O pasado 22 de abril, víspera do Día do Libro, os membros do club de lectura
desprazáronse á vila ourensá de Allariz para visitar "Aira Editorial" e a
libraría "Aira das Letras", enbarcada no mesmo proxecto. Aquí vos deixamos unhas
instantáneas que dan testemuña do roteiro. Os rapaces quedaron encantados e foi
unha experiencia única para moitos deles.
Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 24 de abril de 2025
martes, 4 de marzo de 2025
CLUB DE LECTURA - O DESTINO DE KAMEKO
luns, 7 de outubro de 2024
ARRANCA O CLUB DE LECTURA 24/25
Arranca o club de lectura co alumnado 6º de primaria que decidiu apuntarse este curso. 10 alumnos de 14 semella unha boa porcentaxe. Xa iremos contando como se vai desenvolvendo. Coma sempre, se queres ver algunha instantánea máis, clica na foto.
venres, 31 de maio de 2024
VISITOUNOS... ANDREA GARCÍA
Onte tivemos o pracer de contar entre nós coa escritora Andrea García, autora
de "Animais Fantásticos de Aldea", título escollido polo noso alumnado para o
club de lectura creado este curso.
Ao finalizar a historia, e como peche do club, o xoves 30 de maio puidemos
contar coa visita de Andrea para realizar un pequeno encontro co alumnado.
Nun ambiente privilexiado, puideron coñecela e escoitar de primeira man como foi o proceso de creación da historia, tanto a parte literaria como a parte máis artística. Ademais, agasallounos cun pequeno obradoiro de debuxo no que nos ensinou a debuxar algunhas das personaxes que podemos atopar ao longo da historia. E incluso dedicou un anaco de tempo a firmarnos os exemplares con dedicatorias incluídas.

mércores, 27 de marzo de 2024
FACTORÍA LECTORA - CLUB DE LECTURA
Este curso retomouse o Club de Lectura, e desta volta animámosnos a solicitar
o programa convocado pola Consellería, xa que puidemos contar como
coordinadora coa profe Eva, que xa leva un feixe de anos no Equipo de
Biblioteca.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)