Xa sabedes que o pasado 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares, e como xa vos contei en anteriores entradas, no cole preparamos actividades especiais e concursos que fixeron de onte un día moi especial.
Soou o timbre do fin do recreo e os voluntarios puxéronse en marcha. Cumprindo co seu labor foron na procura de tódolos nenos do cole para que acudiran á Biblioteca xunto cos seus mestres. Como vedes estabamos todos xuntos na nosa Biblioteca!
Os nenos aplicáronse a fondo durante estas últimas semanas e tanto pequenos como maiores participaron nos diferentes concursos con moitas gañas.
Tanto os cativos de infantil como os de 1º ciclo esmeráronse moitísimo na decoración das súas Bibliotecas de aula e custou moito decidir o primeiro premio do “I Concurso de Decobiblio”.
Estes foron os participantes:
Algúns nenos en representación de cada clase recolleron orgullosos os diplomas honoríficos.
E mesmo nos contaron como o fixeron!
E… o 1º Premio foi para… a clase de 5º de Educación Infantil.
Os maiores de 2º e 3º ciclo foron unha gran sorpresa para todos, xa que traballaron arreo e elaboraron uns libros moi fermosos, que poderedes ver máis polo miúdo na Biblioteca. A través deles amosáronos a súa visión de “Que é unha Biblioteca para ti?”
Eles tamén recolleron os seus diplomas:
Léronnos os seus traballos…
E… o 1º Premio foi para… a clase de 5º de Educación Primaria!
Non nos cabe a menor dúbida de que repetiremos esta experiencia, xa que non só gozaron dunha tarde divertida na Biblioteca, senón que tódolos mestres e máis eu recoñecemos que nos deixaron gratamente sorprendidos.
Parabéns a todos!
Deica pronto. Lémonos
LEO