xoves, 31 de maio de 2012

LETRAS GALEGAS 2012 (1ª parte)

Máis vale tarde que nunca, non si?

A verdade é que “A Vella Lulula” nos tivo tan liados, incluso despois de rematada e presentada, que ate o de agora non puidemos amosar máis actividades deste mes.

Este ano o cole festexou o Día das Letras Galegas o 18 de maio (un día despois da data oficial).

Ao longo da xornada tivemos distintos momentos: uns nas aulas, outro de preparación, e unha tarde en común na biblioteca. Os de 3º, 4º, 5º e 6º prepararon uns textos do autor e nos presentaron un traballo coa súa biografía. Tamén puidemos gozar dun anaco do traballo realizado polos alumnos do CPI dos Dices (Rois, A Coruña), e estiveron expostas as láminas do CEIP ADR Castelao (Rianxo, A Coruña).

_DSC7418   _DSC7423

Aquí vos deixo unhas fotos para ilustrar un pouco o que aconteceu pola tarde.

Un saúdo, lémonos,

LEO

2 comentarios :

Dept.Biblioteca dixo...

la, la, LA, la QUE BEN , felicidaeeeesssssss, campións, así me gusta, a levas as BIBES por toda Epañaaaaa.

Fernando. Ed Galaxia dixo...

Moitas felicidades dende Galaxia, a verdade é que tedes moito mérito.
Fernando.