Todos sabemos que unha parte moi importante do traballo da biblioteca resólveno os voluntarios. Esta entrada no blogue quere ser un xusto recoñecemento a estes mozos e mozas que queren á biblioteca tanto coma min.
Nas seguintes imaxes poderedes velos en "acción": axudando aos máis cativos, ordenando, programando e "fichando".
Estamos moi orgullosos deles, polo ben que o fan, polo empeño e as gañas que lle poñen, pola constancia, pola preocupación, pola ilusión que transmiten...
Penso que sairon todos na foto!
De esquerda a dereita: Noelia, Mónica, Bárbara, Antía, Maika, Alex, Aischa, Alex G., Gabriel, Alex J., Saúl, Abel e Fani.
Na biblioteca nunca falta qué facer. Dende ordenar os andeis ata pasar a aspiradora.
Aquí os tendes organizando unha actividade da que esperamos que pronto teñades novas.
Unha das cousas máis gratificantes é axudar aos máis pequenos a se mergullar no apaixoante mundo dos libros.
Que quede constancia de que hoxe traballei, eh!
Pois iso, que todos valoremos moito o traballo que moitas persoas fan en prol da lectura e o coñecemento, coma un rexemento de formiguiñas que pouco a pouco van sacando este inxente traballo a diante.
Eu tereino moi en conta sempre. Lémonos,
LEO