Amosando publicacións coa etiqueta PDI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI. Amosar todas as publicacións

sábado, 1 de xullo de 2023

A LAMA SPRING SHOW - I FEIRA DE EXHIBICIÓN

O 12 de xuño celebrouse na escola a I Feira de Exhibición do traballo de Alfabetización Mediática e Informacional desenvolvido durante o curso.

"A Lama Spring Show", fixo as delicias de pequenos e maiores... pensándoo ben, máis de maiores; que se puxeron as botas no show cooking "Sabores do Mundo" preparado polo alumnado de 2º ciclo.

"Da horta ao prato" foi a presentación do PDI do alumnado de Educación Infantil e desenvolveuse na sala central da Biblioteca.

Os de 3º ciclo prepararon unha demostración de tódolos recursos da nosa Biblioteca Creativa e Radio na Biblio, ademais do programa Edixgal e recursos de Polos Creativos. Esta parte desenvolveuse nos Laboratorios da Comunicación, Creativo e de Radio da Biblioteca.

E os de 1º ciclo fixeron a súa presentación do PDI "Entre Costuras", no escenario do Salón de Actos. Todo un repaso pola historia da moda e a súa pegada no medio ambiente.

Tamén tivemos unha gran sorpresa: visitounos "A Vella Lulula", un pouco máis maiorciña, pois xa pasaron máis de 10 anos dende a súa gravación.

venres, 30 de xuño de 2023

CONSELLOS PARA UNHA HORTA SOSTIBLE

O alumnado de Educación Infantil recolleu moita información durante a súa investigación sobre os cultivos. Neste vídeo podemos ver uns consellos para poder ter unha horta sostible.

TIPS_HORTA from O Recanto de Leo on Vimeo.

xoves, 29 de xuño de 2023

RECURSOS PDI ENTRE COSTURAS

En 1º ciclo crearon unha serie de materiais para afianzar o investigado e que o alumnado puidera traballar distintos contidos.

Aquí vos deixamos unha mostra en PDF do caderno de traballo que despois elaborou cada alumno.

Descargar PDF -

luns, 26 de xuño de 2023

DE ROTEIRO POLO RÍO XESTA

Dentro da investigación sobre os ODS decidimos facer unha ruta de sendeirismo que nos levaría a mini central hidroeléctrica do río Xesta.

Puidemos coñecer de primeira man o impacto que pode ter unha fonte de enerxía sostible, porque aínda que limpa, non deixa de ter a súa pegada.

TRALOS PASOS DO XESTA from O Recanto de Leo on Vimeo.

domingo, 25 de xuño de 2023

CALENDARIO DE TEMPADA

Un dos documentos que elaboraron os pequenos e pequenas de infantil foi este calendario de tempada, onde se recolle mes a mes que produtos da horta se colleitan. A información a procuraron na web https://soydetemporada.es.

Cada cativo levou o seu para casa, pero un ben grande o empregaron na fase de presentación do seu PDI e agora cola no corredor de Ed. Infantil.


En cada páxina hai un código QR que enlaza cun audio que gravaron na radio da biblio coa verdura ou hortaliza que quixeron destacar, aínda que descubriron que cada mes podía haber 5 ou 6 propias.


A conclusión máis importante é que se consumes produtos de tempada contaminas menos, pois non os hai que transportar dende tan lonxe.


Introducimos pois logo o concepto de alimentos Km 0, que nos leva outra vez ao lema do seu PDI "Da horta ao prato".



CALENDARIO from O Recanto de Leo on Vimeo.

Aí van unhas fotos durante a elaboración.

xoves, 22 de xuño de 2023

OBRADOIRO DE TECIDOS NATURAIS

Desta volta vos deixamos unhas imaxes que nos entrega o 1º ciclo. Durante a súa investigación arredor da pegada que deixa a industria téxtil puideron gozar no obradoiro sobre tecido e tinguido natural: o liño.

LINO from O Recanto de Leo on Vimeo.

mércores, 21 de xuño de 2023

INVESTIGAMOS SOBRE OS ODS

 O alumnado de 3º e 4º de primaria investigou sobre os ODS, a súa concreción da temática xeral que foi "O teu consumo deixa pegada", lema do Proxecto Voz Natura 2022/2023.

PDI_ODS_PART1 from O Recanto de Leo on Vimeo.

Aquí vos deixamos un dos vídeos que elaboraron e empregaron na súa presentación.

xoves, 8 de xuño de 2023

TELEXORNAL 3 CICLO

O alumnado de 3º ciclo fixo un pequeno noticieiro empregando o croma e o telepromter.

Tamén unha entrevista á Chus, nai de Diego de 6º e dona do Aliprox, supermercado da Lama, que nos explicou moitísimas cousas cobre as embalaxes no sector da alimentación e a cantidade de plástico que se emprega.

TELEXORNAL_3_CICLO from O Recanto de Leo on Vimeo.

luns, 5 de xuño de 2023

PREPARADOS PARA O CULTIVO

Unha vez preparado o espazo xa puidemos plantar e sementar. Canta emoción!

Os pequenos están moi concienciados cos alimentos de tempada, e xa están ansiosos por poder probar os seus primeiros froitos. (Algún amorodo xa caeu)

CULTIVAMOS from O Recanto de Leo on Vimeo.

mércores, 31 de maio de 2023

A HORTA DE BALBINA

O alumnado de Ed. Infantil estivo investigando sobre a pegada do consumo na alimentación, e decidiu preparar a horta para cultivar un montón de hortalizas e verduras.

Prepararon calendarios de tempada, fixeron experimentos coas sementes para ver de que xeito agroman mellor, arrincaron malas herbas, prepararon a terra, aprenderon sobre o composteiro...

Este vídeo é o primeiro avance deste chollo tan incrible que sacaron adiante.

PREPARAMOS from O Recanto de Leo on Vimeo.

sábado, 29 de abril de 2023

KM SOLIDARIOS

O 26 de abril celebrouse o Día da Educación Física na rúa.

Non quixemos perder a oportunidade de enlazalo co noso PDI e organizamos a I Carreira Solidaria do CEIP A Lama.

Cada participante tiña que facer a doazón de 1 Kg/L de comida ou produtos de hixiene, que logo doamos aos servizos sociais do Concello da Lama.

Foi todo un éxito de participación.

KM_SOLIDARIOS from O Recanto de Leo on Vimeo.

luns, 24 de abril de 2023

VISITAMOS CULLER DE PAU

O pasado 20 de abril tivemos a gran sorte de poder visitar cos pequenos de Infantil o restaurante "Culler de Pau", no Grove.

O mismísimo Javier Olleros, 2 estrellas Michelín, foi o que nos recibiu xunto co seu equipo, para amosarnos a súa horta. O motivo da nosa visita foi a investigación que estamos a facer no noso PDI "Da horta ao prato", dentro do Proxecto Voz Natura deste ano: "O teu consumo deixa pegada".

Aí vos vai un pequeno vídeo coas fotos da visita.

CULLER DE PAU from O Recanto de Leo on Vimeo.

mércores, 19 de abril de 2023

OBRADOIROS DO PDI "DA HORTA AO PRATO"

Hoxe tivemos unha actividade moi interesante co alumnado de Educación Infantil. Xuntámonos todos no Laboratorio Creativo da Biblioteca e desenvolvimos uns obradoiros que os motivaron moitísimo.
Estamos en plena investigación sobre a temática xeral proposta por Voz Natura: "O teu consumo deixa pegada", e como as mestras de infantil decidiran concretar a temática investigando o consumo na alimentación prepararon a infografía, os recantos e distintas actividades arredor da temática.

xoves, 23 de marzo de 2023

DONACIÓN A ADEGA

Onte, coincidindo co Día Mundial da Auga, tivemos un encontro na biblioteca cunha representación da Asociación Ecoloxista ADEGA. Visitounos María, educadora medioambiental, que recolleu a nosa simbólica aportación, froito do traballo realizado polo Día da Paz.
Despois do encontro con toda a escola, María desenvolveu un obradoiro co alumnado de infantil, para explicarlle como se fai o compost.

luns, 23 de xaneiro de 2023

VIII CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS

Aproveitando a inauguración da nova biblioteca, a Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa, fixo entrega ás mestras Eva González e Cristina Campos do diploma acreditativo do premio no VIII Concurso de Traballo por Proxectos, polo PDI: "Algunhas árbores, moitos paxaros".

xoves, 24 de novembro de 2022

24 DE OUTUBRO - Festa de Inicio do PDI

O 24 de outubro, coincidindo co Día das Bibliotecas, programamos a Festa de Inicio do PDI. Este curso titúlase "O teu consumo deixa pegada", e como adoitamos facer, cada ciclo terá a súa propia concreción: "Da horta ao prato" (Ed. Infantil), "A pegada na industria téxtil" (1º ciclo), "A Axenda 2030 e os ODS" (2º ciclo) e "As illas de plástico" (3º ciclo).

Volvendo a anteriores organizacións preparamos obradoiros internivel. Tiveron que ser no salón de actos e nas aulas, pois a Biblioteca está aínda en obras.

O alumnado levou consigo un pasaporte que ía selando en cada un dos espazos nos que discurriron os obradoiros. Nesta xornada de arranque do noso proxecto sempre os organizamos para que sexan lúdicos e creativos.

venres, 18 de novembro de 2022

VIII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS

"Algunhas árbores, moitos paxaros", un traballo realizado polo alumnado de Educación Infantil do CEIP A Lama, resultou premiado no VIII Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da Biblioteca Escolar. 

PRESEN_PDI_INFANTIL_22.mp4 from O Recanto de Leo on Vimeo.

luns, 6 de xuño de 2022

PREMIO GALICIA VOZ NATURA

O CEIP "A Lama" acaba de ser recoñecido co Premio Galicia do Proxecto Voz Natura polo seu Proxecto Documental Integrado "Estamos a Monte". O galardón vén acompañado dunha dotación en metálico de 5.000 €, para o desenvolvemento do seu proxecto de Educación Medioambiental.

venres, 17 de decembro de 2021

VII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS

"Os Instrumentos do Pórtico da Gloria", un traballo realizado polo alumnado de 6º de primaria do CEIP A Lama, resultou premiado no VII Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da Biblioteca Escolar. 

PORTICO_2.mp4 from O Recanto de Leo on Vimeo.

Se estás interesado en coñecer algo máis sobre este traballo podes ler o artigo publicado en Eduga, revista galega do ensino.

martes, 29 de maio de 2018

PROGRAMA DE RADIO 5º E 6º

Vos deixamos o programa realizado polo alumnado de 5º e 6º de primaria para presentar o seu PDI “Protexe o patrimonio etnográfico” onde nos falan das festas populares e a tradición das Ermitas e do Pelete.

Agardamos que vos guste.

Lémonos,
LEO