venres, 30 de xuño de 2023

CONSELLOS PARA UNHA HORTA SOSTIBLE

O alumnado de Educación Infantil recolleu moita información durante a súa investigación sobre os cultivos. Neste vídeo podemos ver uns consellos para poder ter unha horta sostible.

TIPS_HORTA from O Recanto de Leo on Vimeo.

xoves, 29 de xuño de 2023

RECURSOS PDI ENTRE COSTURAS

En 1º ciclo crearon unha serie de materiais para afianzar o investigado e que o alumnado puidera traballar distintos contidos.

Aquí vos deixamos unha mostra en PDF do caderno de traballo que despois elaborou cada alumno.

Descargar PDF -

luns, 26 de xuño de 2023

DE ROTEIRO POLO RÍO XESTA

Dentro da investigación sobre os ODS decidimos facer unha ruta de sendeirismo que nos levaría a mini central hidroeléctrica do río Xesta.

Puidemos coñecer de primeira man o impacto que pode ter unha fonte de enerxía sostible, porque aínda que limpa, non deixa de ter a súa pegada.

TRALOS PASOS DO XESTA from O Recanto de Leo on Vimeo.

domingo, 25 de xuño de 2023

CALENDARIO DE TEMPADA

Un dos documentos que elaboraron os pequenos e pequenas de infantil foi este calendario de tempada, onde se recolle mes a mes que produtos da horta se colleitan. A información a procuraron na web https://soydetemporada.es.

Cada cativo levou o seu para casa, pero un ben grande o empregaron na fase de presentación do seu PDI e agora cola no corredor de Ed. Infantil.


En cada páxina hai un código QR que enlaza cun audio que gravaron na radio da biblio coa verdura ou hortaliza que quixeron destacar, aínda que descubriron que cada mes podía haber 5 ou 6 propias.


A conclusión máis importante é que se consumes produtos de tempada contaminas menos, pois non os hai que transportar dende tan lonxe.


Introducimos pois logo o concepto de alimentos Km 0, que nos leva outra vez ao lema do seu PDI "Da horta ao prato".



CALENDARIO from O Recanto de Leo on Vimeo.

Aí van unhas fotos durante a elaboración.

sábado, 24 de xuño de 2023

CON+CIENCIA

Esta actividade que se desenvolveu durante o noso Proxecto tivo por obxectivo que o alumnado coñecese as características e propiedades da auga a través da observación, a experimentación e a manipulación.

Cada equipo tivo que preparar un pequeno experimento baseándose no método científico para despois presentarllo ao alumnado de Educación Infantil do centro.

Os experimentos escollidos foron: Pementa fuxitiva, A auga que non cae, Néboa nun vaso, Cóctel de cores, Fonte de auga e Debuxos animados con auga.

CON+CIENCIA from O Recanto de Leo on Vimeo.

venres, 23 de xuño de 2023

O AIRE

O alumnado de 2º ciclo nos deixa outra entrega en vídeo, dos materias que elaboraron durante o desenvolvemento do PDI 2023 "O teu consumo deixa pegada".

O AIRE from O Recanto de Leo on Vimeo.

xoves, 22 de xuño de 2023

OBRADOIRO DE TECIDOS NATURAIS

Desta volta vos deixamos unhas imaxes que nos entrega o 1º ciclo. Durante a súa investigación arredor da pegada que deixa a industria téxtil puideron gozar no obradoiro sobre tecido e tinguido natural: o liño.

LINO from O Recanto de Leo on Vimeo.

mércores, 21 de xuño de 2023

INVESTIGAMOS SOBRE OS ODS

 O alumnado de 3º e 4º de primaria investigou sobre os ODS, a súa concreción da temática xeral que foi "O teu consumo deixa pegada", lema do Proxecto Voz Natura 2022/2023.

PDI_ODS_PART1 from O Recanto de Leo on Vimeo.

Aquí vos deixamos un dos vídeos que elaboraron e empregaron na súa presentación.

xoves, 8 de xuño de 2023

TELEXORNAL 3 CICLO

O alumnado de 3º ciclo fixo un pequeno noticieiro empregando o croma e o telepromter.

Tamén unha entrevista á Chus, nai de Diego de 6º e dona do Aliprox, supermercado da Lama, que nos explicou moitísimas cousas cobre as embalaxes no sector da alimentación e a cantidade de plástico que se emprega.

TELEXORNAL_3_CICLO from O Recanto de Leo on Vimeo.

luns, 5 de xuño de 2023

PREPARADOS PARA O CULTIVO

Unha vez preparado o espazo xa puidemos plantar e sementar. Canta emoción!

Os pequenos están moi concienciados cos alimentos de tempada, e xa están ansiosos por poder probar os seus primeiros froitos. (Algún amorodo xa caeu)

CULTIVAMOS from O Recanto de Leo on Vimeo.