Xa sabedes que o pasado 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares, e como xa vos contei en anteriores entradas, no cole preparamos actividades especiais e concursos que fixeron de onte un día moi especial.
Soou o timbre do fin do recreo e os voluntarios puxéronse en marcha. Cumprindo co seu labor foron na procura de tódolos nenos do cole para que acudiran á Biblioteca xunto cos seus mestres. Como vedes estabamos todos xuntos na nosa Biblioteca!
Os nenos aplicáronse a fondo durante estas últimas semanas e tanto pequenos como maiores participaron nos diferentes concursos con moitas gañas.
Tanto os cativos de infantil como os de 1º ciclo esmeráronse moitísimo na decoración das súas Bibliotecas de aula e custou moito decidir o primeiro premio do “I Concurso de Decobiblio”.
Estes foron os participantes:
Algúns nenos en representación de cada clase recolleron orgullosos os diplomas honoríficos.
E mesmo nos contaron como o fixeron!
E… o 1º Premio foi para… a clase de 5º de Educación Infantil.
Os maiores de 2º e 3º ciclo foron unha gran sorpresa para todos, xa que traballaron arreo e elaboraron uns libros moi fermosos, que poderedes ver máis polo miúdo na Biblioteca. A través deles amosáronos a súa visión de “Que é unha Biblioteca para ti?”
Eles tamén recolleron os seus diplomas:
Léronnos os seus traballos…
E… o 1º Premio foi para… a clase de 5º de Educación Primaria!
Non nos cabe a menor dúbida de que repetiremos esta experiencia, xa que non só gozaron dunha tarde divertida na Biblioteca, senón que tódolos mestres e máis eu recoñecemos que nos deixaron gratamente sorprendidos.
Parabéns a todos!
Deica pronto. Lémonos
LEO
7 comentarios:
5º e o curso que gañou o premio ainda que os demais traballos tamen o fixeron moi ben e a min gustaronme moito, nos quedamos de segundos co traballo da casa e asi despidome ¡chao¡
Neste concurso quedamos de 2º pero é unha boa posición,e ademais nós esforzámonos moito no noso proxecto.E non quedou tan mal!
Oh!!!que pena,non gañamos o 1º premio pero quedamos de 2º,os que gañaron o 1º premio foron os de 5º curso,lle regalaron kit de pinturas especiais,e non sei se xa o usaron!!Noraboa pero a nosa clase nos hubera gustado gañalo,co que no gusta pintar a tod@s!!!
Nos esforzamos moito xa que nos custou fazelo en 3 días,as que traballaron na portada inicial foron:Sara,María,Nerea e eu.
Un saúdo de Sara,Inma e María!!!
HELLOOOOO!!!
TOD@S SAÍDES GUAPÍSIMOS NAS FOTOS...AS AULAS ESTÁN PRECIOSÍSIMAS!!! MENUDA ENVÍDIA...GUSTARÍAME ESTAR AHÍ PARA ESCOITAR OS VOSOS CONTOS E VISITARVOS NAS VOSAS MARAVILLOSAS AULAS!!!
MOITOS BICOS A TOD@S!!!
TEACHER PILAR
P.D. NINGUÉN ME INVITOU A ESA EXCURSIÓN...
¡¡¡Todos os comentarios son de 4º curso!!!Xa sabemos que quedaron de 2º!!!En fin vin un comentario da Teacher Pilar e quería decirlle que a boto moito de menos.
¡¡¡Todos te echamos mucho de manos especial mente yo Ainoa de 4
Oh!!!!!!!!!A teacher Pilar entrou no bloge,cantos recordos no curso con ela,botoa moito de menos oxalá se quedará neste colexio,BOTAMOSTE DE MENOS SOBRE TODO A CLASE DE 4º(os antigos alumnos de 3ª)
Un bico and Bye,Bye!!!!!
Publicar un comentario