![]() |
(Fai clic na imaxe para poder ver unhas pouca máis) |
xoves, 21 de decembro de 2023
CONCERTO DE MAGÍN BLANCO
luns, 24 de decembro de 2012
OS REIS MAGOS NO COLE…
O pasado xoves, 20 de decembro, recibimos na escola unha visita moi especial. As súas “Maxestades de Oriente” puideron compartir con nós un pequeno espazo da súa apretada axenda destes días.
Logo foron recibindo un a un a tódolos cativos.
Xa vos imaxinades a emoción: “Que tal te portaches…?, Que pides na carta…?, Estás máis alto…?”
A continuación vos deixamos unha galería de fotos para que, coma nós, poidades gozar deste momento.
Un saudiño, lémonos,
LEO
mércores, 19 de decembro de 2012
LINGUA DE REIS
Os Reis Magos xa andan preto! E din que este ano estiveron estudando galego, porque cada vez lle chegan máis cartas na nosa lingua e non queren ter que pedir axuda aos seus paxes.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través da Rede de Dinamización Lingúística, concertou unha cita coas súas Maxestades. Se todo sae ben, mañá estarán connosco ás 15:00 h. Os nosos pequenos andan inquedos, e as súas cartas xa están preparadas.
Deixámosvos aquí o “Modelo Oficial”, por si o queredes empregar. Facendo clic na imaxe descárgase o PDF.
Un saudiño, lémonos,
LEO
domingo, 1 de xaneiro de 2012
LÉMONOS… NO NADAL!
Xa levo algún tempo procurando achegarvos a novas lecturas, e tamén para o Nadal!
Este ano argalleino a modo de un tradicional xogo que de seguro vos sorprenderá.
Para que os vexades máis polo miúdo…
Atoparedes novidades, aventuras, misterios, xogos… pasarédelo moi ben!
Lémonos, LEO.






