fai o mesmo.

Anónimo dixo...

Bueno,bueno,se nos temos faltas revisa o que escribiches ti e deixate de mirar o dos demais que non che importa.E escribeme se te atrebes miedicas Sara e amigos de cuarto e quinto

Anónimo dixo...

Pois non ables de nos que ti tamen tes faltas de ortografia asique cala.Mira as tuas faltas e deixate de mirar as dos demais cando non te importa.Eescribe se sabes cales son as tuas faltas. !De parte de....¡

Anónimo dixo...

Las faltas de ortografía del troll son malas, pero es mejor que los niños estén escoralizados que que sean unos vagos que no sepan hacer nada.