xoves, 14 de xuño de 2012

ENTREVISTAMOS A… PETRA COOMANS (de MAKTÚBIKAN)

Texto: Alumnos de 6º CEIP “A Lama”
Fotos: Juan Carlos Zamora Tamayo

IMG_5655O pasado mes de maio estreamos a adaptación para curta de animación do conto “A Vella Lulula” (Texto de Mar Pavón, Ilustracións de Alessandra Cimatoribus) editado por OQO, que participa no concurso “Nós tamén creamos”, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Para a banda sonora escollemos a música de Matúbikan, primeiro porque nos gustou moito e pareceunos moi axeitada, e despois porque unha das súas compoñentes é Petra Coomans (esquerda), nai de Kourosh, alumno de 6º curso do noso cole.

Os seus compañeiros de clase prepararon esta entrevista que Petra teu a amabilidade de contestar.

QUEN FORMA O GRUPO? Maureen Kinnear de Escocia e Petra Coomans de Holanda.

QUE SIGNIFICA MAKTÚBIKAN? É unha palabra composta por nós,"Maktub" o nome co que comezamos significa "está escrito" (árabe)  e engadimos "Jikan" que é o nome budista de Leonard Cohen, que significa: "o silencioso". Así que xunto é algo así como: "Está escrito en silencio"

CANTO TEMPO LEVADES TOCANDO XUNTAS? En todo xa uns 8 anos.IMG_5763

CANTOS INSTRUMENTOS TOCADES E CALES SON? Tocamos máis do que usamos no grupo, xa que se non facíanos falla un camión, pero en concertos Maureen, leva a súa guitarra acústica, un pau de chuvia e uns pratos de cociña, e os toca por suposto, e a súa voz é o que mellor toca…!!!

Eu toco un set de percusión feito por min para poder tocar de pé, o saxo soprano, frautas, unha guitarra española, o “didjeridoo”, e canto.

QUE VOS ANIMOU A FORMAR O GRUPO? A fluidez coa que se traballa, capaces de crear en conxunto e no momento (isto chámase improvisar). Temos "escrito" cancións no coche indo a unha actuación para tocalas despois diante do público por primeira vez. Cargámonos de enerxía xuntas tocando, e aínda que tivemos momentos estancados, non nos cansamos do que facemos.

3882130232_0ddc741bbfDADES CONCERTOS FÓRA DE GALICIA? Si pasou, aínda que non o buscabamos, xurde, coma tódolos bolos. Teño que admitir: iso é Maktub, “Se está de vir... virá”. Aínda que eu "en silencio" penso que hai que preparar o camiño un pouco para que xurdan as cousas. Interactuar co destino en xeral (é fascinante).

TENDES PÁXINA WEB? Eu teño unha persoal onde hai algo do grupo tamén, pero crearemos unha conta en Facebook pronto... e temos un mail : maktubikan@hotmail.com

COMO VOS DESPRAZADES CANDO IDES DE XIRA? Imos en un coche, cabemos con todos os instrumentos “aínda”, e as veces co meu fillo e o equipo de son incluído...

COMO SE PODE ADQUIRIR A VOSA MÚSICA? En concertos vendemos os cd's que gravamos, ou a través do noso enderezo electrónico: maktubikan@hotmail.com

Os nosos cd's están decorados por Zamotamay  e aínda que permitimos a copia, paga a pena ter o orixinal, todo completo por 10 euros, apoiando así aos músicos.

QUE ESTILO TOCADES? A verdade é que non o queremos definir para deixalo libre, pero nos teñen suxerido “ETNO-BLUES” (palabra inventada). ETNO: porque nos gusta viaxar e incluír as influenzas que nos teñen inspirado nos países por onde pasamos de varias etnias, e BLUES pola voz de Maureen que tira a ronca… Pero non ten nada que ver co blues, algo de folk tivo, pero xa cada vez menos. Estamos abertas ás definicións alleas...

SODES MOI POPULARES? Onde nos coñecen, SI!!! IMG_5576

COLABORA CON VÓS ALGÚN OUTRO MÚSICO? As veces temos feito conxuntos espontáneos, para casos especiais ou gañas de ampliar, pero vímonos perdendo a liberdade… É máis sinxelo sendo dúas. 

QUERERÍAS ENGADIR ALGO MÁIS A ESTA ENTREVISTA? Grazas por empregar a nosa canción na vosa xenial curtametraxe. Chapeau!!!

Moitas grazas Petra por responder ás nosas preguntas e transmítelle as grazas tamén a Maureen pola vosa música.

Un saúdo a todos, lémonos,

LEO

Ningún comentario: