Amosando publicacións coa etiqueta Punto de intercambio de documentos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Punto de intercambio de documentos. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de abril de 2024

I ENCONTRO "LETRAS NA PRAZA"


O próximo 24 de abril terá lugar na alameda da Lama o 1º encontro "Letras na Praza", que xuntará ás escolas da Lama, Carballedo e Fornelos de Montes, nun xornada arredor da lectura e os libros. 

Trátase dunha primeira experiencia entre centros que ten vocación de continuidade e de itinerancia entre os distintos concellos.

Estará aberta ás familias e a toda a veciñanza. Agardamos a vosa participación!

luns, 6 de xuño de 2011

NOVOS ESPAZOS!

Xa chegando ao fin deste curso, compre mirar cara atrás e… cantas cousas fixemos!!!!!!!

Mirade neste video un resumo dos novos espacios que inaguramos este curso!

Lémonos. LEO

xoves, 25 de novembro de 2010

OS PRIMEIROS DOCUMENTOS PARA O PUNTO DE INTERCAMBIO!!

Xa chegaron os primeiros documentos para o punto de intercambio, agora poderedes velos na biblioteca e tamén no Blog.

Pouco a pouco irán chegando máis e máis, e ireinos engadindo nesta entrada; así poderedes ver as novidades, e do mesmo xeito, se un neno se leva algún libro, desaparecerá da galería.

 

Non esquezades que esta é unha actividade para todo o curso!

Un saludiño. Lémonos.

LEO

luns, 22 de novembro de 2010

PUNTO DE INTERCAMBIO DE DOCUMENTOS

Xa tiña eu gañas de presentarvos esta actividade que andaba pola miña cabeciña dende principios de curso. Por fin teño todo preparado!

A partir de agora na biblioteca do cole atoparedes un novo recanto ao que chamaremos “Punto de Intercambio de Documentos”

_DSC4691

Para levar a cabo esta actividade é precisa a colaboración dos papás ademais dos “profes” da biblioteca. Escoitade ben:

- EN QUE CONSISTE? Tratase de intercambiar con outros nenos os documentos que xa temos usados e que queremos trocar por outros.

- QUE ENTENDEMOS POR DOCUMENTOS? Libros de consulta, libros de narrativa, poesía, teatro, cómic… música, películas, revistas, xogos…

- COMO PODO CAMBIAR DOCUMENTOS? Cando teñades un documento que queirades intercambiar, antes de nada teredes que pedirlle permiso a papá e mamá para traelo da casa. Logo vindes á biblioteca con el e o mestre encargado (despois de mirar que non estea moi derramado) váivolo cambiar por un “Vale-Leo”.

_DSC4676_DSC4679

O “Vale-Leo” ten moito valor, xa que só o terán os nenos que aporten algo ao caixón de intercambio. Ademais de ser un exclusivo marca páxinas é un vale para cambiar, se así o queren os nenos, por outro documento. Ademais non caduca nunca, polo que podedes ter o “Vale-Leo” ata que atopedes un libro que vos interese no caixón.

- VALE CALQUEIRA DOCUMENTO? Non. Teñen que estar en boas condicións. Non poden ser novos, porque xa os usastes antes de traelos, pero si que teñen que estar coidados e servir para outros nenos.

- QUE TEÑO QUE FACER PARA PODER COLLER UN DOCUMENTO DO PUNTO DE INTERCAMBIO? Só debes ter un “Vale-Leo” que conseguirás se antes deixaches algo no caixón de intercambio.

- PODO RECUPERAR OS MEUS DOCUMENTOS DESPOIS? Non. Se un libro é depositado no caixón de intercambio deixa de ser voso para ser doutra persoa que o queira. Así vós tamén poderedes coller outro libro e pasará a ser voso.

- TEÑO QUE DEVOLVER OS DOCUMENTOS QUE COLLO? Non. Os documentos que se collen do punto de intercambio non se devolven xa que pasan a ser do neno que o colla. Poderedes volvelos intercambiar máis adiante.

- COMO SEI OS DOCUMENTOS QUE HAI PARA INTERCAMBIAR? Estarán á vista de todos na biblioteca pero ademais iremos colgando no Blog as novidades que vaian chegando, só tes que buscar o logo.

_DSC4689

- CANTOS DOCUMENTOS PODO TRAER PARA INTERCAMBIAR? Podes traer cantos queiras e conseguirás un “Vale-Leo” por cada un que traias. Recorda que debes pedirlle permiso a papá e mamá antes de traelo ao cole!

- HAI UNHA DATA MÁXIMA PARA PARTICIPAR? Non, esta actividade durará todo o ano, así que podes coller ou traer un documento ao longo de todo o curso.

Eu creo que vai ser moi divertido poder intercambiar todo isto, seguro que descubrides moitas cousas novas da man dos vosos compañeiros.

Se tedes algunha dúbida acudide ao voso mestre ou pola biblioteca, seguro que vos poden axudar.

Recordade buscar o logo no noso Blog e… animádevos a participar!

Lémonos.

LEO