venres, 20 de decembro de 2013
O LABORATORIO DA COMUNICACIÓN EN EDUGA
Agardamos que vos pareza interesante. Trátase de compartir a nosa experiencia educativa neste ámbito, e presentar este novo proxecto do Equipo de Biblioteca que xa está comezando a rodar.
Un saúdo! Lémonos,
LEO
venres, 13 de decembro de 2013
PDI “RÍOS E PRAIAS EN BOAS MANS”– Visitamos as dunas de Corrubedo
Dentro das saídas programadas no Proxecto Documental deste ano xurdiu a oportunidade de visitar co alumnado de 2º e 3º ciclo o Complexo Dunar de Corrubedo, e as Lagoas de Vixán e Carregal. Alba de 6º déixanos esta crónica para “O Recanto de Leo”.
A continuación fomos dar un paseo polo Parque no que había moitos sinais como: prohibido cans, non acampar, non facer fogueiras, etc. O guía díxonos que camiñáramos con coidadiño porque podía haber ovos no chan, que os podíamos pisar porque están camuflados, e que estiveramos atentos por si viamos algún. Por desgraza non encontramos nada e non vimos paxaros porque a maioría saen de noite. Sen saír dos sendeiros de madeira, chegamos a un alto onde había un burato enorme, paramos e o guía explicounos que antigamente había un mineral chamado golfrán que era moi caro e extraíano de alí. Despois chegamos a unha praia que estaba moi moi sucia e contaminada, ata había un pobre golfiño morto que acabou abalado alí e moitas máis cousas que os humanos tiramos ao mar e contaminan. Para finalizar a mañá, o guía levounos a un museo precioso no que había moitas cousas interesantes relacionadas co Parque: maquetas, aparellos de pesca, carteis informativos, cunchas, e moitas cousas máis. Cando rematamos a visita, comemos uns bocatas e marchamos do Parque cara o miradoiro da Ra. Dende alí observamos vistas extraordinarias, víanse as Lagoas de Vixán e Carregal e toda a marisma. Finalmente visitamos a GRAN duna móbil e un faro que rodeamos para ver mellor e admirar as vistas dende el. Sacamos moitísimas fotos e cando chegamos á casa contámoslle aos nosos pais o que fixeramos ese extraordinario e divertido día. A DUNA MÓBIL A duna móbil deste espazo, aberto entre as rías de Arousa e a de Muros e Noia, ,resalta polas súas dimensións. Máis dun km de lonxitude e 20 metros de altura e entre os 200 e 250 metros de ancho, aínda que antigamente disque era meirande. Figura que a finais do século XIX superaba os 60 metros de altura. A duna é longa e tendida coma o lombo dun animal, derrúbase pola banda de sotavento, cara a terra, e sen vexetación que a conteña, avanza pola chaira a unha velocidade de dous ou tres cm. cada ano. LAGOAS DE VIXÁN E CARREGAL Vixán, a lagoa doce, aliméntase das augas do modesto regato Muíño, suxeito a oscilacións de caudal estacionais. Carregal, a lagoa salobre, comunícase co Océano dividíndoa en dous: a longa praia fronte aos cons denominados Pedras da Ferreira. É esta canle do mar pola que circulan as mareas un dos puntos centrais do Complexo de Corrubedo. Alba Amoedo Cal |
A súa compañeira Vanessa Reis Courtine deseñou este cartaz que vos presentamos, para concienciar á xente de que non se pode deixar todo ciscado.
Tamén podedes ver na seguinte galería de imaxes unha mostra de todo o que puideron vivenciar.
(Grazas a tódolos autores polas fotos!)
Un saudiño, lémonos,
LEO
xoves, 5 de decembro de 2013
PDI: RÍOS E PRAIAS EN BOAS MANS
Na fase de motivación do PDI deste ano: “Ríos e praias en boas mans”, os cativos de infantil e os rapazolos de 1º ciclo de Primaria fomos a Lourido a mariscar!
Estas mulleres do mar amosaron aos nenos as fases do seu traballo, os aparellos que empregan, as duras xornadas que teñen que facer, a subida e a baixada da marea, as medidas mínimas das capturas, a importancia do coidado da praia e do río (xa que todo vai parar alí)...
Unha xornada que temos que agradecer especialmente a Concelleira de Educación do Concello de Poio, Alicia, que nos brindou os lazos para con elas, nos axudou moitísimo na organización da saída e que tan ben se portou con nós.
Comezamos na praia, vendo ás case 400 mariscadoras (e algún mariscador) que alí estaban, e moi atentos fomos recollendo a información e experimentando coas nosas propias mans.
Apañamos marisco e... fomos á confraría a pesar e separar a nosa captura. Explicáronnos que logo hai que levalo a depuradora e á lonxa.
Ufff... canto traballo e canta información!
Moitas grazas a todas elas pola súa atención!
Lémonos. LEO.
martes, 3 de decembro de 2013
PABLO DÍAZ PRESENTA O SEU NOVO DISCO TOC TOC NO CULTURGAL
Ola rapaces! Unha nova moi fresquiña.
O pasado domingo, 1 de decembro, Pablo Díaz presentou no Culturgal (Pontevedra) o seu libro-cd TOC TOC.
E como non!!! Xa está na nosa biblioteca.
Un saúdiño, lémonos,
LEO