sábado, 21 de xuño de 2025
PRESENTACIONS PDI 2025 - 2º CICLO
venres, 13 de xuño de 2025
PRESENTACIÓNS DO PDI 2025
Estas dúas semanas entramos de cheo na fase de presentación do aprendido durante o PDI "Ciencia que coida e preserva.
Hoxe os de infantil e 1º ciclo fixeron a súa exposición ás familias que quedaron abraiadas cos coñecementos adquiridos polos nosos pequenos.
A concreción dos de Infantil: "A ciencia e o mar"; os de 1º ciclo: "A ciencia e o espacio"
En canto poidamos por un pouco de orde nos materiais actualizaremos a entrada. Prometemos que non quedaredes indiferentes.
luns, 2 de xuño de 2025
SABELA GAGO - BIBLIOTECA CREATIVA
O pasado 29 de maio tivemos o inmenso pracer de contar na nosa biblioteca coa presenza da actriz, mestra e pedagoga Sabela Gago.
A súa traxectoria é extensa: Sarabela Teatro, MITEU, TVG...
Foi unha xornada maravillosa arredor do teatro e a lectura para o alumnado de Educación Infantil, enmarcada no programa Biblioteca Creativa.
sábado, 26 de abril de 2025
DÍA DO LIBRO - II Encontro "Letras na Praza"
O paso 23 de abril celebrouse no CEIP de Carballedo o II Encontro "Letras na Praza", iniciativa que naceu no CEIP A Lama o pasado curso e que pretende ser unha xornada de convivencia entre os centros da contorna para festexar o Día do Libro.
O relevo tomouno de forma marabillosa a comunidade educativa do centro antes mencionado e reuniu a máis de 350 alumnos dos colexios de Carballedo, A Lama, Fornelos de Montes, Tenorio e Cerdedo.
A animación musical correu a cargo de "Migallas" que fixeron as delicias de todos repasando os seus mellores éxitos.
Clicando na foto poderás ver máis instantáneas da xornada: momentos para a lectura, a creación, a convivencia... Xa estamos agardando a próxima edición!!!
xoves, 24 de abril de 2025
O CLUB DE LECTURA VIAXA A ALLARIZ
venres, 11 de abril de 2025
II ENCONTRO "LETRAS NA PRAZA"
O vindeiro 23 de abril celebrarase o II Encontro "Letras na Praza", que nesta ocasión reunirá aos colexios: CEIP de Carballedo (que actúa como anfitrión), CEIP A Lama, CEIP Doutor Suárez, CEIP de Tenorio e CEIP San Xoan Bautista.
Trátase da segunda edición dunha actividade que pretende festexar o Día do Libro tecendo redes entre os centros da zona. Letras na Praza naceu o curso pasado na Lama e, como foi pretensión dende o seu inicio, adquire o carácter de itinerante, para achegar a lectura a todos os concellos e vilas da comarca.
martes, 4 de marzo de 2025
CLUB DE LECTURA - O DESTINO DE KAMEKO
mércores, 4 de decembro de 2024
PANTALLAS AMIGAS - A VIOLENCIA DE XÉNERO NO ENTORNO DIXITAL
Hai uns días tivemos a gran oportunidade de contar entre nós coa presenza da Asociación Pantallas Amigas.
Coma en anteriores anos, trátase dunha colaboración dos servizos municipais de información á muller (CIM) que persigue sensibilizar ao alumnado na loita contra a Violencia de Xénero.
Levabamos bastante tempo moi interesados en poder desenvolver este obradoiro co alumnado de 5º e 6º curso que tan próximos están ao paso ao instituto e que comezan a ter os seus dispositivos móbiles.
Non hai mellor prevención que a educación e a sensibilización, nesta ocasión unida a unha mellora das competencias dixitais do alumnado.