martes, 26 de febreiro de 2013

UNHA SORPRESA MOI ESPECIAL!

Nestes días chegou unha boa nova ao Recanto que nos volveu a emocionar... O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte concedeunos a distinción “Buena PrácTICa 2.0.”

E preguntarédesvos... que é iso? É unha rede colaborativa do profesorado da Escola do s.XXI, e xestiónase dende o “Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado del Ministerio de Educación”, coa finalidade de:

“...impulsar la extensión y el uso de las Tecnologías de la Información y la Comunicación como medio didáctico, promoviendo entre el profesorado el acceso a los recursos digitales, la difusión de sus experiencias y proyectos innovadores, así como la comunicación a través de las redes sociales.”

É un orgullo para a nosa comunidade escolar e para o Recanto de Leo recoller con moita ledicia esta mención e continuar a traballar para seguir sendo quen de tela.

Unha vez máis... MOITÍSIMAS GRAZAS!

Unha aperta agarimosa.

Lémonos. LEO.

xoves, 14 de febreiro de 2013

ENTROIDO ENERXÉTICO… E SOSTIBLE!

Sen esquecer a temática do noso PDI, este ano tamén festexamos o Entroido, e aínda que ao principio parecía moi complexo... todos atopamos como plasmar as enerxías sostibles.

_DSC0498

Pequenas terras pedindo que as coidemos, soles que alumean lámpadas de baixo consumo, eólicas e placas solares, foron as nosas vestimentas para a comparsa pola A Lama.

 

_DSC0504 _DSC0458

“Buscar outras

alternativas…

é a mellor alternativa!”

_DSC0442
_DSC0441 _DSC0464
_DSC0450 _DSC0492

“ A enerxía máis sostible

é a que non se consume”

_DSC0435
_DSC0462

“ Reduce,

reutiliza e recicla!”

_DSC0529 _DSC0460

A xornada non remataba aquí… aínda quedaba moito Entroido! Continuará…

Lémonos. LEO.

venres, 8 de febreiro de 2013

CONTOS SOLIDARIOS POLO DÍA DA PAZ CON… ANXO MOURE!

Como xa vos anunciabamos na anterior entrada, o Día Escolar pola Paz tivo moitas actividades, e unha que queremos destacar foi a visita do contacontos Anxo Moure.

_DSC0153

A verdade é que non deixou indiferentes nin a rapaces nin a mestres. Anxo, coa súa especial enerxía, foi quen de unir os catro conceptos que nos propuxeramos traballar: Paz, Ecoloxía, Solidariedade e Lectura.

“É de agradecerlle encarecidamente que trouxera a súa Ciclobiblioteca, xa que o día de forte choiva que tivemos fíxollo tremendamente duro.”

Como xa vos contamos con anterioridade, o tema do noso Proxecto Documental é “As Enerxías Sostibles”, e que medio de transporte máis sostible que unha bicicleta.

Se ademais lle engadimos o traballo que está a desenvolver co seu proxecto “Bicis Pola Paz”… tódalas pezas foron encaixando.

_DSC0137 _DSC0179
_DSC0229 _DSC0222

(Na seguinte galería de imaxes poderedes dar boa conta da tarde tan fermosa que puidemos gozar)

Se queredes saber máis sobre as actividades nas que participa Anxo, non deixedes de visitar a súa Web: www.contosolidarios.org.

Un saúdo de Paz e Solidariedade para todos! Graciñas Anxo!

Lémonos,

LEO

venres, 1 de febreiro de 2013

RASTRO SOLIDARIO POLO DÍA DA PAZ

O pasado mércores, 30 de xaneiro, conmemoramos na nosa escola o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Unha xornada chea de actividades que deu comezo despois do recreo co “III Rastro Solidario” do CEIP A Lama.

Durante as semanas previas os nosos cativos e os mestres estiveron elaborando unha chea de “artistadas” para poder vender: broches, colgantes, figuras… tentando dar, na medida das nosas posibilidades, un novo uso a materiais que xa deixaran de valer para o seu fin inicial (chapas das latas, CDs vellos, recortes de tea…)

_DSC0026 _DSC0029

_DSC0058

_DSC0054

_DSC0053

_DSC0036

A recadación foi éxito un ano máis! 185 € que doamos á ONG “Bicis pola Paz”, xa que o noso PDI deste ano vai das Enerxías Sostibles (e que medio de transporte máis sostible que a bicicleta…)

_DSC0024

Mentres todo o alumnado e profes ían facendo as súas compras, os nenos e nenas de 6º foron lendo uns textos de paz que procuraran en internet.

_DSC0080 _DSC0096
DSC_0028 DSC_0033
DSC_0005 _DSC0040

Xa pola tarde tivemos unha sesión solidaria de contacontos por parte de Anxo Moure, pero isto merécese outra entrada!

Un saúdiño, lémonos,

LEO

(Continuará…)