venres, 29 de abril de 2011

25 ANOS CON PIXAR

Se vos digo Pixar ao mellor non vos soa de nada, pero se vos digo “Toy story”, “Up”, “Mounstros S.A.”, “Buscando a Nemo”… de seguro que vos soa algo máis.

Esta produtora de cine está a renovar e crear os filmes infantís máis innovadores e divertidos dos últimos anos. Logran que non só lle gusten aos cativos, xa que os maiores, incluso papá e mamá, están enganchados a eles.

Déixovos aquí a dirección da súa páxina web na que poderedes ver as pelis que xa fixeron e tamén as últimas novidades.

www.pixar.com

Hoxe queremos conmemorar o seu 25 aniversario deixándovos unha das súas curtas máis famosas e divertidas, e que levou un Oscar á mellor curtametraxe no 2001. Titúlase “For the birds” e merece a pena que lle votedes un ollo!

Asegúrovos que vos deixaremos algún máis noutras entradas.

Lémonos. LEO

xoves, 28 de abril de 2011

FINAL DO PDI DE 1º CICLO

O pasado 22 e 23 de marzo vivimos na biblioteca do cole unas xornadas ben especiais con motivo do final do PDI que levamos a cabo nestes últimos seis meses: “A AUGA”.

Por que escollemos estas datas? Pois por que coincide coa conmemoración do Día Internacional da Auga. A mellor forma de festexalo!

Ao longo destes días iremos deixando novas entradas coas cousiñas que nos mostraron os propios nenos. Hoxe comezamos cos nenos do 1º ciclo.

Os alumnos de 1º e 2º de primaria investigaron: “A VIDA AO REDOR DO RÍO”

DSC_0929

Logo da fase inicial de motivación, mergulláronse no proceso da procura da información en diversos formatos e o seu posterior tratamento.

Antes de comezar a súa exposición animaron a festa cunha cantiga que dúas nenas de 1º nos amosaron. Apareceron cun ben divertido traxe, que nos deixou a todos coa boca aberta.

Todo o aprendido recollérono en forma de mural e presentáronnos desta orixinal forma.

Logo os propio nenos de ambas clases leron, en forma de nube, as cousas máis curiosas que traballaron.

Ademais, como traballaron entre outros animais, sobre o coello e a tartaruga, a mestra Andrea trouxo a súas mascotas “Orejitas” e “Tranqui” que conviviron con nós durante esa xornada.

Por suposto, coidaron con mimo unha pranta que día a día viron medrar, e que acolleron na aula para sempre.

_DSC8374

A nosa felicitación para todos eles polo seu gran traballo!

Lémonos. LEO

CADERNOS DE BITÁCORA!

Ben puntuais, coma sempre, chegaron novos cadernos de bitácora!

Deica pronto!

Lémonos. LEO

luns, 25 de abril de 2011

CÁMBIOCHO POR UN CONTO?

A última das actividades que programamos para conmemorar o Día Internacional do Libro foi Cámbiocho por un conto?

Sin título1   _DSC8475

En que consiste? Pois dende a biblioteca cambiamos aos nosos nenos unha creación literaria por un agasallo. Poden traer relatos, poesías, cómics, ilustracións… coa condición de que estes traballos sexan feitos na casa e que conten coa colaboración das familias (na maior medida posible).

Velaí vai un vídeo.

Como sorpresa final presentamos o conto viaxeiro que os voluntarios da biblioteca remataran de gravar e que os alumnos de 5º Infantil se encargaron de ilustrar.

En canto estea lista a versión interactiva subirémola para goce de todos.

Un saúdo, lémonos.

LEO

sábado, 23 de abril de 2011

23 DE ABRIL – DÍA DO LIBRO

Como vos diciamos na entrada anterior, o pasado 15 de abril adiantámonos no cole á conmemoración do Día Internacional do Libro.

A segunda actividade que programamos, “Cóntoche un  conto?”, contou coa inestimable colaboración dos voluntarios da biblioteca e tres alumnos de 6º curso, que repartidos polo patio en distintos recantos, contáronlles aos seus compañeiros uns contos que foran preparando pola semana.

Paga a pena ver as fotos para facerse unha idea do que gozaron os oíntes.

_DSC8423 _DSC8430 

DSC_0034 DSC_0036

Déixovos unhas pouquiñas máis neste galería. Que ben o pasamos!

Un saudiño. Lémonos,

LEO

xoves, 21 de abril de 2011

DÍA DO LIBRO 2011

Como ben sabedes todos, o día 23 de abril festexamos o Día do Libro. Este ano nos colle de vacacións, polo que no cole decidimos adiantar a data para o venres 15, e ter unha despedida do trimestre con un día completo de actividades arredor do libro.

Como temos bastantes cousas que amosar, ímolas ir contando pouco a pouco, pero vos adianto os tres momentos máis destacados:

- Obradoiros nas aulas. Organizados por ciclos ou por titorías dedicamos as primeiras sesións do día a traballar, con distintas dinámicas, un conto escollido polos nosos mestres.

- Cóntoche un conto? Despois do recreo, algúns voluntarios da biblioteca e tres compañeiros de sexto, repartíronse polo patio para contarnos uns contos que prepararan durante a semana.

- Cámbiocho por un conto! Pola tarde repetimos a experiencia do ano pasado e nos xuntamos na bibioteca para que todos os que trouxeran unha pequena creación literaria a puidesen cambiar por un agasallo.

Aí vos deixo unhas fotiños dos obradoiros.

Espero que vos gusten.

Un saudiño, lémonos,

LEO

xoves, 14 de abril de 2011

CADERNOS DE BITÁCORA!

Xa podedes ver os últimos Cadernos de Bitácora que viaxaron ata as vosas casas nas Mochilas Viaxeiras.

 

Lémonos. LEO

mércores, 13 de abril de 2011

RECEITAS PARA AS FAMILIAS

Nesta ocasión o que vos presentamos está máis ben dirixido aos maiores, pero non quere dicir que os pequenos non tomades nota, eh!?

Son uns pequenos consellos que pensamos que poden axudar a fomentar o hábito lector.

Cando os teñamos impresos, tamén irán nas Mochilas Viaxeiras.

Un saudiño, lémonos,

LEO

martes, 12 de abril de 2011

GOTAS PARA NÍXER!

Fai xa moitos días (concretamente dende o 30 de xaneiro con motivo do Día da Paz) que lle andamos a dar voltas en que empregar os cartos que conseguimos no “I Rastro Solidario”.

Entre todos, co noso esforzo e a colaboración das familias, acadamos un total de  166 €. É para estar ben orgullosos!

Son moitas as iniciativas que merecen a pena, pero só podiamos elixir unha, e… despois de meditalo decidimos doar os cartos a Unicef.

Esta ONG leva un tempo desenvolvendo unha iniciativa á que chaman GOTAS PARA NÍXER, e coma nós andamos a traballar co PDI da auga, pareceunos un causa moi bonita.

Quedamos rexistrados como cole colaborador, convidámosvos a mergullarvos no seu blog (www.enredate.org/gotas) e ver cantos coles coma nós están a levar a cabo diferentes actividades para por o seu grao de area e colaborar coas causas que promove Unicef.

Lembrades a nosa actividade? Nós propuxemos realizar nas aulas, con materiais escolares e de refugallo, algún obxecto para doalo logo ao “I Rastrillo Solidario”. O prezo era único (1€), e cada familia, a través dos nenos, podía colaborar na medida das súas posibilidades. Déixovos un pequeno álbum recordatorio.

Non dubidaremos en repetir esta experiencia, non só polo ben que podemos facer coa nosa pequena aportación, se non polo aprendizaxe que supuxo para todos!

Lémonos. LEO

PRODUCIÓNS PROPIAS: PDI 5º DE INFANTIL

Son os cativos do colexio pero… mirade que cousas tan chulas están facendo!

Entre moitas outras actividades relacionadas co PDI deste curso (“A auga”), os nenos de 4 anos redactaron, ilustraron e deron son a un conto ao que titularon “OURENSE, CIDADE TERMAL”.

Nel describen unha saída que realizamos no cole alá por octubre, pero mellor que volo conten eles.

Como podedes ver empregaron moitas técnicas plásticas, escribiron eles mesmos as palabras claves e así foi como o grabaron na nosa biblioteca… todos uns profesionais!

_DSC8141

Noraboa a estes pequenos escritores!

Lémonos. LEO.

MOCHILAS VIAXEIRAS!

Deixovos os vosos cadernos de bitácora, e… lembrade que se queredes podedes deixar un comentario!

Lémonos. LEO.

OS BRAZOS DA BIBLIOTECA… NOVOS ESPAZOS CONQUISTADOS!

Aínda que temos a sorte de contar cunha biblioteca ben grande, xa sabedes que nos gusta expandirnos por todo o cole e ir cos fondos e coas nosas dinámicas máis aló destas catro paredes.

Xa conquistamos moitos lugares: as clases de tódolos alumnos contan cunha biblioteca de aula, tamén os diferentes departamentos, alcanzamos as novas tecnoloxías co nacemento do noso blog… e agora creamos un novo espazo para toda a comunidade educativa.

Velaí está a nova entrada principal do cole e tamén a saliña de espera.

DSC_0963

Un espazo que invita á lectura, no que coidamos non só o seu aspecto, senón tamén os fondos que poñemos nel a vosa disposición, para que os momentos de espera xa non estean baleiros e os poidamos encher de palabras e historias.

Mesmo podedes facer con nós a Hora de Ler!

DSC_0969

Agora hai moitos que prefiren esperar!

A ver se vos gusta, sobre todos ás familias, xa que está especialmente pensada para vós.

Lémonos. LEO

luns, 11 de abril de 2011

QUE É O QUE PASA NA BIBLIOTECA?

Rapaces! Hoxe teño un reto para vós; mirade estas fotos con moito ollo!

Sabedes que é o que están a mirar os vosos compañeiros? se é así, propóñovos un xogo.

Deixade, cun comentario, a vosa proposta, e non esquezades firmala para saber de quen é. Só entran a concurso unha por alumno e o que acerte terá un pequeno agasallo.

O xoves desvelaremos a gran incógnita e contaremos o que estaban a mirar estes nenos!

Moita sorte a todos e animádevos a participar!

Lémonos. LEO

domingo, 10 de abril de 2011

VISITA Á PISCIFACTORÍA DE CARBALLEDO

O pasado mércores tivemos unha xornada un tanto especial. Dentro do Proxecto Voz Natura, o cole organizou xunto con Antonio (o “noso” garda forestal) unha visita á piscifactoría de Carballedo (dependente da Xunta de Galicia), onde se crían as troitas, reos e salmóns, que logo repoboarán os ríos Ulla, Lérez e Miño.

Alí recibiunos Víctor, que é o encargado destas instalacións, e que nos explicou en que consiste o seu traballo, a importancia que ten para a recuperación dos nosos ríos, e algunha que outra curiosidade máis…

_DSC8185

Antes de entrar contounos fóra que alí veríamos os peixes dende que están no ovo, ate que xa teñen un tamaño axeitado para a súa solta no río.

_DSC8186      _DSC8187

A explicación comezaba na sala da incubadora, onde están preto de un millón de ovos de salmón, troita e reo, madurando para se converter en alevíns.

_DSC8201      _DSC8216

Os ovos son moi delicados, por iso os moven cunha pluma. Xa vos podedes imaxinar cantos hai en cada bandexa.

_DSC8189      _DSC8196

Cando os ovos se convirten en alevíns, pasan a estes outros recipientes para continuar medrando.

_DSC8215

Nas instalacións de fóra puidemos ver as femias reprodutoras. A máis grande, de salmón, pesa arredor dos 9 kilos. Aquí está Ali contemplando eses fermosos exemplares. Na foto non os podemos ver por mor dos refrexos, pero vos aseguro que eran espectaculares.

_DSC8213

Agradecemos a Antonio e a Víctor a súa colaboración.

Un saudiño, lémonos,

LEO

venres, 8 de abril de 2011

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR 2011

Xa comezou a conta atrás para festexar o Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor, e xa sabedes que na biblioteca encántanos celebralo por todo o alto.
Temos preparadas moitas actividades, pero non adiantemos acontecementos…
Hoxe vouvos deixar unhas recomendacións lectoras para que cando papá e mamá vos queiran mercar un contiño, teñan algunhas ideas que de seguro vos van a gustar, e tamén para eles!
 

Espero que vos agraden, se non xa sabedes que nos encanta escoitar as vosas suxerencias.

Lémonos. LEO

xoves, 7 de abril de 2011

O MÁIS IMPORTANTE QUE DEBES SABER CANDO ES VOLUNTARIO DA BIBLIOTECA É…

Aischa leva dous anos como voluntaria da Biblioteca. Queremos que nos conte en que consiste isto de ser voluntario. Velaí vai a súa autoentrevista.

_DSC8339

Os voluntarios da biblioteca deben saber como ordenar os libros nos andeis, asistir cando che toque, facer gardar silencio e ter coidado de que ninguén colla un libro sen rexistralo no ordenador.

-Que hai na biblioteca?

Na biblioteca hai moitísimas cousas e todas hai que coidalas:

a) Os ordenadores só se poden usar para buscar información de algo ou para entrar no “Recanto de Leo”. Nunca poderemos usalos para acceder a redes sociais (Tuenti, Facebook…), nin para “chatear”. Hai que pedirlle permiso a un voluntario para usalos.

b) A audioteca está para escoitar música. Non se pode estar tirando dos cables e hai que ir de un en un. Temos dous postos.

c) Os libros hai que coidalos moito. Os voluntarios temos que mirar que os nenos coiden os libros da biblioteca; se collen un, que o volvan a poñer no seu sitio e que os escollan da súa idade.

d) As actividades que facemos na biblioteca:

- Cando ven un mago, un contacontos... ou se temos unha charla na biblioteca, os voluntarios teñen que ir antes para colocar as cadeiras, avisar nas outras clases cando poden subir, e acomodalos.

- O Recanto de Leo está para que os nenos poidan ver fotos da escola, para que escoiten contos, para acceder a xogos educativos… pero os voluntarios tamén facemos cousas para este blog. Agora estamos preparando un conto para que despois os nenos poidan escoitalo. Estámolo gravando nos recreos de comedor. Gústame moito, pois parecemos actores profesionais.

- O caderno de rexistro dos voluntarios: todos os voluntarios temos que vir un día da semana á biblioteca, para as nosas tarefas, e se vimos o día que nos toca podemos firmar no caderno de rexistro. Cando completamos dúas páxinas enteiras por diante e por detrás, dannos un regalo.

- Os mércores pola tarde temos que vir á biblioteca para preparar contos, ordenar libros ou facer algunha outra actividade.

Os meus compañeiros vos seguirán contando en outras entradas máis cousas sobre o noso labor.

Un saudiño a todos,

AISCHA

mércores, 6 de abril de 2011

CLASIFICACIÓN DECIMAL UNIVERSAL: A NOSA CDU.

Xa vos estivemos achegando, dende que temos a nosa nova Biblioteca, ao coñecemento da Clasificación Decimal Universal.

Hoxe ímoslle presentar a todos os que len o noso blog a cartelería tan particular que temos para delimitar as diferentes categorías.

Así tamén vos serve de recordatorio!

Lémonos. LEO.

martes, 5 de abril de 2011

UNHA BIBLIOTECA CON TON E SON: A AUDIOTECA!

Moitos xa vos destes conta de un novo recanto que temos na nosa biblioteca dende hai unhas semanas. Trátase da Audioteca, un espazo pensado para facer as delicias dos vosos oídos.

_DSC8167

_DSC8358

A música, como código universal, é para tódalas idades, polo que vos daredes conta de que os documentos non se distinguen por idades recomendables, se non que será o propio gusto individual o que vos poña os límites.

_DSC8158

Atoparedes dous reprodutores, os cascos para a escoita e uns “puffs” que están a ser a gran novidade para pequenos e maiores.

Un recanto que invita a facer da música e dos contos sonoros, unha ferramenta máis de achegamento á cultura.

_DSC8172

Xa vistes que antes de empregar este espazo tedes que votarlle un ollo ás normas de uso.

NORMAS AUDIOTECA

Sodes moitos os que estades a aproveitar no tempo de biblioteca para achegarvos á música, pero non esquezades que estes documentos tamén son para o seu empréstito!

Lémonos… e oímonos!

LEO

venres, 1 de abril de 2011

SE TI LES, ELES LEN!

Papá e mamá, por se tiñades algunha dúbida… mirade este video!

Trátase da campaña “Plan de Fomento á Lectura” do Ministerio de Cultura do Goberno de España, onde podemos ver como os pais marcan o día a día dos cativos, xa que sodes os modelos e referentes en tódolos aspectos da súa vida, e a lectura tamén é un hábito que aprenden e imitan.

Ler diante dos vosos fillos é o mellor dos exemplos!

Lémonos. LEO.