xoves, 15 de decembro de 2016

ESCORNABOTS: APRENDENDO O MANEXO

Continuamos coa experiencia dos Escornabots.

ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA from CEIP A LAMA on Vimeo.

Explorando as posibilidades de interacción. O voluntariado de 6º de primaria comezou a súa experimentación para poder trasladar logo a información aos usuarios da biblioteca.

xoves, 24 de novembro de 2016

COMO MONTAMOS OS NOSOS ESCORNABOTS

Dende o curso pasado estamos participando no proxecto Escornabots, que convocou a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Aínda que este vídeo xa ten algunhas semanas, queremos compartilo con todos vós, xa que foi unha experiencia moi enriquecedora para os nosos voluntarios.

ESCORNIT 2 from CEIP A LAMA on Vimeo.

Nel poderedes ver o proceso de montaxe que levaron adiante os alumnos de 6º de primaria coa axuda dos mestres coordinadores da Biblioteca.

Agardamos que vos guste, lémonos,
LEO

mércores, 1 de xuño de 2016

OLLOBOI CÓMICO!

_DSC4518

Dende hai varios anos presentamos algunhas das nosas creacións audiovisuais ao concurso Olloboi de Boiro.

Este ano presentamos o traballo dos nenos de Educación Infantil do curso 2014-2015: “Os superpoderes dos alimentos”

Foron 234 o total de traballos presentados de 59 centros diferentes. En cada categoría escolleron os nominados.

Nós recibimos tres nomimacións: o olloboi cómico, o olloboi fotoxénico e olloboi animado.

 

_DSC4597

_DSC4528

_DSC4605

Ata a noite da gala non saían os seleccionados!

Para a nosa ledicia... nós fomos un dos premiados co olloboi cómico. Un recollecemento ao traballo audiovisual na escola galega: aquí hai canteira!

 

_DSC4562

_DSC4645

Queremos compartilo con toda comunidade xa que é unha honra para o CEIP A Lama non só ser os premiados se non tamén as nominacións. 

E como nón, darlle as nosas felicitacións aos premiados e tamén a todos aqueles que fan audiovisual na escola!

Lémonos,
LEO

luns, 23 de maio de 2016

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016!

_DSC1056

Unha xornada dedicada ao día das nosas letras, o Día das Letras Galegas. Este ano homenaxeamos ao poeta Manuel María.

Dirixímonos a praza da Lama coa fin de facer chegar as súas verbas máis aló das paredes da escola.

 

_DSC0998

_DSC1004

_DSC1007

Cada ciclo, logo da investigación, foi preparando nos días previos unha chea de actividades: retratos, biografía, cantigas, poemas, ilustracións...

Comezamos cos alumnos de primeiro ciclo que nos foron descubrindo con datos do escritor un retrato xigante que realizaron os nenos de Infantil. Logo foi a quenda de 3º, 4º, 5º e 6º que recitaron os poemas do autor que máis lle gustaron.

_DSC1011

_DSC1060

_DSC1035

_DSC1046

_DSC1052

_DSC1063

_DSC1066

Por último, os pequechos cantaron un poema musicado que atoparon na rede realizado polos compañeiros do IES As Barxas (https://vimeo.com/164895450).

Lémonos.
LEO

mércores, 11 de maio de 2016

CÓNTOCHE UN CONTO!

Todo o alumnado, dividido en cinco grupos de idades misturadas, colleu o mapa da súa ruta para comezar o camiño cara os contos que tiñamos preparados.

_DSC0550

Os voluntarios estaban en diferentes recunchos do cole esperando para sorprendernos a todos. 

_DSC0616

 

_DSC0597 _DSC0536 _DSC0560
_DSC0570 _DSC0579

As historias comezaban de xeito simultáneo, e cando remataban todas, iamos a un novo recuncho. Así fomos pasando polos cinco títulos que os nosos contacontos elixiron.

 

_DSC0542

_DSC0620 _DSC0615 _DSC3371
_DSC3393 _DSC0546 _DSC0566

Unha Hora de Ler compartida entre grandes e maiores!

Lémonos,
LEO.

luns, 2 de maio de 2016

RECOMENDACIÓNS LECTORAS... DA MAN DOS NOSOS VOLUNTARIOS!

Polo recente Día do Libro, os voluntarios da biblioteca escolleron cinco títulos de entre todos os documentos que temos, para contarlles ao resto do cole na actividade: “Cóntoche un conto”.

Hoxe son eles os que vos queren recomendar estes contos... tomade nota!

 

_DSC0624

 

O PAÍS DOS MANDÓNS (EMBORA)

“Un libro que fala da igualdade, da constitución, dos dereitos de todo!”

Andoni, Daniel, David e Giordana

 

 

PÉTALA (OQO)

“Este libro é doado de interpretar pero tamén é moi entretido para escoitar”

Cristina, Noé, Juan e Óscar

 

_DSC0622

_DSC3404

 

ROBERTO DÍ QUE… (KALANDRAKA)

“É moi divertido e ten moi boas ilustracións, de seguro que rirás un montón!”

Elías, Lara, Adriana e Diego

 

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA (KÓKINOS)

“Polas súas ilustracións! Porque aprenderás todo sobre a vida das eirugas. E tamén o podes ler en inglés!!!”

Carlota, Paula, Óscar e Carlos

_DSC0540

_DSC0591

 

DIEZ PATITOS DE GOMA (KÓKINOS)

“O noso libro é moi interesante porque ademais de que os patiños viven unha gran aventura hai moitos outros animais”

Jose, Javier, Paola e Alberto

Logo da elección tocou traballar arreo durante catro semanas, nas que eles mesmos elaboraron os seus guións, os monicreques, as escenografías... esperando a que chegara o gran día no que eles mesmos dirán... “Cóntoche un conto?”

Pero iso verédelo pronto!

Lémonos,
LEO

luns, 25 de abril de 2016

DIA DO LIBRO: CAMBIOCHO POR UN CONTO!

_DSC3448  

Cámbiocho por un conto, ou como nesta ocasión, por un micropoema; a arte de conmover con poucas palabras!

Nesta xornada de festa, moitos foron os que achegaron as súas propias creacións en moi diferentes formatos, que nos foron lendo para todo o cole.

 

_DSC3481 _DSC3524 _DSC3504
_DSC3514

As nosas ben queridas familias traballaron arreo un ano máis, para non deixar de sorprendernos. E claro... non podía deixar pasar a ocasión para achegarlles un pequeno agasallo!

 

_DSC3444  

Xa sabedes que podedes vir pola biblio para ler con calma os traballos de todos. Alí vos espero!

 

_DSC3536 _DSC3467 _DSC3534

Lémonos,

LEO

mércores, 16 de marzo de 2016

REVISTA ESCOLAR CEIBE 2015

Vos deixamos a versión online do CEIBE 2015, que aínda non puideramos subir á rede. Non deixedes de seguir os enlaces que conten.

Un saudiño, lémonos,
LEO

domingo, 13 de marzo de 2016

DIA INTERNACIONAL DA MULLER – 8 de marzo

Como xa vos viñeramos contando, este ano quixemos celebrar o Día Internacional da Muller con dúas persoas moi especiais.

Ángela Abad e Bea a de Estrella compartiron connosco uns momentos preciosos, de experiencias e encontro cos nosos cativos. Momentos de solidariedade e de expresión a través da música...

_DSC0264 _DSC0271 _DSC0353

Como grandes profesionais que son nos seus campos: a logopedia e a imaxe e o son respectivamente, puideron facer visible para o alumnado unha vez máis que non existen profesións de mulleres e de homes, e como lles recalcou Bea, "non deben de deixar de soñar" e traballar moito para que este soño se cumpra.

_DSC0304

O mini-concerto na biblioteca foi moi entrañable, e todos, rapaces e maiores, gozamos de momentos moi intensos e emocionantes.

_DSC0364 _DSC0343 _DSC0326

A tarde rematou coa firma de autógrafos, dos que quedaron moitos pendentes pola falta de tempo. Bea prometeu algunha sorpresa que anda a argallar e que poderemos ver moi pronto.

_DSC0348 _DSC0369 _DSC0373

Un inmenso pracer poder compartilo con vós, lémonos,
LEO