martes, 26 de xuño de 2012

CADERNOS DE BITÁCORA!

Xa non andades polos corredores e… como se nota!

Agora quedanos un verán enteiro por diante pero, entre as nosas lecturas, poderemos ollar os Cadernos de Bitácora.

Unha aperta e… lémonos!

LEO

venres, 22 de xuño de 2012

XA SAIU!

Ola a todos!
 
A revista escolar CEIBE 2012 xa está na rúa. A novidade deste ano é que saltamos á edición dixital e o noso alumnado levouna gravada nun DVD interactivo, que inclúe ademais os videos de A Vella Lulula, o trailer e a reportaxe do programa A Solaina da TVG.
 

Agardamos que vos guste.

Un saúdo, lémonos,

LEO

mércores, 20 de xuño de 2012

A VELLA LULULA FINALISTA NO FESTIVAL AUDIOVISUAL GALEGO OLLOBOI 2012

cartel-gala-olloboi-2012A Vella Lulula”, curta de animación que realizamos para o concurso “Nós tamén creamos”, ven de ser seleccionada finalista nas categorías de: Mellor guión e Curta de ficción escolar, no Festival Audiovisual Galego Olloboi 2012.

Micho e Lulula están a preparar as súas mellores galas para se achegar a Boiro o venres á Entrega de Premios.

A ver se esta vez veñen con algo baixo o brazo…

Foron moitos os presentados, e cun gran nivel, polo que isto xa é un gran premio para nós.

Na Web do Festival podedes ver os demais videos presentados:

www.olloboi.com

(Esquecémonos de avisar para o premio do publico, e o prazo para as votacións xa rematou)

Xa vos contaremos…

Lémonos, LEO

xoves, 14 de xuño de 2012

ENTREVISTAMOS A… PETRA COOMANS (de MAKTÚBIKAN)

Texto: Alumnos de 6º CEIP “A Lama”
Fotos: Juan Carlos Zamora Tamayo

IMG_5655O pasado mes de maio estreamos a adaptación para curta de animación do conto “A Vella Lulula” (Texto de Mar Pavón, Ilustracións de Alessandra Cimatoribus) editado por OQO, que participa no concurso “Nós tamén creamos”, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Para a banda sonora escollemos a música de Matúbikan, primeiro porque nos gustou moito e pareceunos moi axeitada, e despois porque unha das súas compoñentes é Petra Coomans (esquerda), nai de Kourosh, alumno de 6º curso do noso cole.

Os seus compañeiros de clase prepararon esta entrevista que Petra teu a amabilidade de contestar.

QUEN FORMA O GRUPO? Maureen Kinnear de Escocia e Petra Coomans de Holanda.

QUE SIGNIFICA MAKTÚBIKAN? É unha palabra composta por nós,"Maktub" o nome co que comezamos significa "está escrito" (árabe)  e engadimos "Jikan" que é o nome budista de Leonard Cohen, que significa: "o silencioso". Así que xunto é algo así como: "Está escrito en silencio"

CANTO TEMPO LEVADES TOCANDO XUNTAS? En todo xa uns 8 anos.IMG_5763

CANTOS INSTRUMENTOS TOCADES E CALES SON? Tocamos máis do que usamos no grupo, xa que se non facíanos falla un camión, pero en concertos Maureen, leva a súa guitarra acústica, un pau de chuvia e uns pratos de cociña, e os toca por suposto, e a súa voz é o que mellor toca…!!!

Eu toco un set de percusión feito por min para poder tocar de pé, o saxo soprano, frautas, unha guitarra española, o “didjeridoo”, e canto.

QUE VOS ANIMOU A FORMAR O GRUPO? A fluidez coa que se traballa, capaces de crear en conxunto e no momento (isto chámase improvisar). Temos "escrito" cancións no coche indo a unha actuación para tocalas despois diante do público por primeira vez. Cargámonos de enerxía xuntas tocando, e aínda que tivemos momentos estancados, non nos cansamos do que facemos.

3882130232_0ddc741bbfDADES CONCERTOS FÓRA DE GALICIA? Si pasou, aínda que non o buscabamos, xurde, coma tódolos bolos. Teño que admitir: iso é Maktub, “Se está de vir... virá”. Aínda que eu "en silencio" penso que hai que preparar o camiño un pouco para que xurdan as cousas. Interactuar co destino en xeral (é fascinante).

TENDES PÁXINA WEB? Eu teño unha persoal onde hai algo do grupo tamén, pero crearemos unha conta en Facebook pronto... e temos un mail : maktubikan@hotmail.com

COMO VOS DESPRAZADES CANDO IDES DE XIRA? Imos en un coche, cabemos con todos os instrumentos “aínda”, e as veces co meu fillo e o equipo de son incluído...

COMO SE PODE ADQUIRIR A VOSA MÚSICA? En concertos vendemos os cd's que gravamos, ou a través do noso enderezo electrónico: maktubikan@hotmail.com

Os nosos cd's están decorados por Zamotamay  e aínda que permitimos a copia, paga a pena ter o orixinal, todo completo por 10 euros, apoiando así aos músicos.

QUE ESTILO TOCADES? A verdade é que non o queremos definir para deixalo libre, pero nos teñen suxerido “ETNO-BLUES” (palabra inventada). ETNO: porque nos gusta viaxar e incluír as influenzas que nos teñen inspirado nos países por onde pasamos de varias etnias, e BLUES pola voz de Maureen que tira a ronca… Pero non ten nada que ver co blues, algo de folk tivo, pero xa cada vez menos. Estamos abertas ás definicións alleas...

SODES MOI POPULARES? Onde nos coñecen, SI!!! IMG_5576

COLABORA CON VÓS ALGÚN OUTRO MÚSICO? As veces temos feito conxuntos espontáneos, para casos especiais ou gañas de ampliar, pero vímonos perdendo a liberdade… É máis sinxelo sendo dúas. 

QUERERÍAS ENGADIR ALGO MÁIS A ESTA ENTREVISTA? Grazas por empregar a nosa canción na vosa xenial curtametraxe. Chapeau!!!

Moitas grazas Petra por responder ás nosas preguntas e transmítelle as grazas tamén a Maureen pola vosa música.

Un saúdo a todos, lémonos,

LEO

martes, 12 de xuño de 2012

IBARROLA NA ESCOLA – PDI “Os Bosques” Ed. Infantil

DSC_1131Unha das actividades que desenvolveu o alumnado de Educación Infantil durante o proceso de investigación sobre Os Bosques, foi o proxecto Ibarrola na Escola, no que investigaron sobre a obra do artista vasco.

A súa primera aproximación tivérona preto da granxa “O Rexo” en Allariz, onde Agustín ten un conxunto de esculturas e pinturas (se queredes lembrar cando fomos alí…).

Máis adiante coñeceron outras obras importantes del e as recolleron anlgúns traballos dos que vos damos conta na seguinte presentación.

(Tira da esquina para pasar páxina)

Por último, reproduciron o seu propio Bosque Oma que puidemos admirar na exposición temporal que ocupou parte da nosa biblioteca durante a fase de presentación dos traballos do PDI. Agora está instalada na entrada do patio dos de 1º ciclo e infantil.

Como investigaron estes pícaros!

Un saudiño, lémonos,

LEO

luns, 11 de xuño de 2012

FASE FINAL DE PRESENTACIÓN DO PDI “OS BOSQUES” (1º CICLO)

Continuando coas presentacións dos traballos elaborados durante o PDI deste ano vos deixamos agora o conto que interpretaron (gravaron, narraron, dramatizaron…) os alumnos de 1º ciclo: “Ti si que vales”; inspirado no proxecto “El Camino de las Ardillas” de Juan Valero Valdelvira.

Agardo que vos guste.

Un saúdo, lémonos,

LEO

venres, 8 de xuño de 2012

AGORA SÍ QUE… XA TEMOS TODOS TROMPO!

DSC_0323

Non podíamos deixar pasar a ocasión de festexar na nosa comunidade escolar, e sobre todo cos nosos cativos, semellante premio!

Reunímonos na biblioteca, cos nervos de non saber para que, e claro estaban todos moi intrigados!

E por fin lles dixemos… Somos o 1º clasificado do VI Edición do Premio Espiral de Edublogs!

DSC_0295

Dinlle moitas voltas a como facervos chegar a todos o trompo, porque claro, o de ouro quedaba na biblioteca, así que pensei que unha “copia” non estaría mal!

_DSC7644

 

E aínda que non estamos polo San Martiño, este ano en xuño “Trompos ao camiño!”.

Un saúdo moi afectuoso a todos, e graciñas á Asociación Espiral polo seu labor desinteresado e tan coidado.

Lémonos,

LEO

domingo, 3 de xuño de 2012

VI PREMIO ESPIRAL DE EDUBLOGS – 1º CLASIFICADO

ImprimirOla rapaces!

Lembrádesvos que hai unhas semanas anunciabamos que o noso blogue era un dos gañadores no VI Premio Espiral de Edublogs? Pois onte resolveuse o concurso durante a entrega de premios que tivo lugar no “Espacio Fundación Telefónica”, na Gran Vía de Madrid.

O noso blog www.orecantodeleo.org foi galardoado co 1º premio na categoría de Blogs de Bibliotecas Escolares.

A buxaina dourada xa está camiño do cole, para que vos sintades ben orgullosos do traballo que realizades.

Grazas a todo equipo de Espiral, que organizaron un acto impecable, entrañable, con moito mimo e detalle… e parabéns aos demais galardoados e a tódolos participantes (1.824 de 19 países).

Velaí van unhas fotiños para ilustrar a crónica.

_DSC7520  _DSC7521_DSC7551  _DSC7534_DSC7547  _DSC7574_DSC7575  _DSC7584_DSC7612  _DSC7595_DSC7596  _DSC7597_DSC7600  _DSC7601_DSC7602  _DSC7603_DSC7606  _DSC7613_DSC7559  _DSC7616

Agardo que vos alegredes tanto coma min e os profes.

Lémonos, LEO.