A actividade chegou da man da Deputación de Pontevedra, a través da solicitude que fixo o Concello da Lama.
venres, 24 de maio de 2024
POLO CORREO DO VENTO - LUÍSA VILLALTA
A actividade chegou da man da Deputación de Pontevedra, a través da solicitude que fixo o Concello da Lama.
luns, 23 de maio de 2016
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016!
Unha xornada dedicada ao día das nosas letras, o Día das Letras Galegas. Este ano homenaxeamos ao poeta Manuel María.
Dirixímonos a praza da Lama coa fin de facer chegar as súas verbas máis aló das paredes da escola.
Cada ciclo, logo da investigación, foi preparando nos días previos unha chea de actividades: retratos, biografía, cantigas, poemas, ilustracións...
Comezamos cos alumnos de primeiro ciclo que nos foron descubrindo con datos do escritor un retrato xigante que realizaron os nenos de Infantil. Logo foi a quenda de 3º, 4º, 5º e 6º que recitaron os poemas do autor que máis lle gustaron.
Por último, os pequechos cantaron un poema musicado que atoparon na rede realizado polos compañeiros do IES As Barxas (https://vimeo.com/164895450).
Lémonos.
LEO
xoves, 14 de maio de 2015
SEGUINDO AS PEGADAS DE… FILGUEIRA VALVERDE
Hoxe fixemos un alto no camiño deixando aparcadas temporalmente as presentacións do PDI, para poder dedicar o día a seguir as pegadas de D. Xosé Fernando Filgueira Valverde.
Como ben sabedes este ano dedícaselle o “Día das Letras Galegas”, e nós, que o tiñamos tan pretiño da Lama, non quixemos deixar pasar a oportunidade de nos achegar dun xeito especial á vida e obra de tan ilustre personalidade da cultura galega.
A xornada comezou no Museo de Pontevedra, unha de tantas iniciativas intelectuais do “Vello Profesor”, como así se lle coñece no ámbito cultural de Galicia, e ao tempo das máis importantes. Sabela Santos Filgueira, que ademais de membro do Gabinete Didáctico do museo, é neta de D. Xosé, foi a encargada de nos recibir e contarnos moitas curiosidades do seu avó.
De alí, logo de visitar a exposición “Un faro na construción de Galicia”, fixemos un roteiro por Pontevedra que nos levou a visitar a casa onde naceu e viviu toda a súa vida, a Basílica de Santa María, a Casa do Concello de Pontevedra, as Ruínas de San Domingos e o Instituto de Pontevedra, por seren todas estas localizacións indispensables para un achegamento á figura de Filgueira Valverde.
Para rematar, puidemos escoitar a testemuña de Rafael Sánchez-Agustino, pai do noso profe Rafa, que foi alumno e profesor no instituto de Pontevedra cando o dirixía por D. Xosé Filgueira. A través de fotos, descricións e anécdotas puidemos completar un pouco mellor o perfil da súa persoa, no mesmo salón de actos que tantas, e tantas veces pisou o autor homenaxeado.
Só nos queda agradecer a Sabela, Paula e Laura do museo, e a Rafael a xornada e o cariño que lle dedicaron aos nosos cativos.
Un saúdo, lémonos,
LEO
luns, 9 de xuño de 2014
ALÓ POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
Este ano, para festexar o Día das Letras Galegas, saímos fóra... quixemos facer chegar as verbas máis aló das paredes da “Biblio”, da escola... saímos á alameda do pobo é rodeados de moitos curiosos que nos quixeron acompañar, pasamos unha xornada moi especial.
Traballamos nas aulas a figura do homenaxeado, Xose María Díaz Castro, e como fora escritor de poesía... quixemos compartir as nosas, e agasallar á xente do pobo co noso particular tendal de poesías!
Non podiamos rematar o día sen repetir a experiencia do Rastro de Libros. Coma na anterior ocasión, os libros que expurgamos da nosa biblioteca chegan ás rúas da Lama cun prezo simbólico, e coa finalidade de darlle unha nova vida a estes fondos!
Seguro que repetiremos a experiencia…
Lémonos…
LEO!
xoves, 31 de maio de 2012
LETRAS GALEGAS 2012 (1ª parte)
Máis vale tarde que nunca, non si?
A verdade é que “A Vella Lulula” nos tivo tan liados, incluso despois de rematada e presentada, que ate o de agora non puidemos amosar máis actividades deste mes.
Este ano o cole festexou o Día das Letras Galegas o 18 de maio (un día despois da data oficial).
Ao longo da xornada tivemos distintos momentos: uns nas aulas, outro de preparación, e unha tarde en común na biblioteca. Os de 3º, 4º, 5º e 6º prepararon uns textos do autor e nos presentaron un traballo coa súa biografía. Tamén puidemos gozar dun anaco do traballo realizado polos alumnos do CPI dos Dices (Rois, A Coruña), e estiveron expostas as láminas do CEIP ADR Castelao (Rianxo, A Coruña).
Aquí vos deixo unhas fotos para ilustrar un pouco o que aconteceu pola tarde.
Un saúdo, lémonos,
LEO
luns, 30 de maio de 2011
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011
A historia do Día das Letras Galegas comeza formalmente en marzo de 1963, cando tres membros da Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, envían unha carta ao presidente da institución, Sebastián Martínez Risco. Despois dos “papeleos” estes pioneiros lograron que se recoñecera ao 17 de maio como o día das Letras Galegas, o día da nosa lingua.
Este ano, como xa sabedes, adicouse a Lois Pereiro, e con el e a súa obra fixéronse moitos traballos no noso cole. Podedes velos resumidos neste video!
Lémonos. LEO