luns, 29 de abril de 2013

ABRIL, MES DOS LIBROS…

Seguindo coas iniciativas desenvolvidas para festexar o Día do Libro, temos que facer unha parada virtual para sumarnos á iniciativa BookCrossing.

Non poucos no colexio, descoñecían totalmente en que consiste. Dende “O Recanto de Leo” quixemos sumarnos facendo o noso “BookCrossing” particular; a ver se esta semente xermola e comezan a aparecer libros polas aldeas e nos prados, nas pistas e corredoiras...

O primeiro foi explicalo nas casas cunha nota, que ía acompañada da seguinte mensaxe:

BOOKCROSSING

Encargueille aos mestres que marcaran uns puntos nos corredores onde poder ir deixando o libros a “liberar”.

Velaí vai un pequeno exemplo o que pasou!

Primeiramente marcamos os libros cunha pegatina co logotipo.

_DSC2926 _DSC2927
_DSC2930 _DSC2935

Logo xa estaban preparados para a súa solta.

_DSC2938 _DSC2943
_DSC2949 _DSC2939

Que divertido está sendo!!!

Lémonos,

LEO

mércores, 24 de abril de 2013

23 DE ABRIL – DÍA DO LIBRO

Onte festexamos no cole o Día do Libro. Coma tódolos anos unha serie de actividades, das que vos iremos dando conta, acuparon a nosa xornada. “Cóntoche un conto?” e “Cámbiocho por un conto” xa levan uns anos de percorrido, pero como novidade para esta ocasión nos sumamos a iniciativa BookCrossing.

_DSC2705 _DSC2727
_DSC2787 _DSC2725

As dúas primeiras sesións dedicámolas a traballar nas aulas a creación literaria, e despois do recreo, repartidos en 4 grupos de idades variadas, puidemos gozar de catro recantos no patio nos que (esta vez) os profes prepararon uns contos. Que sorte de día!

_DSC2767

Nas seguintes entradas vos daremos conta das actividades da tarde, e das creacións que viñeron da casa este ano. Non as perdades, pois hai cousas realmente espectaculares desta volta.

Tamén vos contaremos como vai o BookCroosing que se está a levar nos corredores da escola.

Un saúdo, lémonos,

LEO

xoves, 18 de abril de 2013

NON ESQUEZAS OS TRES “R”!!!

Xa está! A fase de presentación dos materiais do PDI concluíu esta semana coa posta en común na Biblioteca de todo o aprendido.

Mirade que anuncio máis chulo elaboraron os nenos e mestres de infantil de 3 anos!

Agardo que vos guste. Andade atentos porque iremos publicando máis e máis traballos.

Lémonos,

LEO

mércores, 17 de abril de 2013

A NOSA BIBLIOTECA por Sara Amorín… (Voluntaria de 6º)

No CEIP “A Lama”, coma en tódolos coles, hai unha biblioteca. A nosa é moi especial, e vos vou contar por que…

_DSC2500

Para empezar gañamos mogollón de premios, nos que colaboramos todos. Ten moitos espazos nos que podes gozar de diferentes xeitos:

A AUDIOTECA, onde sentad@ nun “pouf” pos uns cascos e escoitas música de diversos estilos (Pop, Rock, tranquilizante… e tamén hai discos para os máis pequenos).

Tamén está o meu sitio favorito, CREARTE, onde colles unha folla e unhas ceras e mergúllaste nun mundo de cor e creatividade para debuxar o que imaxines. Eu cheguei a ver un dragón nunha nube!!!

Tamén hai un pequeno recanto no que todos somos protagonistas. Chámase CREACIÓNS PROPIAS, e condo facemos cousas en común (por clases) ou individualmente, as colgan alí para que todos vexan a imaxinación que temos. E ata temos un gran libro feito con cartolinas de diferentes cores nas que asinan (algún que outro pon unha dedicatoria) as persoas que veñen ao noso colexio a amosarnos cousas moi interesantesdun xeito divertido.

E como non! Os mestres non poden faltar. Por iso teñen unha mesa grande na que, o día que nos toque, podemos pasar por alí para levar un libro emprestado, e nos primeiros días de mes pódese coller peli ou CD, pero iso si, hai que tratalos ben.

Case se me esquece a nosa preciosa MASCOTA LEO, un ratiño pequeniño que coida da biblioteca ao que lle encantan os libros.

Como vedes á nosa biblio non lle falta detalle, e ten ata voluntarias que lle axudan aos mestres coas tarefas de manter a organización e ordear os libros; pero levamos a nosa recompensa.

Por todo isto e moito máis é tan especial a nosa Biblioteca, porque cada un aporta o seu grao de area, e grazas a isto todo é posible, e estou moi agradecida aos profes por facer da nosa Biblioteca a mellor de España.

E como di LEO, lémonos!

SARA

domingo, 7 de abril de 2013

HOXE FALAMOS DE… ENERXÍA EÓLICA


Dentro do Proxecto Documental Integrado sobre as Enerxías Sostibles que estamos a desenvolver este curso, teñen cabida, como non, os encontros con especialistas na materia.

Hai poucas datas que nos desprazamos ao concello de Portas para visitar unha cuberta solar, e o pasado mércores aproveitamos a estancia entre nós de Rubén, o padriño de Andrea de 5º, que se adica profesionalmente a instalar e reparar aerogeneradores, para escoitar unha charla sobre Enerxía Eólica.

_DSC2175
_DSC2192 _DSC2188

Foi tremendamente interesante, aportounos moitísimos datos e nos deixou moita información que agora debemos de ir estudando.

TRABAJO  MANTENIMIENTO EOLICO

Aquí vos deixo os enlaces a tres documentos moi interesantes que nos deixou sobre a as Enerxías Sostibles en xeral e a Eólica en particular.

http://dl.dropbox.com/u/49382374/DOCS_ENERXIAS_SOSTIBLES/comparativas_enerxias_renovables.pdf
http://dl.dropbox.com/u/49382374/DOCS_ENERXIAS_SOSTIBLES/Energias_Renovables.pdf
http://dl.dropbox.com/u/49382374/DOCS_ENERXIAS_SOSTIBLES/montaje_aerogeneradores.pdf

Un saúdo, nenos!

Lémonos,

LEO