A curta de animación “A Escaleira” faise co Premio Olloboi Fotoxénico (o máis estético, con mellor imaxe, fotografía, efectos, o máis bonito de ver, con máis estilo, con máis arte, o máis visual) na edición 2014 do Concurso Galego de Audiovisual non profesional.
O venres 23 tivo lugar en Boiro a gala que foi presentada pola actriz Mónica García, na que ademais “A Escaleira” optaba como finalista aos premios Olloboi DJ (mellor banda sonora) e Olloboi Zamburrioi (mellor traballo).
Os premiados foron:
Olloboi Online – Socas App – CPI Eusebio Lorenzo Baleirón
Olloboi Cómico – Moaña summit 2013 (O pato) - IES As Barxas
Olloboi Peleón – DesPrestige, DesEducAcción – IES A Cachada
Olloboi Fotoxénico – A Escaleira - CEIP A Lama
Olloboi DJ – Socas App – CPI Eusebio Lorenzo Baleirón
Olloboi Orixinal – A Muller Lamprea – IES As Barxas
Olloboi Escola – Alicia - IES As Barxas
Olloboi Zamburrioi – Música Doméstica
(Podedes ver máis fotos da entrega de premios na seguinte galería de imaxes)
Un saúdo, lémonos,
LEO