martes, 17 de novembro de 2015

PREMIOS OUFF ESCOLA 2015

_DSC0443

No día de onte tivo lugar en Ourense a entrega de premios aos traballos finalistas, na VI edición do certame de cinema OUFF Escola 2015.

Esta convocatoria nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e máis o traballo en equipo nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a formar un espírito crítico. Este certame pretende, ademais, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino, e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas.

Nesta sexta edición do certame participaron un total de 136 proxectos e máis de 2.300 rapaces, mostra dos bos resultados da promoción que procura o fomento da creación audiovisual na infancia e na adolescencia, e que ademais nos ilusiona a grandes e pequenos.

Este ano presentamos catro traballos: “Os superpoderes dos alimentos” en Educación Infantil, “Ecoclínica” de primeiro e segundo de primaria, “Da horta ao prato” de terceiro e cuarto de primaria e “Hortoconsellos” dos nenos de quinto e sexto de primaria.

_DSC0418

Fomos galardoados cun primer premio na categoría de infantil e primaria polo traballo de Educación Infantil “Os superpoderes dos alimentos”. O premio supón unha dotación económica de 600 euros, e sobre todo unha ledicia inmensa que viviron os nosos cativos, e que nos emocionou a todos!

_DSC0444 2

 

_DSC0442 _DSC0450 2
_DSC0457 2 _DSC0449 2

_DSC0430 _DSC0441 2 _DSC0465 2

Queremos trasladar a tódolos participantes e aos premiados os nosos parabéns polo traballos realizados, así como agradecer a organización a súa mención.

_DSC0431 _DSC0434
_DSC0428 _DSC0422 2
_DSC0434 2

_DSC0472

_DSC0421

_DSC0476

Parabéns rapaces!

E para os que non vistes a nosa curta… https://vimeo.com/128374250

Lémonos,
LEO.

mércores, 4 de novembro de 2015

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES II

Continuando coas actividades desenvolvidas no Día das Bibliotecas Escolares, toca o turno de falar das Mochilas Viaxeiras.

_DSC9975 _DSC9980
_DSC9977 _DSC9979

Pola tarde xuntámonos na Biblioteca, porque o novo equipo de voluntarios tiña unha tarefa moi importante: explicar as normas e repartir as Mochilas Viaxeiras deste curso 2015/2016.

_DSC9998

Despois da boa experiencia do ano pasado, volvemos enviar ás casas daqueles que quixeron participar, os e-readers dos que dispoñemos, con lecturas en formato electrónico.

A verdade é que era algo que estaban demandando os nosos pícaros, que non paraban de preguntar cando ían saír as mochilas, e se había libros novos nos lectores.

Agora estou ansioso por poder ver os vosos traballiños nos cadernos de bitácora! Agardo que vos gusten os documentos que escolleron os profes.

Lémonos,
LEO