domingo, 29 de abril de 2012

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO (2º PARTE)

Como sempre, non podía faltar neste día a actividade “Cóntoche un conto?”. Este ano como o tempo non acompañaba buscamos diferentes recantos dentro do cole para crear novos espazos de lectura; no escenario, a biblioteca e, por que non, nas escaleiras.

_DSC7012     DSC_1065

_DSC7020

DSC_1094

Os “contacontos”, que traballaron arreo, teñen moita experiencia, xa que son os nosos voluntarios.

Ver álbum
Cóntoche un conto?

Tódolos libros foron seleccionados da columna temática do PDI “O Bosque”, ideal para ir quentando motores cara a fase de presentación que amosaremos a próxima semana.

_DSC7036

Lémonos. LEO.

luns, 23 de abril de 2012

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO (1ºPARTE)

diadolibro2012

Despois da “revolución” que se viviu hoxe no cole, xa todos sabedes que é o Día Internacional do Libro!

Queda que me dedes un tempiño para poñer todo en orden, e xa vos irei contando toooodoooo o que aconteceu.

Non quero marchar sen facer alusión á ilustradora Begoña Fernández, da que tomamos esta imaxen coa que creamos o cartel deste ano.

Lémonos. LEO.

martes, 17 de abril de 2012

CADERNOS DE BITÁCORA!

Aínda que fai tempo que non mostraba Cadernos de Bitácora…  seguen chegando puntualmente, mirade!

Lémonos. LEO.

martes, 10 de abril de 2012

QUE TAL VEXETAL! (2º parte)

Recordades que os cativos de infantil andaban a traballar ao redor dos alimentos e que “atoparon” como por arte de maxia o libro “Que tal vexetal?” e partindo del e coa axuda das familias prepararon unha xornada moi especial.

Uns días antes, os cativos de 4 e 5 anos levaron para a casa unha notiña na que lles pedía unha froita ou vexetal e uns datos que terían que atopar coa axuda da familia; a época do ano na que se daba, para que era boa e o nome da planta que a producía.

Cando xa todos os nenos trouxeran o que precisábamos... subiron á biblioteca!

_DSC5602

Comezaron coa lectura do conto, coa axuda das mestras!

_DSC5599

 

Logo había que ver o que trouxeran da casa e saber para que era todo iso. Pouco a pouco fomos observando, probando, ulindo, lendo a información... toda aquela explosión de cores!

_DSC5606

 

O día ía rematando pero... agardaba unha sorpresa! As froitas e verduras tomaron vida, si, si... mirade!

_DSC5746

_DSC5748 _DSC5749

_DSC5756

_DSC5768

Así se fai rapaces! Estou seguro que foi unha boa forma de aprender moitas cousas.

Lémonos. LEO.

luns, 9 de abril de 2012

QUE TAL VEXETAL! (1º parte)

Ummm… levaba uns días chegando aos meus bigotes un olor moi especial dende as clases de infantil, e como son un rato moi curioso, fun ver o que andaban “cociñando”.

E… estaban traballando os alimentos!

Fixeron dous libriños: un co nome de “Voute papar!”, no que plasmaron todo o que aprenderon a cerca da pirámide alimenticia, as etiquetas dos alimentos, a súa orixe…

_DSC6818

_DSC6809 _DSC6817

O outro libro que crearon, titulado “A comer”, falaba dos hábitos á mesa, algo que non está nada mal recordar.

_DSC6815

_DSC6811  _DSC6803

Agora entendo por que levaron emprestados para a súa sección de aula tantos libros ao redor do tema!

Tanto traballo tiña que ter un agasallo… algo especial. Rebuscando entre os fondos atopei o coñecido libro “Que tal vexetal?” e como por arte de maxia deixeino caer nas mans das mestras e elas fixeron o resto. Claro que iso contaréivolo na próxima entrada!

Lémonos. LEO.

xoves, 5 de abril de 2012

PDI “OS BOSQUES”: LOURIZÁN… UN BOSQUE ÚNICO!

_DSC6606

Xa fai uns días que visitamos Lourizán, un espazo natural único que se atopa ben preto de Pontevedra.

A través dos sentidos recollimos moita información para dar as últimas “pincelada” ao noso PDI.

_DSC6634   DSC_0013

DSC_0001

DSC_0028   DSC_0034

Todos atentos que hay moito que ver!

Un día no que tanto os nenos coma os mestres aprendimos moito.

_DSC6691

Lémonos. LEO.