xoves, 28 de novembro de 2024
HEROES E HEROAS
sábado, 27 de abril de 2024
"LETRAS NA PRAZA" - COMO FOI?
O 24 de abril tivo lugar na alameda da Lama o 1º Encontro "Letras na Praza", cunha participación extraordinaria.
Os ecos da actividade foron moi positivos e todos os participantes se amosaron entusiasmados co resultado.
Na alameda instaláronse unha serie de estacións polas que todos se podían mover libremente, nun entorno moi seguro grazas á implicación das familias e Protección Civil.
A ANPA da escola da Lama fixo posible que puideramos contar coa actuación de César Freiría (Cé, Orquetra Pantasma).
luns, 15 de abril de 2024
I ENCONTRO "LETRAS NA PRAZA"
O próximo 24 de abril terá lugar na alameda da Lama o 1º encontro "Letras na Praza", que xuntará ás escolas da Lama, Carballedo e Fornelos de Montes, nun xornada arredor da lectura e os libros.
Trátase dunha primeira experiencia entre centros que ten vocación de continuidade e de itinerancia entre os distintos concellos.
Estará aberta ás familias e a toda a veciñanza. Agardamos a vosa participación!
xoves, 21 de decembro de 2023
CONCERTO DE MAGÍN BLANCO
![]() |
(Fai clic na imaxe para poder ver unhas pouca máis) |
mércores, 25 de outubro de 2023
AULA DA NATUREZA "ANTONIO MEMBRIVES"
O pasado 24 de outubro, aproveitando a conmemoración do Día da Biblioteca, quixemos outorgar un recoñecemento ben merecido a unha persoa moi especial para nós.
Antonio Membrives, axente medioambiental, leva traballando na concienciación dos nosos pequenos unha chea importante de anos e é un piar fundamental nas nosas investigacións documentais.
Logo de tantos anos pareceunos de xustiza que a nosa Aula da Natureza pasara a levar o seu nome.
A modo de sorpresa, pois el pensaba que viña dar unha charla, preparámolo todo para facer a inauguración e presentar a placa que deixará constancia a partir de agora.
sábado, 1 de xullo de 2023
A LAMA SPRING SHOW - I FEIRA DE EXHIBICIÓN
O 12 de xuño celebrouse na escola a I Feira de Exhibición do traballo de Alfabetización Mediática e Informacional desenvolvido durante o curso.
"A Lama Spring Show", fixo as delicias de pequenos e maiores... pensándoo ben, máis de maiores; que se puxeron as botas no show cooking "Sabores do Mundo" preparado polo alumnado de 2º ciclo.
"Da horta ao prato" foi a presentación do PDI do alumnado de Educación Infantil e desenvolveuse na sala central da Biblioteca.
Os de 3º ciclo prepararon unha demostración de tódolos recursos da nosa Biblioteca Creativa e Radio na Biblio, ademais do programa Edixgal e recursos de Polos Creativos. Esta parte desenvolveuse nos Laboratorios da Comunicación, Creativo e de Radio da Biblioteca.
E os de 1º ciclo fixeron a súa presentación do PDI "Entre Costuras", no escenario do Salón de Actos. Todo un repaso pola historia da moda e a súa pegada no medio ambiente.
Tamén tivemos unha gran sorpresa: visitounos "A Vella Lulula", un pouco máis maiorciña, pois xa pasaron máis de 10 anos dende a súa gravación.
luns, 12 de xuño de 2017
FIN DE SEMANA DE CONCURSOS
Esta fin de semana tiveron lugar as entregas de premios do Festival Audiovisual Olloboi e o concurso de Espantallos organizado pola Asociación Cultural Río Barbeira.
O venres en Boiro, os rapaces da Lama quedaron finalistas coa curta “Roubo no galiñeiro”. | |
Na nosa categoría, resultaron gañadores os compañeiros do CEIP Carballal, de Marín. Parabéns polo seu traballo e merecido premio.
Por outra banda, o sábado coñecéronse os galardoados no concurso de espantallos que un ano máis volveu a organizar a Asociación Cultural Río Barbeira.
A Comunidade Educativa saíu premiada, neste caso a través da ANPA, que gañaron na modalidade en que participaban, e co espantallo elaborado polo alumnado de 5ºe 6º, que quedaron 2º na categoría de centros educativos.
Parabéns a todos polos resultados.
Un saudiño, lémonos,
LEO