Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións

xoves, 14 de febreiro de 2013

ENTROIDO ENERXÉTICO… E SOSTIBLE!

Sen esquecer a temática do noso PDI, este ano tamén festexamos o Entroido, e aínda que ao principio parecía moi complexo... todos atopamos como plasmar as enerxías sostibles.

_DSC0498

Pequenas terras pedindo que as coidemos, soles que alumean lámpadas de baixo consumo, eólicas e placas solares, foron as nosas vestimentas para a comparsa pola A Lama.

 

_DSC0504 _DSC0458

“Buscar outras

alternativas…

é a mellor alternativa!”

_DSC0442
_DSC0441 _DSC0464
_DSC0450 _DSC0492

“ A enerxía máis sostible

é a que non se consume”

_DSC0435
_DSC0462

“ Reduce,

reutiliza e recicla!”

_DSC0529 _DSC0460

A xornada non remataba aquí… aínda quedaba moito Entroido! Continuará…

Lémonos. LEO.

venres, 16 de marzo de 2012

ESE ENTROIDO, ESE ENTROIDIÑO… (3º PARTE)

E por fin, a última parte que amosar do Entroido xa está lista!

Como sabedes, a tarde daquel día, fixemos un baile no que non se pode pasar se non estás disfrazado.

Aquí vos deixo os mellores momentos, con sorpresa de mestres incluida!

Que ben o pasamos!

Lémonos. LEO.

martes, 13 de marzo de 2012

ESE ENTROIDO, ESE ENTROIDIÑO… (2º PARTE)

Quedan cousiñas que contar ao redor do Entroido!

Hoxe preparei para vós unha entrada ben doce, xa que no cole, coma vimos facendo estes últimos anos, fixemos unha exposición e degustación de postres tradicionais de Entroido.

_DSC4747   _DSC4748

Moitas familias trouxeron unha proba xunto coa receita dun doce que soen facer nesta festividade.

       _DSC5004

Unha actividade en familia na que os cativos poden aprender moito.

E coma manda a tradición, os servidores de tan riquísimos postres son: as mestras novas no cole!, que con moito humor fixéronolo pasar ben a todos, e senón mirade!

E aínda me queda algo máis para amosar deste día, andade atentos!

Larpeiros saúdos...

Lémonos. LEO.

luns, 5 de marzo de 2012

ESE ENTROIDO, ESE ENTROIDIÑO… (1º PARTE)

Foi só un día pero de gran intensidade!

Comezamos a xornada cos traxes que tanto traballiño nos levou facer no cole. Como vos daredes conta todos eles están relacionados co noso PDI “O bosque”; mouchos, esquíos, árbores e cogumelos!

_DSC4949

E claro, había que lucilos, un pasarúas por “A Lama” foi un bo xeito. Mirade que guapos!

Pronto veredes máis de como foi ese día!

Deica pronto rapaces.

Lémonos. LEO.

xoves, 10 de marzo de 2011

ENTROIDO

O pasado venres festexamos o Entroido no cole.

Os disfraces da mañá tiveron como tema común A Auga, xa que é o que estamos a traballar no PDI e no Proxecto Voz Natura.

É por isto que poderedes ver “nubes”, “lóstregos”, “arcos da vella” e “folerpas”. Velaí vai un adianto das fotos.

Andade atentos para a seguinte entrega: “Doces tradicionais e baile da tarde”.

Un saudiño. Lémonos,

LEO