mércores, 22 de maio de 2013

NÓS TAMÉN CREAMOS–A ESCALEIRA

Velaí vai a nosa proposta! Por fin, logo dun intenso traballo, xa temos rematada a nosa curta. O título escollido: “A Escaleira”, de Beatriz Montero e Raul Nieto Guridi.

Se tedes boa conexión activade o HD, que está subido con moita resolución!

A ESCALEIRA from CEIP A LAMA on Vimeo.

Agardamos que vos guste. Un saudiño.

Lémonos,

LEO

PD: Andade atentos, porque iremos contando algunha cousiña máis de como se foi desenvolvendo o traballo. A próxima entrega: Concerto de Güintervan! Grupo do pai do noso alumno Iker que nos prestaron a música.

5 comentarios:

Belenjunquera dixo...

IM-PRESIONANTE!!!!
Parabéns!!!!
Para cando unha candidatura aos Goya??? ;-)

Sodes uns artistazos/as
Moitos bicos

María José dixo...

Quedo sen palabras!!!!IMPRESIONANTEEEE!!!!!
Sodes xeniais; eses pequerrechos teñen que estar super contentos con ises profes e todo o que lles ensinan.
NORABOA!!!!

Bicos!!!

Unknown dixo...

Moitos parabéns!!
Un traballo merecedor dun Oscar en fotografía.

Para nós sodes un exemplo a seguir.

Apertas.


Beatriz Montero dixo...

Parabéns! Me ha encantado el trabajo que habéis hecho con el cuento. Está genial los personajes, las puertas tan creativas, los diálogos, el ratoncito, el gato. Sí, se merece un Óscar.

primeirociclocpimosteiro dixo...

Os meniños de 1ºprimaria de Mosteiro xa son bos admiradores do voso traballo. Aínda que desta vez non o puidemos ver dun tirón... pero non foi porque non gustase, eh? O que pasa, é que tanta calidade nos "efectos de son" fixo que escacharan coa risa e non eramos quen de rematalo... repetimos a escea ..... VECES!!!
PARABÉNS!
CADA COUSA QUE CREADES... FAIVOS MÁIS GRANDES!