venres, 2 de decembro de 2011

QUE BOA NOVA!!!

LEO3D3Ola a todos! Que boa nova recibimos onte!

Foi un día tan especial que non tivemos tempo de escribir nada, e iso non pode ser.

Non sei se as miñas palabras serán suficientes para expresar todo o que sentimos no noso colexio.

Onte, ben cedo, recibimos a chamada do Ministerio de Educación, para comunicarnos que nos concederan o 1º PREMIO do “CONCURSO NACIONAL DE BUENAS PRÁCTICAS PARA LA DINAMIZACIÓN E INNOVACIÓN DE LAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2011”.

Como xa imaxinaredes, o berros, abrazos, brincos, bicos… non faltaron.

Aínda que levamos moi pouco tempo traballando polas bibliotecas, puxemos todo o noso cariño, coñecemento, ilusión, empeño… en dar á nosa Comunidade Educativa o mellor que levabamos dentro.

Este premio supón, non só un recoñecemento a un traballo, se non un pulo moi importante a un proxecto co que alguéns se ilusionaron, que o mimaron e viron medrar.

É o momento de lembrar a todos aqueles que dun xeito ou doutro nos apoiaron: compañeiros, asesores, comunidade educativa, administración… e aos máis importantes: os nosos nenos, que co seu traballo fixeron posible chegar ao punto onde nos atopamos.

Os nosos parabéns aos demais coles galardoados. As bibliotecas galegas son un referente. Diso non cabe dúbida.

Hoxe só queriamos contar esta boa nova. En canto baixemos da nube teremos que festexalo dalgún xeito con todos vós.

GRACIÑAS A TODOS! GRACIÑAS ESPECIAIS AOS NENOS!

Un saúdo, unha aperta, un bico…

Lémonos,

LEO

11 comentarios:

Anónimo dixo...

Que ben!Cando nos enteramos estbamos na clase de galego!A profe Tere veu correndo á clase e nos deu a nova.Que ilusión!E os voluntarios tamén nos merecemos algo?Non creedes?

Anónimo dixo...

Estou super contenta coa noticia.Enteramonos na clase de lingua,e de menuda maneira!As profes empezaron a gritar e nos pensamos que había un cumpleanos ou que estaban gastando unha broma.Logo veu correndo a profe Tere e díxonolo.Agora sabemos que neste cole temos a biblio mais bonita de España.

Belén dixo...

Parabéns,

Alégrome moitisimo!!! Tedelo ben merecido con todo o que estades currando.
Moitos bicos

A marela tarabela dixo...

Parabéns. Este Leo xa me tiña moi atrapado. Parabéns

Beni dixo...

Hai que ver que ben saben os premios, sobre todo cando son por un traballo ben feito.

bibliotecadocole dixo...

Parabens a toda a comunidade educativa polo premio.

Ronsel dixo...

Moitísimos e merecidísimos parabéns!

Pilar Hermida dixo...

CONGRATULATIONS AGAIN!!!!
O outro día felicitei a todos, pero como aínda non estaba a boa nova colgada no blog tiven que escribilo onde mellor me pareceu....así que agora teño que vos felicitar de novo.
Como dixen "CONGRATULATIONS! YOU´RE THE BEST!!!! YOU ARE THE WINNERS!!!!
Felicidades de todos nós (a miña familia, amigos, mestras compañeiras da escola e mestres do cole dos meus fillos...) Como vedes, sodes grandes.
Un bico e unha aperta moi forte dende Tui... Teacher Pilar and family xxxx

Dept.Biblioteca dixo...

Sabedes que o premio foi merecidísimo, sodes un campións ao 50 por cento. Parabéns e ....a seguir traballandoooo.
Anxos

Anónimo dixo...

Que sorte!A biblio máis bonita de toda España,está aqui,no noso cole.Que ben!Estabamos emocionados coa nova.Os profes non paraban de berrar e abrazarse!E nos tamén!Que ilusión!Parabéns.

Natalia dixo...

¡¡¡¡ENHORABUENA!!!! De verdad que os lo merecéis.