martes, 12 de abril de 2011

GOTAS PARA NÍXER!

Fai xa moitos días (concretamente dende o 30 de xaneiro con motivo do Día da Paz) que lle andamos a dar voltas en que empregar os cartos que conseguimos no “I Rastro Solidario”.

Entre todos, co noso esforzo e a colaboración das familias, acadamos un total de  166 €. É para estar ben orgullosos!

Son moitas as iniciativas que merecen a pena, pero só podiamos elixir unha, e… despois de meditalo decidimos doar os cartos a Unicef.

Esta ONG leva un tempo desenvolvendo unha iniciativa á que chaman GOTAS PARA NÍXER, e coma nós andamos a traballar co PDI da auga, pareceunos un causa moi bonita.

Quedamos rexistrados como cole colaborador, convidámosvos a mergullarvos no seu blog (www.enredate.org/gotas) e ver cantos coles coma nós están a levar a cabo diferentes actividades para por o seu grao de area e colaborar coas causas que promove Unicef.

Lembrades a nosa actividade? Nós propuxemos realizar nas aulas, con materiais escolares e de refugallo, algún obxecto para doalo logo ao “I Rastrillo Solidario”. O prezo era único (1€), e cada familia, a través dos nenos, podía colaborar na medida das súas posibilidades. Déixovos un pequeno álbum recordatorio.

Non dubidaremos en repetir esta experiencia, non só polo ben que podemos facer coa nosa pequena aportación, se non polo aprendizaxe que supuxo para todos!

Lémonos. LEO

Ningún comentario :