martes, 12 de abril de 2011

OS BRAZOS DA BIBLIOTECA… NOVOS ESPAZOS CONQUISTADOS!

Aínda que temos a sorte de contar cunha biblioteca ben grande, xa sabedes que nos gusta expandirnos por todo o cole e ir cos fondos e coas nosas dinámicas máis aló destas catro paredes.

Xa conquistamos moitos lugares: as clases de tódolos alumnos contan cunha biblioteca de aula, tamén os diferentes departamentos, alcanzamos as novas tecnoloxías co nacemento do noso blog… e agora creamos un novo espazo para toda a comunidade educativa.

Velaí está a nova entrada principal do cole e tamén a saliña de espera.

DSC_0963

Un espazo que invita á lectura, no que coidamos non só o seu aspecto, senón tamén os fondos que poñemos nel a vosa disposición, para que os momentos de espera xa non estean baleiros e os poidamos encher de palabras e historias.

Mesmo podedes facer con nós a Hora de Ler!

DSC_0969

Agora hai moitos que prefiren esperar!

A ver se vos gusta, sobre todos ás familias, xa que está especialmente pensada para vós.

Lémonos. LEO

Ningún comentario: