Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro. Amosar todas as publicacións

sábado, 26 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO - II Encontro "Letras na Praza"

O pasado 23 de abril celebrouse no CEIP de Carballedo o II Encontro "Letras na Praza", iniciativa que nacera no CEIP A Lama no curso anterior e que pretende ser unha xornada de convivencia entre os centros da contorna para festexar o Día do Libro.

O relevo tomouno de forma marabillosa a comunidade educativa do centro antes mencionado e reuniu a máis de 350 alumnos dos colexios de Carballedo, A Lama, Fornelos de Montes, Tenorio e Cerdedo.

A animación musical correu a cargo de "Migallas" que fixeron as delicias de todos repasando os seus mellores éxitos.

Clicando na foto poderás ver máis instantáneas da xornada: momentos para a lectura, a creación, a convivencia... Xa estamos agardando a próxima edición!!!

venres, 11 de abril de 2025

II ENCONTRO "LETRAS NA PRAZA"

O vindeiro 23 de abril celebrarase o II Encontro "Letras na Praza", que nesta ocasión reunirá aos colexios: CEIP de Carballedo (que actúa como anfitrión), CEIP A Lama, CEIP Doutor Suárez, CEIP de Tenorio e CEIP San Xoan Bautista.

Trátase da segunda edición dunha actividade que pretende festexar o Día do Libro tecendo redes entre os centros da zona. Letras na Praza naceu o curso pasado na Lama e, como foi pretensión dende o seu inicio, adquire o carácter de itinerante, para achegar a lectura a todos os concellos e vilas da comarca.


sábado, 27 de abril de 2024

"LETRAS NA PRAZA" - COMO FOI?

O 24 de abril tivo lugar na alameda da Lama o 1º Encontro "Letras na Praza", cunha participación extraordinaria.

Foron 240 alumnos dos colexios da Lama, Carballedo e Fornelos de Montes, xunto coas familias, veciños e autoridades que tamén se sumaron.
(Fai clic na imaxe para poder ver unhas pouca máis)

Os ecos da actividade foron moi positivos e todos os participantes se amosaron entusiasmados co resultado.

Na alameda instaláronse unha serie de estacións polas que todos se podían mover libremente, nun entorno moi seguro grazas á implicación das familias e Protección Civil.

A ANPA da escola da Lama fixo posible que puideramos contar coa actuación de César Freiría (Cé, Orquetra Pantasma).

Tamén participou no evento Nieves Loperena, coa Furgolibro da Tía Ni.

O Colexio Plurilingüe de Carballedo xa se postulou para tomar o relevo e ser os anfitrións na vindeira edición.

luns, 15 de abril de 2024

I ENCONTRO "LETRAS NA PRAZA"


O próximo 24 de abril terá lugar na alameda da Lama o 1º encontro "Letras na Praza", que xuntará ás escolas da Lama, Carballedo e Fornelos de Montes, nun xornada arredor da lectura e os libros. 

Trátase dunha primeira experiencia entre centros que ten vocación de continuidade e de itinerancia entre os distintos concellos.

Estará aberta ás familias e a toda a veciñanza. Agardamos a vosa participación!

xoves, 23 de abril de 2020

E TI COMO LES?

Hoxe é o Día do Libro e o estamos celebrando dun xeito un tanto raro!

Normalmente os voluntarios terían preparados os seus contos polo patio, e pola tarde faríamos un encontro para todos na Biblioteca.

Este ano cada un leu na súa casa. Aí vai este vídeo coas vosas fotos. 

 

DIA DO LIBRO from O Recanto de Leo on Vimeo.

*As fotos que falten subirémolas na próxima actualización. 

Un saudiño, lémonos,
LEO

mércores, 11 de maio de 2016

CÓNTOCHE UN CONTO!

Todo o alumnado, dividido en cinco grupos de idades misturadas, colleu o mapa da súa ruta para comezar o camiño cara os contos que tiñamos preparados.

_DSC0550

Os voluntarios estaban en diferentes recunchos do cole esperando para sorprendernos a todos. 

_DSC0616

 

_DSC0597 _DSC0536 _DSC0560
_DSC0570 _DSC0579

As historias comezaban de xeito simultáneo, e cando remataban todas, iamos a un novo recuncho. Así fomos pasando polos cinco títulos que os nosos contacontos elixiron.

 

_DSC0542

_DSC0620 _DSC0615 _DSC3371
_DSC3393 _DSC0546 _DSC0566

Unha Hora de Ler compartida entre grandes e maiores!

Lémonos,
LEO.

luns, 2 de maio de 2016

RECOMENDACIÓNS LECTORAS... DA MAN DOS NOSOS VOLUNTARIOS!

Polo recente Día do Libro, os voluntarios da biblioteca escolleron cinco títulos de entre todos os documentos que temos, para contarlles ao resto do cole na actividade: “Cóntoche un conto”.

Hoxe son eles os que vos queren recomendar estes contos... tomade nota!

 

_DSC0624

 

O PAÍS DOS MANDÓNS (EMBORA)

“Un libro que fala da igualdade, da constitución, dos dereitos de todo!”

Andoni, Daniel, David e Giordana

 

 

PÉTALA (OQO)

“Este libro é doado de interpretar pero tamén é moi entretido para escoitar”

Cristina, Noé, Juan e Óscar

 

_DSC0622

_DSC3404

 

ROBERTO DÍ QUE… (KALANDRAKA)

“É moi divertido e ten moi boas ilustracións, de seguro que rirás un montón!”

Elías, Lara, Adriana e Diego

 

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA (KÓKINOS)

“Polas súas ilustracións! Porque aprenderás todo sobre a vida das eirugas. E tamén o podes ler en inglés!!!”

Carlota, Paula, Óscar e Carlos

_DSC0540

_DSC0591

 

DIEZ PATITOS DE GOMA (KÓKINOS)

“O noso libro é moi interesante porque ademais de que os patiños viven unha gran aventura hai moitos outros animais”

Jose, Javier, Paola e Alberto

Logo da elección tocou traballar arreo durante catro semanas, nas que eles mesmos elaboraron os seus guións, os monicreques, as escenografías... esperando a que chegara o gran día no que eles mesmos dirán... “Cóntoche un conto?”

Pero iso verédelo pronto!

Lémonos,
LEO

luns, 25 de abril de 2016

DIA DO LIBRO: CAMBIOCHO POR UN CONTO!

_DSC3448  

Cámbiocho por un conto, ou como nesta ocasión, por un micropoema; a arte de conmover con poucas palabras!

Nesta xornada de festa, moitos foron os que achegaron as súas propias creacións en moi diferentes formatos, que nos foron lendo para todo o cole.

 

_DSC3481 _DSC3524 _DSC3504
_DSC3514

As nosas ben queridas familias traballaron arreo un ano máis, para non deixar de sorprendernos. E claro... non podía deixar pasar a ocasión para achegarlles un pequeno agasallo!

 

_DSC3444  

Xa sabedes que podedes vir pola biblio para ler con calma os traballos de todos. Alí vos espero!

 

_DSC3536 _DSC3467 _DSC3534

Lémonos,

LEO