Vos deixamos a versión online do CEIBE 2015, que aínda non puideramos subir á rede. Non deixedes de seguir os enlaces que conten.
Un saudiño, lémonos,
LEO
Vos deixamos a versión online do CEIBE 2015, que aínda non puideramos subir á rede. Non deixedes de seguir os enlaces que conten.
Un saudiño, lémonos,
LEO
Como xa vos viñeramos contando, este ano quixemos celebrar o Día Internacional da Muller con dúas persoas moi especiais.
Ángela Abad e Bea a de Estrella compartiron connosco uns momentos preciosos, de experiencias e encontro cos nosos cativos. Momentos de solidariedade e de expresión a través da música...
Como grandes profesionais que son nos seus campos: a logopedia e a imaxe e o son respectivamente, puideron facer visible para o alumnado unha vez máis que non existen profesións de mulleres e de homes, e como lles recalcou Bea, "non deben de deixar de soñar" e traballar moito para que este soño se cumpra.
O mini-concerto na biblioteca foi moi entrañable, e todos, rapaces e maiores, gozamos de momentos moi intensos e emocionantes.
A tarde rematou coa firma de autógrafos, dos que quedaron moitos pendentes pola falta de tempo. Bea prometeu algunha sorpresa que anda a argallar e que poderemos ver moi pronto.
Un inmenso pracer poder compartilo con vós, lémonos,
LEO
Fai xa quince días que dende a biblioteca saíron unhas cartas moi especiais cuxos destinatarios eran os Consulados de diferentes países con sede en Galicia.
Os rapaces elaboraron estas cartas nas clases na procura da súa colaboración; para confeccionar un quiosco chamado: “AS PRENSAS DO MUNDO”, onde toda a comunidade educativa puidera ver como é a prensa e os noticiarios que existen impresos hoxe en día noutros lugares, os idiomas nos que se escriben, curiosidades do seu formato, cultura...
Foron moitos os que nos escribiron dando resposta a nosa solicitude ou ben chamando por teléfono, pero non nos deron boas novas, xa que nos explicaron que hoxe en día case non lle chega prensa impresa e que a pesar de querer participar e colaborar con nós, non dispoñían de exemplares para enviarnos.
Grazas ao Consulado Honorífico de Grecia, Bélxica, Polonia, Francia... pola vosa colaboración dentro das vosas posibilidades, grazas polo voso tempo e esforzo!
Hoxe, para dar comezo á actividade, fomos abrindo algunhas das cartas que chegaron, e nesta semana abriremos o noso quiosco.
Lémonos,
LEO
Xa se aproxima a conmemoración do Día da Muller Traballadora, 8 de marzo.
Este ano imos contar coa presenza de Bea a de Estrella e Ángela Abad. O obxectivo deste encontro é continuar visibilizando o traballo de tantas excelentes profesionais que nos demostran que non existen oficios de homes e de mulleres, senón persoas que se desenvolven no seu.
Bea é técnica de imaxe e son e traballa no Consello da Cultura de Galicia, e Ángela atende o seu propio gabinete logopédico.
Baixo o selo da Produtora BeArt acaban de editar o disco, "Mar de fóra", co que Bea se estrea en solitario como cantautora e Ángela na produción executiva.
A súa conciencia solidaria levounas a colaborar coa asociación Agaefa, de afectados de acondroplasia e familiares, doando unha porcentaxe do prezo do disco á mesma.
O noso alumnado leva un tempo coñecendo o seu traballo e está impaciente por poder compartir con elas unha tarde.
Agardamos que vos gustara a canción que presentamos na anterior entrada do blog, lémonos,
LEO