xoves, 7 de xuño de 2018

IMPRIMINDO EN 3D

Hoxe vos traemos un vídeo de exemplo da presentación a distintos grupos de alumnos da impresora 3D, dentro do proxecto Escornabots.

Pensamos que este achegamento á tecnoloxía dende a biblioteca vai abrir un campo importantísimo na escola.

IMPRESORA 3D from Leo de A Lama on Vimeo.

Se a Alfabetización Informacional (ALFIN) e Mediática é unha das nosas principais inquedanzas, incorporamos agora as iniciativas “Maker” e “STEAM” (Science, Technology, Engineering, Arts and Mathematics).

Xa nos contaredes que vos parece, lémonos,
LEO

mércores, 6 de xuño de 2018

OS ESCORNABOTS VIAXARON Á AULA

Unha das iniciativas que quixemos probar este curso foi a de levar os escornabots dende a biblioteca ás aulas.

Preparamos unha caixa cos tableiros e outros recursos.

No seguinte vídeo podedes ver a chegada a 1º e 2º de primaria.

ESCORNABOTS from Leo de A Lama on Vimeo.

Resultou como agardabamos! Lémonos,
LEO

domingo, 3 de xuño de 2018

ECOVIDEO–COIDA O MEDIO AMBIENTE

O alumnado de  6º de primaria produciu, dentro do proxecto Voz Natura e para participar no concurso Ecopreguntoiro de Radio Voz, este audiovisual que toca diversos aspectos da concienciación medioambiental.

ECOVIDEO CEIP A LAMA from Leo de A Lama on Vimeo.

Eles mesmos pasaron polas diversas fases da creación, dende escribir o guión ate interpretar aos seus protagonistas, nun proceso desenvolvido no  obradoiro de Iniciación á Linguaxe Audiovisual.

Agardamos que vos pareza de interese, lémonos,
LEO