venres, 19 de abril de 2024
RADIO NA BIBLIO CON... GABRIEL PAZ OTERO!
xoves, 9 de febreiro de 2023
ECOPREGUNTOIRO
O alumnado de 6º volveu participar no Ecopreguntoiro de Radio Voz. Estreamos a nova radio da Biblilteca para conectar coa emisora de Carballo, onde se atopaban os conductores do programa.
sábado, 14 de xaneiro de 2023
REMATANDO DE MONTAR A NOVA RADIO
Os espazos xa están rematados, pero aínda quedan flecos. Hoxe rematamos (por fin!) de montar "CEIBE RADIO". Un pouco de estaño, unhas cuantas conexións... e xa está soando.
martes, 29 de maio de 2018
PROGRAMA DE RADIO 5º E 6º
Vos deixamos o programa realizado polo alumnado de 5º e 6º de primaria para presentar o seu PDI “Protexe o patrimonio etnográfico” onde nos falan das festas populares e a tradición das Ermitas e do Pelete.
Agardamos que vos guste.
Lémonos,
LEO
xoves, 29 de marzo de 2018
TOCA FORMARNOS… RADIO NA BIBLIO!
Como ben sabedes estamos embarcados nun novo proxecto: Radio na Biblio!
Xa fai un tempo foi a quenda do profesorado para formarse. Nesta ocasión da man de Javier Prado que ademáis nos acompañará noutra xornada neste mes con obradoiros para os rapaces.
Novos espazos educativos, dinámicas para as aulas, posibilidades de creación literaria, animación á lectura, prácticas cos medios de comunicación... un mundo de posibilidades nas que xa estamos inmersos.
Lémonos,
LEO.
domingo, 11 de marzo de 2018
VISITAMOS RADIO VOZ – PROXECTO RADIO NA BIBLIO
O pasado 27 de febreiro tivemos unha saída moi especial, que enmarcamos dentro das actividades de formación do Proxecto Radio na Biblio.
Aproveitando a gravación do programa Ecopreguntoiro puidemos gozar das explicacións da locutora Esther López, de Radio Voz.
VISITAMOS RADIO VOZ from Leo de A Lama on Vimeo.
Con ela recorremos as instalacións da redacción da Voz de Galicia en Vigo e visitamos os estudos.
Vos deixamos un avance neste vídeo. Máis adiante vos colgaremos na nova canle en ivoox o podcast da entrevista que lle fixeron.
Un saúdo, lémonos,
LEO
xoves, 15 de febreiro de 2018
RADIO NA BIBLIO – PRIMEIROS PASOS
Aquí vos deixamos o primeiro vídeo do desenvolvemento do proxecto Radio na Biblio.
RADIO NA BIBLIO from Leo de A Lama on Vimeo.
Trátase da presentación dos materiais técnicos, a súa montaxe e primeiras probas.
Un saúdo, lémonos,
LEO
venres, 8 de decembro de 2017
CHEGA “"RADIO NA BIBLIO”
O proxecto “Radio na Biblio” chega á escola da Lama. Trátase dunha convocatoria no contexto do Plan Lía, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
A andaina comezarémola 20 centros (dun total de 167 solicitantes) que resultamos escollidos en función das memorias polo traballo desenvolvido na Biblioteca Escolar durante o curso 2016/2017.
Este proxecto traerá novos recursos económicos e formativos á nosa escola para poder seguir afondando nun Proxecto Educativo en constante renovación e ampliación, comezado no curso 2009/2010 coa entrada no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares de Galicia.
Xa vos iremos contando os resultados, un saudiño, lémonos,
LEO