venres, 16 de decembro de 2022

AMOBLANDO A BIBLIOTECA

Unha das cousas máis motivadoras que fixemos para o noso alumnado foi montar con eles o novo mobiliario.

Non hai máis que verlle as caras!

mércores, 7 de decembro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 5 de decembro estreamos oficiosamente a biblioteca para acoller unha actividade moi especial: festexar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

O noso obxectivo era o de facer visibles as diversas capacidades para unha maior concienciación da comunidade educativa sobre o respecto ás persoas e as súas dificultades.

Organizáronse obradoiros sobre as discapacidades: visual, auditiva, TDA, TDAH, de mobilidade e Síndrome de Down.

xoves, 24 de novembro de 2022

24 DE OUTUBRO - Festa de Inicio do PDI

O 24 de outubro, coincidindo co Día das Bibliotecas, programamos a Festa de Inicio do PDI. Este curso titúlase "O teu consumo deixa pegada", e como adoitamos facer, cada ciclo terá a súa propia concreción: "Da horta ao prato" (Ed. Infantil), "A pegada na industria téxtil" (1º ciclo), "A Axenda 2030 e os ODS" (2º ciclo) e "As illas de plástico" (3º ciclo).

Volvendo a anteriores organizacións preparamos obradoiros internivel. Tiveron que ser no salón de actos e nas aulas, pois a Biblioteca está aínda en obras.

O alumnado levou consigo un pasaporte que ía selando en cada un dos espazos nos que discurriron os obradoiros. Nesta xornada de arranque do noso proxecto sempre os organizamos para que sexan lúdicos e creativos.

domingo, 20 de novembro de 2022

QUE É ALFIN? QUE É AMI?

Unha das funcións máis importantes do Equipo de Biblioteca é a formación dos seus usuarios. E si, o profesorado tamén ten que formarse no emprego de cada un dos seus recursos, espazos e finalidades.

Refundimos un par de presentacións para aportar unhas pinceladas que pretendemos que axuden a aclarar as ideas...

É obvio que certas normas poden variar dun centro a outro, pois as particularidades de cada un traerán distintas necesidades. O innegable é que o equipo debe promover estas entre os distintos usuarios para que todo o traballo no se vaia pola borda.

Nós temos varios sesións de formación do profesorado ao longo do curso, nas reunións de coordinación pedagóxica que facemos de 9:00 a 10:00, antes do comezo das aulas. Ademais, dedicamos unha das liñas do PFPP a temáticas relacionadas coa Biblioteca e a súa Dinamización.

venres, 18 de novembro de 2022

VIII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS

"Algunhas árbores, moitos paxaros", un traballo realizado polo alumnado de Educación Infantil do CEIP A Lama, resultou premiado no VIII Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da Biblioteca Escolar. 

PRESEN_PDI_INFANTIL_22.mp4 from O Recanto de Leo on Vimeo.

martes, 7 de xuño de 2022

PREMIO GALICIA VOZ NATURA II

Agora vos deixamos un vídeo que resume o indispensable que desenvolvimos durante o curso 2021/2022 e que nos fixo merecedores do galardón.

PREMIO_GALICIA_VOZ_NATURA from O Recanto de Leo on Vimeo.

luns, 6 de xuño de 2022

PREMIO GALICIA VOZ NATURA

O CEIP "A Lama" acaba de ser recoñecido co Premio Galicia do Proxecto Voz Natura polo seu Proxecto Documental Integrado "Estamos a Monte". O galardón vén acompañado dunha dotación en metálico de 5.000 €, para o desenvolvemento do seu proxecto de Educación Medioambiental.