Como é xoves, van chegando á biblioteca os últimos cadernos de bitácora. Estes son os da semana pasada que xa os teño preparados.
Lémonos,
LEO
Como é xoves, van chegando á biblioteca os últimos cadernos de bitácora. Estes son os da semana pasada que xa os teño preparados.
Lémonos,
LEO
Xa chegamos ao último estado da auga da man de Gotiña, a nosa compañeira durante o PDI. Esta vez experimentamos co estado líquido.
Primeiro subimos á biblioteca e vimos que era eso do estado líquido, mirade!
1. Observamos a auga e as súas características neste estado. Despois tinguimos a auga con cousas que atopamos na casa: café, te e azafrán!
3. Metimos anacos de tela para ver que pasaba…
E sabedes que pasou???
4. Quedounos unha sorpresa para o final. Apareceu na clase unha pranta moi curiosa, xa que tiña forma de xoaniña e con moito coidado démoslle auga para que collera vida.
Que divertido foi aprender cousas da auga!!
Lémonos.LEO
Algo máis que videos…! Este é o nome do novo recanto que poderedes ver no noso blog!
Neste espazo iremos colgando todos os videos que atopemos interesantes para vós e as vosas familias.
A través deste recanto poderedes “ver” contos, curta metraxes, música… deixade que vos sorprendamos!
Hoxe estreamos con éste que atopamos na páxina da editorial Edelvives.
Lémonos. LEO.
Estades de sorte, xa que hoxe publico para vós outros cadernos de bitácora que moito teñen para ver!
Familia Doallo Alonso (4º Infantil)
Familia Adán Moreira (6º Infantil)
Familia Ventín Fortes (1ºPrimaria)
Familia Cal Couto (2ºPrimaria)
Familia Amoedo Cal (3ºPrimaria)
Familia Amorín Martín (4ºPrimaria)
Familia González Vidal (5ºPrimaria)
Lémonos. LEO
Novos cadernos de bitácora que aínda quedabán por publicar.
Máis vale tarde que nunca… non si?
Familia Carrera Cortizo (5º Infantil)
Familia Perdiz Barros (1º Primaria)
Familia Moreira Suárez (2º Primaria)
Familia Muiños Pacheco (3º Primaria)
Familia Vidal Vidal (5º Primaria)
Lémonos. LEO
Mergullámonos na páxina www.amlibros.com , unha librería on-line especializada en libros de deseño e comunicación gráfica.
Entre moitos outros libros interesantes que podedes atopar, hoxe queremos facer referencia ao título ABCD 3D.
Un espectacular libro móbil (pop-up book) creado por Marian Bataille no que recolle o alfabeto dun xeito moi curioso e divertido.
Aquí vos deixamos o vídeo ao que facían referencia.
Lémonos. LEO
Como tódalas semanas… os Cadernos de Bitácora xa chegaron a Biblioteca. Mirade!
Familia Cioni (4ºInfantil)
Familia Paulo Suárez (5ºInfantil)
Familia Joao (1ºPrimaria)
Familia Cerdeira Cortizo (2ºPrimaria)
Familia Leins Amorín (3ºPrimaria)
Familia Francisco Cal (4ºPrimaria)
Familia Cal Alvariño (6ºPrimaria)
Deica Pronto rapaces!
Lémonos. LEO
Aínda que con algo de demora (xa sabedes que sempre ando con moitas cousas…) aquí vos deixo algúns Cadernos de Bitácora!
Familia Amorín López (4ºInfantil)
Familia Gandarela Ramilo (5ºInfantil)
Familia Domínguez Gabián (6ºInfantil)
Familia Iglesias Barreiro (1º Primaria)
Familia Gónzalez Vidal (2º Primaria)
Familia Leins Amorín (3º Primaria)
Pronto veredes máis!
Lémonos. LEO
Gotiña volveu de novo xunto os máis pequenos para que seguiran aprendendo a cerca da auga e os seus estados.
Como xa vos contei, todo comeza na nosa biblioteca onde vimos un agasallo en forma de presentación que nos deixou a nosa amiga.
Seguindo as súas indicacións, fomos a ver como quedara o xeo que fixeramos na anterior sesión de experimentos. A auga estaba conxelada coas nosas larpeiradas! ummm… que ricas estaban!
Probamos o xeo
1º Quitamos os recipientes do conxelador e observamos como o xeo colleu as diferentes formas, aínda que as cores case desapareceran!
2º Puidemos tocar o fríos xeos, quedaban pegados nas mans!
3º A mellor parte de todas… probamos as larpeiradas, e aínda que estaban algo duras non quedou nin unha!
Logo, un pouco arrefriados polo xeo, comezamos a experimentar coa auga en estado gasoso:
Frío, morno ou quente?
1º As nosas mestras trouxeron a aula cuncas con diferentes temperaturas e puidemos, con moito ollo, tocar e experimentar as diferenzas. Pronto nos demos contas que o vapor de auga só saía da cunca máis quentiña!
Facemos gotiñas co vapor
1º Tapando as cuncas máis quentes cun acetato incoloro, vimos claramente como a condensación do vapor formaba pequenas marcas. Ao arrefriar, como por arte de maxia, volvían ao seu estado líquido con forma de gotiñas.
Creamos nubes!
1º Precisamos un espello, e como non, unhas cuncas con auga ben quente.
2º Tapamos as cuncas co espello ata que contamos ata 10 e… conseguimos “nubes redondas”.
3º Xogamos a facer con elas diferentes formas, pero tiñamos que debuxar rápido antes de que desapareceran.
4º Ao final, cunha gran cantidade de cuncas fixemos unha gran nube.
Aínda nos quedou un ratiño para comezar a facer o mural dos estados da auga!
Ata o próximos mércores que veremos algo máis.
Lémonos. LEO.