Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de marzo de 2015

SUPER PEPO E CLEMENTINA

Velaí vai unha segunda entrega do noso súper heroe favorito.

Super Pepo e Clementina from CEIP A LAMA on Vimeo.

Chega da man de María Luisa, delegada en Pontevedra da ONG “Mans Unidas”, coa que colaboramos este ano polo “Día Escolar pola non Violencia e a Paz”, e que está desenvolvendo un proxecto en Uganda para axudar a mellorar a economía familiar implantando a agricultura sostible.

Este segundo encontro tamén lles trouxo aos nosos cativos unha sorpresa moi especial. Os diplomas que lles foron outorgados pola súa colaboración: “A capa verde de Súper Pepo”.

Un saudiño, lémonos,
LEO

venres, 20 de febreiro de 2015

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2015

O pasado 30 de xaneiro conmemoramos na escola o Día da non Violencia e da Paz. Coma nestes últimos 5 anos organizamos un rastro solidario que pon á venta as elaboracións artesáns do noso alumnado.

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2015 from CEIP A LAMA on Vimeo.

Os beneficios obtidos destínanse a un proxecto solidario relacionado coa temática do noso PDI. Este ano escollemos colaborar con Mans Unidas, que está a desenvolver en Uganda unha iniciativa para mellorar a economía familiar implantando a agricultura sostible.

A música deste vídeo pedímoslla prestada ao cantautor madrileño Luis Guitarra, que nos deu permiso para utilizar a súa canción “Todo es de todos”. O noso agradecemento dende aquí.

Un saúdo, lémonos,
LEO

luns, 2 de febreiro de 2015

SUPER PEPO

A visita da Delegada de Mans Unidas en Pontevedra polo Día da Paz, deixounos estes debuxos animados cargados de valores que encantaron aos nosos cativos: “Super Pepo e o Xardín dos Desexos”

Super Pepo e o xardín dos desexos from CEIP A LAMA on Vimeo

A ver se vos gusta tamén a vós.

Lémonos,
LEO

sábado, 31 de xaneiro de 2015

XORNADA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA – 30 de Xaneiro

Onte conmemoramos na escola a Xornada Escolar pola Paz e a Non Violencia.

Como xa vos contamos en outras ocasións, organizamos un rastro solidario coas creacións do noso alumnado e a recadación destinámola a un proxecto que teña que ver coa temática do noso PDI; este ano “Sementa Ideas, Recolle Futuro”.

_DSC5313

Nesta oportunidade a nosa colaboración será con “Mans Unidas”, Delegación de Pontevedra, para participar nunha iniciativa en Uganda que axude a mellorar a economía familiar coa implantación da agricultura sostible.

Velaí van uns exemplos do que argallaron os nosos cativos.

_DSC5294 _DSC5295
_DSC5322 _DSC5301
_DSC5300 _DSC5297

Os nenos de infantil confeccionaron uns estoxos de tela estampados con hortalizas, 1º ciclo elaborou uns cadernos con formas de froitas e hortalizas, 2º ciclo cociñou e envasou unhas deliciosas marmeladas de kiwi e laranxa, e 3º ciclo preparou unhas flores de papel e unhas velas.

Acabáronse todas! Se máis houbera, máis se vendían!

Nestes momentos estamos a preparar un vídeo en Time Lapse co proceso. Andade atentos!

Un saúdo, lémonos,
LEO

_DSC5296

xoves, 20 de febreiro de 2014

MERCADO SOLIDARIO POLO DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ - 2014 from CEIP A LAMA on Vimeo.

O pasado 30 de xaneiro, conmemoramos na escola a Xornada Escolar pola Paz e a Non Violencia.

Dende hai 4 anos esta data a incluímos na programación do Proxecto Documental Integrado (este ano “Ríos e Praias en Boas Mans”), do mesmo xesto que o Entroido e outras datas sinaladas.

A actividade que vedes no vídeo é un Mercado Solidario. Cada ciclo se encarga de elaborar unha serie de manualidades, que logo se expoñen no escenario ambientado para a ocasión. A recadación (desta volta foron 198 €) se lle entrega a unha ONG ou asociación que desenvolva un proxecto solidario relacionado coa temática a traballar. O primeiro ano (traballamos A Auga) os cartos foron para UNICEF, pola experiencia “Gotas de auga para Níxer”; o segundo ano (O Bosque) para a Asociación “Ridimoas” de Ribadavia que se ocupa de recuperar o bosque autóctono; o pasado curso foron (As Enerxías Sostibles) para a iniciativa “Bicis pola Paz”, que desenvolve Anxo Moure...

Para este ano pensamos na asociación pontevedresa “Vai polo río”, polo seu labor de recuperación no río dos Gafos. Como xa vos contamos en outra entrada, o propio Día da Paz recibimos a visita de Amancio, Paulo e Ramón, que nos contaron en que consistía o traballo. Coa nosa colaboración poderán editar a 2ª parte do cartaz “Tesouros Biolóxicos do Río Gafos”, e xa nos anunciaron que a presentación será na nosa escola.

Nós quedamos encantados de poder colaborar e que o noso esforzo se vexa recompensado con este agasallo.

Por outra banda, na clase de música estiveron aprendendo a canción de Pablo Díaz, “Ecoloxista”, que está publicada no seu último libro-disco TOC TOC, e que ilustra Nuria Díaz. (Tan interesante como o TIC TAC... Recomendámolo!)

Os de 5º e 6º de Primaria compuxeron dúas estrofas máis que vos deixamos aquí por se vos gustan.

“A natureza pode estar en perigo,
se non paramos a deforestación.
Mareas vivas en vez de mareas negras,
e nas escolas sensibilización.”

“Salvar paxaros e outros seres vivos,
coidar lagoas, bosques e humedais,
con boas prácticas nos ecosistemas,
flora e máis fauna poderemos salvar.

Un saúdo, lémonos,

LEO

martes, 4 de febreiro de 2014

VAI POLO RÍO! [Unha iniciativa solidaria coa nosa contorna]

Ola a tod@s!

O pasado 30 de xaneiro festexamos o Día Escolar pola Paz e a non Violencia. Seguindo a liña dos últimos anos, o noso alumnado traballou arredor dunha iniciativa solidaria relacionada coa temática do Proxecto Documental Integrado, e neste curso: “Ríos e Praias en boas mans”.

_DSC7791

_DSC8765

Unha das actividades programadas foi o encontro cos membros da asociación ecoloxista pontevedresa “Vai polo río”, para que nos contaran cal é o seu labor, como comezaron, que foron atopando no río dos Gafos…

_DSC7793

_DSC8782

Durante o encontro, Pablo Carro, Amancio Castro e Ramón Laxe, foron descubrindo os tesouros biolóxicos que son a parte máis fermosa do seu traballo, aínda que tamén puideron comentar que cousas curiosas, ao tempo que sucias, foron descubrindo neste leito que con tanto mimo limpan.

_DSC8760

_DSC7800

Como sorpresa, descubríusenos que este cartaz, “Tesouros Biolóxicos do Río Gafos”, terá unha segunda parte, sufragada cos cartos recadados polos nenos e nenas do CEIP “A Lama” . Ademais, adiantáronnos que a “presentación mundial” terá lugar na nosa escola en canto estea listo.

Unha delicia de visita que agardamos lles valera aos nosos cativos para por en valor todo aquilo que lles rodea, porque na Lama tamén temos uns ríos ben fermosos e importantes.

Un saúdo, lémonos,
LEO

venres, 8 de febreiro de 2013

CONTOS SOLIDARIOS POLO DÍA DA PAZ CON… ANXO MOURE!

Como xa vos anunciabamos na anterior entrada, o Día Escolar pola Paz tivo moitas actividades, e unha que queremos destacar foi a visita do contacontos Anxo Moure.

_DSC0153

A verdade é que non deixou indiferentes nin a rapaces nin a mestres. Anxo, coa súa especial enerxía, foi quen de unir os catro conceptos que nos propuxeramos traballar: Paz, Ecoloxía, Solidariedade e Lectura.

“É de agradecerlle encarecidamente que trouxera a súa Ciclobiblioteca, xa que o día de forte choiva que tivemos fíxollo tremendamente duro.”

Como xa vos contamos con anterioridade, o tema do noso Proxecto Documental é “As Enerxías Sostibles”, e que medio de transporte máis sostible que unha bicicleta.

Se ademais lle engadimos o traballo que está a desenvolver co seu proxecto “Bicis Pola Paz”… tódalas pezas foron encaixando.

_DSC0137 _DSC0179
_DSC0229 _DSC0222

(Na seguinte galería de imaxes poderedes dar boa conta da tarde tan fermosa que puidemos gozar)

Se queredes saber máis sobre as actividades nas que participa Anxo, non deixedes de visitar a súa Web: www.contosolidarios.org.

Un saúdo de Paz e Solidariedade para todos! Graciñas Anxo!

Lémonos,

LEO

venres, 1 de febreiro de 2013

RASTRO SOLIDARIO POLO DÍA DA PAZ

O pasado mércores, 30 de xaneiro, conmemoramos na nosa escola o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Unha xornada chea de actividades que deu comezo despois do recreo co “III Rastro Solidario” do CEIP A Lama.

Durante as semanas previas os nosos cativos e os mestres estiveron elaborando unha chea de “artistadas” para poder vender: broches, colgantes, figuras… tentando dar, na medida das nosas posibilidades, un novo uso a materiais que xa deixaran de valer para o seu fin inicial (chapas das latas, CDs vellos, recortes de tea…)

_DSC0026 _DSC0029

_DSC0058

_DSC0054

_DSC0053

_DSC0036

A recadación foi éxito un ano máis! 185 € que doamos á ONG “Bicis pola Paz”, xa que o noso PDI deste ano vai das Enerxías Sostibles (e que medio de transporte máis sostible que a bicicleta…)

_DSC0024

Mentres todo o alumnado e profes ían facendo as súas compras, os nenos e nenas de 6º foron lendo uns textos de paz que procuraran en internet.

_DSC0080 _DSC0096
DSC_0028 DSC_0033
DSC_0005 _DSC0040

Xa pola tarde tivemos unha sesión solidaria de contacontos por parte de Anxo Moure, pero isto merécese outra entrada!

Un saúdiño, lémonos,

LEO

(Continuará…)

mércores, 23 de xaneiro de 2013

PREPARÁNDONOS PARA O “DÍA ESCOLAR POLA PAZ”

Achégase o 30 de xaneiro, e no cole xa se están facendo os preparativos para o “Día Escolar pola Paz”.

Entre outras cousas, xa se están preparando as manualidades que venderemos no “Rastro Solidario”, e como non… a música terá o seu lugar no transcurso do día.

Unha das cancións traballadas é a do grupo musical “Complices”: VERDAD QUE SERÍA ESTUPENDO, pero coa nova versión producida por estes e o artista Huecco.

Verdad que sería estupendo?

Verdad que sería estupendo que las espadas fueran un palo de la baraja,
que el escudo una moneda portuguesa y un tanque una jarra grande de cerveza.

Verdad que sería estupendo que las bases fueran el lado de un triángulo
que las escuadras sólo reglas de diseño y los gatillos gatos pequeños.

Que apuntar fuera soplarle la tabla a Manolito, que disparar darle una patada a un balón,
y que los "Pershing" fueran esa marca de rotulador con los que tú siempre pintas mi corazón.

Verdad que sería estupendo que las bombas fueran globos de chicle
que las sirenas fueran peces con cuerpo de mujer y las granadas una clase de fruta.

Que “Alarma” fuera un grupo de rock and roll y que la pólvora fuera para hacer fuegos artificiales
y que los "Pershing" fueran esa marca de rotulador con los que tú siempre pintas mi corazón,
con los que yo siempre pinto tu corazón.

Y no existiera más arma en el mundo, y no existiera más arma en el mundo,
más que el "mi arma" andaluz

xoves, 9 de febreiro de 2012

DÍA DA PAZ 2012 (2º PARTE)

O Día da Paz, como xa vos contamos, foi una data especial no noso cole, e por elo tivemos diferentes actividades. Pero hoxe vouvos amosar o que fixemos a semana anterior nos diferentes ciclos.

Os cativos de Infantil elaboraron durante toda a semana un libriño ao que titularon “Xogando coa Paz”, onde a través de pasatempos, aprenderon como poden facer eles a Paz.

_DSC4272

Uniron os seu traballos aos nenos de 1º ciclo e xuntos elaboraron este mural; unha árbore (xa que estamos co PDI “Os bosque”) cheíña de importantes mensaxes.

En 2º e 3º ciclo colocaron pombas con lemas pacifistas nas ramas dunha árbore.

_DSC4264

Nestas galerías podedes ver máis traballos elaborados polos nosos nenos.

Agardo que vos gusten.

Un saudiño, lémonos,

LEO

martes, 12 de abril de 2011

GOTAS PARA NÍXER!

Fai xa moitos días (concretamente dende o 30 de xaneiro con motivo do Día da Paz) que lle andamos a dar voltas en que empregar os cartos que conseguimos no “I Rastro Solidario”.

Entre todos, co noso esforzo e a colaboración das familias, acadamos un total de  166 €. É para estar ben orgullosos!

Son moitas as iniciativas que merecen a pena, pero só podiamos elixir unha, e… despois de meditalo decidimos doar os cartos a Unicef.

Esta ONG leva un tempo desenvolvendo unha iniciativa á que chaman GOTAS PARA NÍXER, e coma nós andamos a traballar co PDI da auga, pareceunos un causa moi bonita.

Quedamos rexistrados como cole colaborador, convidámosvos a mergullarvos no seu blog (www.enredate.org/gotas) e ver cantos coles coma nós están a levar a cabo diferentes actividades para por o seu grao de area e colaborar coas causas que promove Unicef.

Lembrades a nosa actividade? Nós propuxemos realizar nas aulas, con materiais escolares e de refugallo, algún obxecto para doalo logo ao “I Rastrillo Solidario”. O prezo era único (1€), e cada familia, a través dos nenos, podía colaborar na medida das súas posibilidades. Déixovos un pequeno álbum recordatorio.

Non dubidaremos en repetir esta experiencia, non só polo ben que podemos facer coa nosa pequena aportación, se non polo aprendizaxe que supuxo para todos!

Lémonos. LEO

xoves, 3 de febreiro de 2011

DIA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

O pasado venres, 28 de xaneiro tivemos unha conmemoración moi especial. Adiantamos o Día Escolar pola Paz e a non Violencia xa que este ano o día 30 de xaneiro caía en domingo.

Quen sabe por que se dedica este día á Paz?  Pois para lembrar o pasamento de Gandhi, que foi un activista indio pola paz e os dereitos humanos.

Durante a semana estivemos traballando con esta canción do cantautor madrileño Luís Guitarra en clase de música. A ver si vos gusta.

Tamén foi o fío musical do acto que tivemos na tarde do venres.

Coma este ano estamos desenvolvendo un proxecto sobre a auga, os profes nos axudaron a organizar un rastro solidario coas nosas creacións artesanais. Os cartos ímosllos entregar a unha ONG que leva a cabo proxectos para que en países do terceiro mundo poidan ter auga potable .

Velaí vos van unhas cantas fotos.

_DSC6228 _DSC6224

_DSC6249 _DSC6246

Esperamos que vos gustaran os nosos traballos.

Lémonos. LEO