sábado, 5 de maio de 2012

VI EDICIÓN DO PREMIO ESPIRAL DE EDUBLOGS

Ola nenos e nenas!

Estes días que andamos tan ocupados nas presentacións dos materiais do PDI, vimos de recibir unha nova moi ilusionante.

Este “Recanto de Leo” foi seleccionado finalista na VI Edición do Premio Espiral de Edublogs.

premioedublogs

Vendo a calidade dos Blogs das outras bibliotecas quedamos máis que satisfeitos con este resultado. Parabéns para as demais bibliotecas, e para todos os presentados, xa que sabemos do traballo que está detrás destas publicacións (en especial ás bibliotecas galegas).

O próximo venres, 11 de maio, saberanse os Blogs gañadores nas distintas categorías.

Grazas a tódalas persoas que fan posible este concurso polo seu labor.

Unha aperta. Lémonos.

LEO

3 comentarios:

bibliotecadocole dixo...

Dende a biblioteca escolar do CEIP Quintela de Moaña, alegrámonos moito de este novo recoñecemento.Parabens, e sorte na final.

Bibliocastelo A Pedra dixo...

Noraboa Leo, tendes un blog chulísimo.

Samuel dixo...

Estoy seguro de que ganaréis.Pero tengo una pregunta. ¿Quién se encarga de la biblioteca? un profesor que también tiene tutoria y está liberado algunas horas o alguien destinado sólo a la biblioteca? Lo pregunto porque hacéis una cantidad de actividades que requieren mucho tiempo. Enhorabuena.