Amosando publicacións coa etiqueta Nós tamén creamos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nós tamén creamos. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de xuño de 2014

RANILDA - COMO SE FIXO…

Aquí vos deixamos un vídeo con distintos momentos da produción de Ranilda. Desculpade os problemiñas técnicos que fixeron que nalgúns momentos no se escoite todo o ben que desexamos, e non vos perdades os últimos minutos coa dobraxe das voces.

MAKING OFF corto RANILDA from Leo de A Lama on Vimeo.

Agardamos que vos pareza interesante.

Un saúdo, lémonos,
LEO

luns, 9 de xuño de 2014

RANILDA, última creación dos nenos da nosa escola.

Como ben sabedes algúns, o CEIP “A Lama” leva participando 3 anos no concurso “Nós tamén creamos”, que convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa CRTVG e OQO editora.

Este ano, por uns e outros motivos, non demos chegado para presentar o noso traballo no prazo establecido. Pero como o importante é facelo... aí vos vai.

RANILDA HD from CEIP A LAMA on Vimeo.

Agardamos que vos guste.

Un saúdo, lémonos,
LEO

luns, 26 de maio de 2014

A ESCALEIRA NOS PREMIOS OLLOBOI 2014

A curta de animación A Escaleira faise co Premio Olloboi Fotoxénico (o máis estético, con mellor imaxe, fotografía, efectos, o máis bonito de ver, con máis estilo, con máis arte, o máis visual) na edición 2014 do Concurso Galego de Audiovisual non profesional.

_DSC0244

O venres 23 tivo lugar en Boiro a gala que foi presentada pola actriz Mónica García, na que ademais “A Escaleira” optaba como finalista aos premios Olloboi DJ (mellor banda sonora) e Olloboi Zamburrioi (mellor traballo).

fotoxenico dj zamburrioi

Os premiados foron:

Olloboi Online – Socas App – CPI Eusebio Lorenzo Baleirón

Olloboi Cómico – Moaña summit 2013 (O pato) - IES As Barxas

Olloboi PeleónDesPrestige, DesEducAcción – IES A Cachada

Olloboi Fotoxénico – A Escaleira - CEIP A Lama

Olloboi DJ – Socas App – CPI Eusebio Lorenzo Baleirón

Olloboi OrixinalA Muller Lamprea – IES As Barxas

Olloboi Escola – Alicia - IES As Barxas

Olloboi Zamburrioi – Música Doméstica

(Podedes ver máis fotos da entrega de premios na seguinte galería de imaxes)

Un saúdo, lémonos,
LEO

martes, 19 de novembro de 2013

NÓS TAMÉN CREAMOS 2013: entrega de Premios no MUPEGA en Santiago!

Ola rapaces!

Como xa vos tiñamos informado con anterioridade, o último día do pasado curso 2012/2013 chegounos unha moi boa nova. Os alumnos de 1º de Primaria da nosa escola gañaran o II Concurso de Curtas de Animación, “Nós tamén creamos” (categoría de 1º ciclo de primaria), coa produción “A Escaleira”.

Este concurso ven sendo promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQOeditora.

NOS_TAMEN_CREAMOS_2013_800

Os protagonistas, os actores de dobraxe, os produtores, os guionistas, os escenógrafos.... fomos aló!

_DSC0395 _DSC0401
_DSC0420 _DSC0436
_DSC0440 _DSC7334

Despois dunhas breves palabras para introducir o acto, comezou a quenda para os premiados, aos que lles queremos transmitir os nosos parabéns!

Non quixemos deixar pasar a oportunidade de achegar a nosa curta a tódolos presentes, que se viron sorprendidos polo noso “Avoíño” que con moita ledicia lla entregou ao Sr. Conselleiro, que presidía o acto.

_DSC7303

Aquí vos deixamos outras instantáneas dos centros premiados. Tendes que desculpar porque se nos esqueceu anotar a que cole corresponde cada unha, pero son os seguintes:

PREMIO PARA O ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO DE EDUCACION INFANTIL
A escaleira, CEIP Víctor López Seoane, A Coruña

PREMIO PARA O ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO DE EDUCACION PRIMARIA
Premio outorgado ex aequo a:
Troco, CEIP de Merza, Vila de Cruces, Pontevedra.
Ernesto Bo Día, CEIP de Leirado, Salvaterra de Miño, Pontevedra

Mencións especiais:

A noite das mudanzas, CEIP Bergantiños, Carballo, A Coruña. Pola expresividade e espontaneidade lingüística e mais pola composición estética.

Pilú Pilú, CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira, Ferrol, A Coruña. Pola adaptación musical e a orixinalidade plástica.

A escaleira, CPI Cabo da Area, Laxe, A Coruña. Pola adaptación da obra orixinal.

Ernesto Bo Día, CEE Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra. Pola calidade plástica e estética.

_DSC7316 _DSC7321
_DSC7347 _DSC7291
_DSC0412 _DSC7351

Un saudiño a todos, lémonos,

LEO

mércores, 11 de setembro de 2013

OLA NENOS!!! XA ESTAMOS AQUÍ DE NOVO…

Que tal foron esas vacacións? A verdade é que as mereciades ben.

O último día do curso pasado recibimos a nova de que os alumnos de 1º de primaria gañaran o concurso de curtas de animación: “Nós tamén creamos”.

NosTamenCreamos_MEJU-1 a_escaleira_2013.el8

O conto adaptado…: “A Escaleira”, de Beatriz Montero e Raul Nieto Guridi.

Os nosos parabéns para estes nenos e profes que con tanta ilusión traballaron.

_DSC5051

Un saúdo, lémonos,

LEO

luns, 27 de maio de 2013

A ESCALEIRA - UNHA TARDE CON GÜINTERVAN…

Unha das particularidades das nosas curtas (“A Vella Lulula” e “A Escaleira”) é que a música da banda sonora procurámola entre os membros da nosa comunidade educativa.

Se o ano pasado fora Maktúbikan, este ano a música ven da man de Güintervan, xa que Isaac, un dos membros, é o pai de Iker, alumno do noso cole.

Os seus compoñentes son:

_DSC3890 _DSC3864
Isaac Gulín
   
_DSC3873 _DSC6501
Harry Roi Alexandre

Para a “Premier” oficial organizamos un concerto na escola que fixo as delicias dos nosos cativos.

_DSC3842

Velaí van unhas fotiños.

Entre outras pezas, puidemos gozar das incluídas na curta: “Palabras a voar” e “Amar de leite”, do seu anterior traballo Mundo Loco.

En abril presentaron o seu último disco “Psicopano”.

Unha aperta moi forte para eles, e moitas grazas polo agasallo.

Saúdos a todos. Lémonos,

LEO

mércores, 22 de maio de 2013

NÓS TAMÉN CREAMOS–A ESCALEIRA

Velaí vai a nosa proposta! Por fin, logo dun intenso traballo, xa temos rematada a nosa curta. O título escollido: “A Escaleira”, de Beatriz Montero e Raul Nieto Guridi.

Se tedes boa conexión activade o HD, que está subido con moita resolución!

A ESCALEIRA from CEIP A LAMA on Vimeo.

Agardamos que vos guste. Un saudiño.

Lémonos,

LEO

PD: Andade atentos, porque iremos contando algunha cousiña máis de como se foi desenvolvendo o traballo. A próxima entrega: Concerto de Güintervan! Grupo do pai do noso alumno Iker que nos prestaron a música.

mércores, 20 de marzo de 2013

NÓS TAMÉN CREAMOS!


Xa comezamos!

Onte recibimos a visita dos representantes da editorial OQO, que nos achegaron a selección de títulos proposta para este ano.

O concurso é unha iniciativa conxunta da editorial OQO e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, e conta coa colaboración da CRTVG.

Neste momento o equipo creativo está debatindo que título adaptará este ano.

NosTamenCreamos_MEJU-1
_DSC6246 _DSC6241

O curso pasado foi “A Vella Lulula”, que deixou un moi bo sabor de boca entre o noso alumnado e as familias.

A nosa ilusión está posta en sorprendervos. Agardamos poder facelo!

Un saúdo, lémonos,

LEO