venres, 15 de outubro de 2010

OS PRIMEIROS CADERNOS DE BITÁCORA

E por fin... xa chegaron as miñas “patiñas” os primeiros cadernos de bitácora das mochilas viaxeiras.

Hai debuxos e reflexións moi xeitosas. Dende logo que esta iniciativa está a funcionar!

Mirade, mirade…

Comezamos polos pequenos de infantil:

Familia Doallo Alonso (4º Infantil)

miguel_doallo

Familia Cal Gómez (5º Infantil)

XIAN I XIAN II

Familia Adán Moreira (6º Infantil)

ALBERTO

E tamén os nenos de primaria fixeron as súas aportacións...

Familia Pérez Durán (1º Primaria)

CARLOTA

Familia Cerdeira Cortizo (2º Primaria)

ROMINA

Familia Vidal Durán (3º Primaria)

marcela

_DSC3269

Familia Blanco Paz (4º Primaria)

inma

Familia Fahlbusch (6º Primaria)

AISCHA

Lémonos.

LEO

xoves, 7 de outubro de 2010

NÓS NON SÓ LEMOS LIBROS… FACEMOS LIBROS!

Ídesme notar ben orgulloso dos nenos do cole nesta nova que vos quero achegar.

Xa vai un tempo, case 3 anos, que se achegou ao cole o escritor Carlos Rodríguez Dacal e propúxonos a aventura de escribir e crear ao redor do “Carballo de O Pelete”. Aínda que xa sei que esta árbore é moi coñecida, dicirvos que se trata dunha árbore senlleira de A Lama que dende xeracións pasadas alimenta lendas e festas que se chegaron ata os nosos días.

img003

Os nenos fixérono tan ben e esforzáronse tanto que ao final Carlos non foi quen de elixir e tódolos traballos foron publicados!

img004img005

Ademais temos grandes poetas e poetisas no cole!

Participamos no concurso “Érase un día unha poesía”. As poesías de Moisés Rodríguez, María Bruña, Nerea Francisco e Ainoa Casal, foron as elixidas!

img001

Non deixedes de lelas, son moi divertidas! Tamén tedes o libro na Biblioteca!

img002

img002b

Parabéns a todos!

Lémonos!

LEO

mércores, 29 de setembro de 2010

COMEZAN A SÚA VIAXE!

 

DSC_0631 

Saen dende a Biblioteca as novas mochilas viaxeiras cargadiñas de historias e diversión.

Nacen con ganas de unificar dous piares básicos dos pequechos: a lectura e a familia.

Cada aula ten unha para que semana a semana vaia pasando por todos os nenos.

Creo que non esquecín nada: un libro para os nenos, un para os papás, unha peli, algo de música… e algunha sorpresiña que non vos vou desvelar.

DSC_0635

O que sí vos podo contar é que en cada unha atoparedes un “caderno de bitácora” para que cada familia deixe a súa pegada. Logo poderedes velas todas no Blog.

Espero que vos guste a todos!

Lémonos.

LEO

mércores, 22 de setembro de 2010

COMEZAMOS DE NOVO!

leonuevo_baja

Cantas ganas tiña de volver a estar con todos!

O verán fíxoseme moi longo ao estar eu só na Biblioteca, aínda que me fixeron algunha visitiña...

Como tiven moito tempo, preparei moitas novidades para este novo curso. Non quero adiantar moito pero... de seguro que vos vou sorprender!

Estes días ando moi ocupado poñendo a Biblioteca en marcha e presentándome aos nenos novos e as súas familias, aos que quero darlle en especial unha calurosa benvida.

Non me vou entreteñer máis que soa o timbre para a "Hora de Ler".

Un saudiño. Lémonos.

LEO

xoves, 24 de xuño de 2010

PARA DIVERTIRSE NO VERÁN

É tempo de lecer e que mellor maneira de divertirse que ter un bo libro a man.

Rebuscando pola biblioteca entre todos os documentos, eu propóñovos estos.Tomade nota!

PARA QUE VOS LEAN…

Pulsa para cerrar la ventana

PARA OS PRIMEIROS LECTORES…

Pulsa para cerrar la ventana

PARA OS QUE XA SABEN LER…

Pulsa para cerrar la ventana

 

PARA PAPÁ E MAMÁ…

E non esquezades que no catálogo da biblioteca podedes consultar moios outros títulos.http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=PEC102

Xa me contaredes que vos parecen… Lémonos.

LEO

PARA O RECORDO

Chegados a esta altura do curso toca despedirnos.

A maioría volveremos en setembro, pero outros só volverán de visita.

Non esqueceremos a vosa pegada, e espero volvervos a ver por aquí!

foto_sexto_09_10

Deica pronto.Lémonos.

LEO

FESTA DE DESPEDIDA

Case non o creo pero… rematou o curso.

E claro, aínda que me da moita pena, eu tiña que facer algo para despedir aos nosos voluntarios que traballaron arreo e pasaron moitas horas na biblio.

Algúns vanse do cole, pero dixeron que virían a visitarme. Os que quedan, repiten de seguro!

Unha festiña sorpresa e un pequeno agasallo deixaron aos nenos abraiados.

DSC_0585

DSC_0589

DSC_0591

DSC_0590

A todos eles, unha aperta e moitas grazas. Lémonos.

LEO

xoves, 17 de xuño de 2010

XA ESTÁ NA RÚA

Xa está aquí! Xa saíu o último número da revista do cole: CEIBE!

 
Aquí vola deixo para que a leades atentamente. Este ano trae moitos traballos dos nenos.
 
Agardamos que vos guste.
Un saudiño, lémonos,
LEO

mércores, 9 de xuño de 2010

Agasallos para Leo

 Dende o Centro Penitenciario de A Lama chegaron ao cole un montón de agasallos.

Menuda sorpresa que levei!

Mirade, mirade… agora decoran a nosa biblioteca.

DSC_065

  Os cadros sinalan as portas de aceso

DSC_0658

  E ademáis…

DSC_0666

Estou moi, moi agradecido.

Gustáronme moito e fixéronme moitísima ilusión. Os nenos están asombradísimos.

Pronto vos farei chegar algo que estamos a preparar.

Moitas grazas, lémonos.

LEO

venres, 4 de xuño de 2010

Un ano na nova biblioteca

Velaí vos vai un video que acabamos de montar coas mellores fotos de todo o ano.

Espero que vos guste, lémonos,

LEO

xoves, 3 de xuño de 2010

XA ESTÁ NO FORNO

Xa se está cocendo o próximo número da revista CEIBE. Velaí os vai a portada de este ano.

CEIBE10_11

Estade antentos.

Un saudiño, lémonos,

LEO

xoves, 13 de maio de 2010

UNHA DE USUARIOS...

Agora vos deixo unhas pouquiñas fotos duns visitantes moi ilustres que teño. Cando os vexo na "biblio" pasándoo tan ben cos libros, penso que só por iso todo o traballo paga a pena.

 
_DSC1359
Aquí os tendes despois de que lles explicaramos o funcionamento das novas mochilas de empréstito.

_DSC1337
- E que libro collo eu. Non me lembro de cal era o meu puntiño, o amarelo ou o azul...?

_DSC1352 
- Pois a min os que máis me gustan son os de piratas.

_DSC1355
- A nós esta granxa divírtenos moito, moito...

Quedan prometidas máis fotos e algunha que outra sorpresiña.

Un saúdo, lémonos,

LEO

martes, 11 de maio de 2010

REVISTA ESCOLAR CEIBE

Cando xa estamos a preparar dende o Equipos de Biblioteca e Normalización Lingüística o próximo número da nosa Revista Escolar "Ceibe", queremos que lle votedes unha ollada ao número do ano pasado.

 
Estade atentos ás novidades.
Lémonos,
LEO

venres, 7 de maio de 2010

UN RECOÑECEMENTO AO SEU LABOR...

Todos sabemos que unha parte moi importante do traballo da biblioteca resólveno os voluntarios. Esta entrada no blogue quere ser un xusto recoñecemento a estes mozos e mozas que queren á biblioteca tanto coma min.

Nas seguintes imaxes poderedes velos en "acción": axudando aos máis cativos, ordenando, programando e "fichando".

Estamos moi orgullosos deles, polo ben que o fan, polo empeño e as gañas que lle poñen, pola constancia, pola preocupación, pola ilusión que transmiten...

_DSC1303
Penso que sairon todos na foto!
De esquerda a dereita: Noelia, Mónica, Bárbara, Antía, Maika, Alex, Aischa, Alex G., Gabriel, Alex J., Saúl, Abel e Fani.

_DSC1306
Na biblioteca nunca falta qué facer. Dende ordenar os andeis ata pasar a aspiradora.

_DSC1309
Aquí os tendes organizando unha actividade da que esperamos que pronto teñades novas.

_DSC1416
Unha das cousas máis gratificantes é axudar aos máis pequenos a se mergullar no apaixoante mundo dos libros.

_DSC1944
Que quede constancia de que hoxe traballei, eh!

Pois iso, que todos valoremos moito o traballo que moitas persoas fan en prol da lectura e o coñecemento, coma un rexemento de formiguiñas que pouco a pouco van sacando este inxente traballo a diante.

Eu tereino moi en conta sempre. Lémonos,

LEO

martes, 4 de maio de 2010

DÍA DO LIBRO

_DSC1969

O día 23 de abril festexamos no cole o Día do Libro. Aquí vos deixo unhas fotiños da actividade que fixemos pola tarde.

_DSC2003

Escribín unha carta ás familias para que lles axudaran aos seus cativos cunha tarefa ben fermosa. A nosa intención era intercambiar unha creación literaria por un libro. Chegáronnos poesías, contos, ilustracións, adiviñas, chistes... moitísimos nenos traballaron arreo, porque ninguén quería quedar sen o seu agasallo.

_DSC2061

Os nenos de infantil foron dos máis participativos, e case ningún quedou coas mans valeiras. De seguro que todos tomaron nota para o vindeiro ano.

_DSC2083

Saidou, de infantil, fixo un conto sobre as súas orixes.

_DSC2105

Uxía amósanos o libro que escolleu a cambio do conto que escribiu: Unha tarde no parque.

_DSC2079

Aglaia díxonos o título da súa historia: A miña cadela Pauli

_DSC2097

Para rematar as nenas de 3º de primaria prepararon Alicia no país das marabillas.

_DSC2111

Velaquí están as nosas contacontos, acompañadas de dous voluntarios que as axudan.

Quero felicitar a tódolos nenos e nenas, e ás súas familias, por traballar tanto. Coido tamén que os que se esqueceron tomen nota para o vindeiro ano, xa que de seguro que volveremos repetir esta actividade que tanto gustou.

Deixade o voso comentario aquí e... lémonos.

LEO