Amosando publicacións coa etiqueta Noticias Sostibles. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Noticias Sostibles. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de outubro de 2023

AULA DA NATUREZA "ANTONIO MEMBRIVES"

O pasado 24 de outubro, aproveitando a conmemoración do Día da Biblioteca, quixemos outorgar un recoñecemento ben merecido a unha persoa moi especial para nós.

Antonio Membrives, axente medioambiental, leva traballando na concienciación dos nosos pequenos unha chea importante de anos e é un piar fundamental nas nosas investigacións documentais.

Logo de tantos anos pareceunos de xustiza que a nosa Aula da Natureza pasara a levar o seu nome.

A modo de sorpresa, pois el pensaba que viña dar unha charla, preparámolo todo para facer a inauguración e presentar a placa que deixará constancia a partir de agora.

mércores, 21 de xuño de 2023

INVESTIGAMOS SOBRE OS ODS

 O alumnado de 3º e 4º de primaria investigou sobre os ODS, a súa concreción da temática xeral que foi "O teu consumo deixa pegada", lema do Proxecto Voz Natura 2022/2023.

PDI_ODS_PART1 from O Recanto de Leo on Vimeo.

Aquí vos deixamos un dos vídeos que elaboraron e empregaron na súa presentación.

xoves, 23 de marzo de 2023

DONACIÓN A ADEGA

Onte, coincidindo co Día Mundial da Auga, tivemos un encontro na biblioteca cunha representación da Asociación Ecoloxista ADEGA. Visitounos María, educadora medioambiental, que recolleu a nosa simbólica aportación, froito do traballo realizado polo Día da Paz.
Despois do encontro con toda a escola, María desenvolveu un obradoiro co alumnado de infantil, para explicarlle como se fai o compost.

martes, 7 de xuño de 2022

PREMIO GALICIA VOZ NATURA II

Agora vos deixamos un vídeo que resume o indispensable que desenvolvimos durante o curso 2021/2022 e que nos fixo merecedores do galardón.

PREMIO_GALICIA_VOZ_NATURA from O Recanto de Leo on Vimeo.

domingo, 3 de xuño de 2018

ECOVIDEO–COIDA O MEDIO AMBIENTE

O alumnado de  6º de primaria produciu, dentro do proxecto Voz Natura e para participar no concurso Ecopreguntoiro de Radio Voz, este audiovisual que toca diversos aspectos da concienciación medioambiental.

ECOVIDEO CEIP A LAMA from Leo de A Lama on Vimeo.

Eles mesmos pasaron polas diversas fases da creación, dende escribir o guión ate interpretar aos seus protagonistas, nun proceso desenvolvido no  obradoiro de Iniciación á Linguaxe Audiovisual.

Agardamos que vos pareza de interese, lémonos,
LEO

sábado, 21 de abril de 2018

PORTAMERICA 2018: El valor de las personas

O festival Portamérica 2018, vén de estrear a curtametraxe documental: “El valor de las personas”.



A través de Voz Natura recibimos a petición de colaborar neste vídeo de Zinquin Audiovisual, que tenta deixar constancia de como educación y concienciación garanten o futuro do noso territorio e do noso planeta.

Por cada entrada do festival que se venda será plantada unha árbore autóctona.

Grazas a Alberto Baamonde (director), Javier Álvarez (imaxe) e Martiño Méndez (son), por acompañarnos á plantación de Racelo e á saída ao Suído para investigar sobre os chouzos e a ruta do arrieiros.

Agardamos que vos guste, lémonos,
Leo

xoves, 26 de marzo de 2015

SUPER PEPO E CLEMENTINA

Velaí vai unha segunda entrega do noso súper heroe favorito.

Super Pepo e Clementina from CEIP A LAMA on Vimeo.

Chega da man de María Luisa, delegada en Pontevedra da ONG “Mans Unidas”, coa que colaboramos este ano polo “Día Escolar pola non Violencia e a Paz”, e que está desenvolvendo un proxecto en Uganda para axudar a mellorar a economía familiar implantando a agricultura sostible.

Este segundo encontro tamén lles trouxo aos nosos cativos unha sorpresa moi especial. Os diplomas que lles foron outorgados pola súa colaboración: “A capa verde de Súper Pepo”.

Un saudiño, lémonos,
LEO

martes, 24 de xuño de 2014

PARA FINALIZAR O PDI (e o curso…) EXCURSIÓN A PUNTA CARREIRÓN

O pasado mércores 11 de xuño fomos de excursión á Illa de Arousa, en concreto a Punta Carreirón, que forma parte do Parque Nacional Illas Atlánticas e do Complexo Intermareal Umia-O Grove.

Neste caso tratábase dunha actividade lúdico-festiva para pechar un ano intenso de traballo arredor dos Ríos e as Praias.

Deixámosvos un vídeo do momento principal da xornada: o paseo en Kayak!!!

EXCURSIÓN FINAL DO PDI "RÍOS E PRAIAS EN BOAS MANS" Á ILLA DE AROUSA (PONTEVEDRA) from CEIP A LAMA on Vimeo.

Algún mestre tivo que mollar os pés para coller os mellores planos.

DSC_0078 _DSC0385
_DSC0402 _DSC0481

Agardamos que vos guste.

Un saúdo, lémonos,
LEO

martes, 4 de febreiro de 2014

VAI POLO RÍO! [Unha iniciativa solidaria coa nosa contorna]

Ola a tod@s!

O pasado 30 de xaneiro festexamos o Día Escolar pola Paz e a non Violencia. Seguindo a liña dos últimos anos, o noso alumnado traballou arredor dunha iniciativa solidaria relacionada coa temática do Proxecto Documental Integrado, e neste curso: “Ríos e Praias en boas mans”.

_DSC7791

_DSC8765

Unha das actividades programadas foi o encontro cos membros da asociación ecoloxista pontevedresa “Vai polo río”, para que nos contaran cal é o seu labor, como comezaron, que foron atopando no río dos Gafos…

_DSC7793

_DSC8782

Durante o encontro, Pablo Carro, Amancio Castro e Ramón Laxe, foron descubrindo os tesouros biolóxicos que son a parte máis fermosa do seu traballo, aínda que tamén puideron comentar que cousas curiosas, ao tempo que sucias, foron descubrindo neste leito que con tanto mimo limpan.

_DSC8760

_DSC7800

Como sorpresa, descubríusenos que este cartaz, “Tesouros Biolóxicos do Río Gafos”, terá unha segunda parte, sufragada cos cartos recadados polos nenos e nenas do CEIP “A Lama” . Ademais, adiantáronnos que a “presentación mundial” terá lugar na nosa escola en canto estea listo.

Unha delicia de visita que agardamos lles valera aos nosos cativos para por en valor todo aquilo que lles rodea, porque na Lama tamén temos uns ríos ben fermosos e importantes.

Un saúdo, lémonos,
LEO

domingo, 7 de abril de 2013

HOXE FALAMOS DE… ENERXÍA EÓLICA


Dentro do Proxecto Documental Integrado sobre as Enerxías Sostibles que estamos a desenvolver este curso, teñen cabida, como non, os encontros con especialistas na materia.

Hai poucas datas que nos desprazamos ao concello de Portas para visitar unha cuberta solar, e o pasado mércores aproveitamos a estancia entre nós de Rubén, o padriño de Andrea de 5º, que se adica profesionalmente a instalar e reparar aerogeneradores, para escoitar unha charla sobre Enerxía Eólica.

_DSC2175
_DSC2192 _DSC2188

Foi tremendamente interesante, aportounos moitísimos datos e nos deixou moita información que agora debemos de ir estudando.

TRABAJO  MANTENIMIENTO EOLICO

Aquí vos deixo os enlaces a tres documentos moi interesantes que nos deixou sobre a as Enerxías Sostibles en xeral e a Eólica en particular.

http://dl.dropbox.com/u/49382374/DOCS_ENERXIAS_SOSTIBLES/comparativas_enerxias_renovables.pdf
http://dl.dropbox.com/u/49382374/DOCS_ENERXIAS_SOSTIBLES/Energias_Renovables.pdf
http://dl.dropbox.com/u/49382374/DOCS_ENERXIAS_SOSTIBLES/montaje_aerogeneradores.pdf

Un saúdo, nenos!

Lémonos,

LEO

mércores, 6 de marzo de 2013

SEGUINDO COA INVESTIGACIÓN… “PDI: AS ENERXÍAS SOSTIBLES”

O pasado venres, 1 de marzo, tivemos unha nova saída investigadora para procurar información sobre a temática do noso Proxecto: “As Enerxías Sostibles”.

Nesta ocasión tocáballe a quenda á Enerxía Solar, e sabedores de que no concello de Portas había unha empresa (www.inteledesolar.es) que organizaba visitas para escolares, alí fomos cos alumnos de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria, xa que o resto do cole iría o luns, 4.

Só podemos ter palabras de agradecemento para eles, que tan ben nos acolleron, e tan boas explicacións nos deron sobre o aproveitamento da Luz Solar e a súa conversión en Enerxía Eléctrica e Calorífica.

_DSC1769

A sesión comezou cunha explicación e rolda de preguntas nunha cuberta solar experimental, onde fan as probas dos distintos tipos de placas e transformadores, para poder ofertar aos clientes os produtos máis eficientes.

Alí aprendemos a diferenciar entre as placas fotovoltaicas e as térmicas; as primeiras produtoras de electricidade, e as segundas para quentar auga.

_DSC1763 _DSC1764

Máis tarde nos dirixiron a outra instalación próxima na que continuamos a recibir moitos datos sobre a Enerxía Solar, e ate tivemos a oportunidade de tocar unha placa fotovoltaica.

_DSC1787 _DSC1783
_DSC1791 _DSC1797

Unha das preguntas que xurdiu, e que nos resolveron axiña, foi: “De que material están feitas?” Resulta que o Silicio é o máis importante para a produción de placas xeradoras de electricidade.

Outra dúbida importante era se a electricidade que se producía xa se podía empregar directamente para enchufar un ordenador ou calquera outro aparello doméstico. E tamén nos explicaron que non, que era precisa una transformación, para converter a corrente en alterna, xa que a que produce a placa é continua (como a das pilas), ademais de ser precisa a transformación da voltaxe a 220 voltios.

Como todos estes conceptos se nos escapaban un pouquiño, nós quedámonos con que a corrente que saía da placa entraba nun aparello e saía del preparada para o seu uso nas nosas casas.

 

_DSC1804 _DSC1818

Outro factor importante era o de saber a corrente que se subministraba á rede, para o que a instalación contaba cun contador que rexistraba produción e o consumo.

_DSC1821

A verdade é que alumnos e profesores quedaron contentísimos coa visita, xa que foi moi proveitosa.

Agardo que a vós tamén volo pareza.

Un saúdiño, lémonos,

LEO

martes, 22 de xaneiro de 2013

OS ANIMAIS SALVAN O PLANETA 2

Traémosvos agora outro vídeo de Animal Planet. Nesta ocasión para concienciar do cambio de bombillas para as de baixo consumo.

Cambia as bombillas por outras de baixo consumo

Un saudiño. Lémonos,

LEO

luns, 21 de xaneiro de 2013

APRENDENDO A COIDAR A TERRA!

Da man da familia Natura imos coñecer neste contiño como axudar a terra que se atopa en perigo.

Demóstrannos que todos podemos facelo e que aforrar enerxía é sinxelísimo, comezando pola nosa propia casa!

 

Atoparedes moita información para os vosos PDI!

Lémonos. LEO.

martes, 15 de xaneiro de 2013

NOTICIAS SOSTIBLES!

E o PDI segue en marcha… Desta volta trátase de vos informar dunha actividade na que temos implicada á familia.

Co propósito de completar ao máximo a información recollida sobre as Enerxías Sostibles, e a finalidade de avanzar na adquisición das competencias Lingüística e de Tratamento da Información dos nosos cativos, a biblioteca da escola conta dende hai un tempo cun novo recanto para a prensa: NOTICIAS SOSTIBLES!

A tarefa é sinxela: o noso alumnado pode recoller na casa, coa axuda dos familiares, todo recorte de prensa, revista, folleto, referencia en internet… que inclúa unha noticia relacionada coas Enerxías Renovables.

Cada xoves, os mestres recollerán na clase estas novas, que entregarán logo aos coordinadores da Biblioteca para que as expoñan no recanto preparado a carón da columna do PDI (onde se amosan os documentos relacionados coa investigación deste ano).

_DSC2120

_DSC2116 _DSC2125

Toda esta información estará permanentemente na Biblioteca para poder ser consultada; coma os distintos documentos cos que contabamos ou fomos adquirindo.

_DSC2128

“O expositor elaborouse reutilizando cartóns reciclados que viñan nas embalaxes dos mobles para as seccións de aula da Biblioteca”

Xa sabedes rapaces! Non esquezades lembrar na casa que eles tamén vos poden axudar co PDI…

Un saúdo, lémonos,

LEO