xoves, 28 de outubro de 2010

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: A AUGA (1ª parte)

A idea de comezar cos PDIs xurdiu o curso pasado, e aínda que xa levamos un mes oíndo falar disto, quérovos presentar hoxe esta nova iniciativa que se está a levar cabo dende o 1 de outubro: O Proxecto Documental Integrado sobre a auga.

Cada ciclo elixiu un aspecto a traballar, xa que esta temática é moi ampla, pero non quero ir adiantando demasiado.

Ao longo deste último mes levamos a cabo a 1ª fase do Proxecto: a motivación.

Nela realizaremos diferentes actividades como estas que vos presento:

  • Exposición de documentos: Para elo, buscando e rebuscando pola Biblioteca, atopei moitos e mos diferentes documentos que nos achegan ao mundo da auga e a súa gran variedade: libros, documentais, audicións… unha chea de recursos para grandes e pequenos.

_DSC3452

  • Saídas: para a primeira escollemos visitar Ourense, unha cidade na que a auga ten un sentido e un sentir diferente, como xa sabedes acaba de ser nomeada como “cidade termal” por excelencia. Percorremos as súas rúas, visitamos as fumeantes Burgas, vimos o río Miño e pasamos polas súas numerosas pontes, fixemos a ruta termal dende a Chavasqueira ata Outariz seguindo os pasos da corrente do río… e mesmo nos demos un relaxante baño nas súas augas curandeiras.

_DSC3572

Na 2ª fase do proxecto, os alumnos deberán facer a procura de información, e na o tratamento desa información obtida, presentando as súas conclusións nos traballos que xa estamos agardando con moita ansia.

Andade atentos, que estes días sairán máis fotos da saída a Ourense, e da exposición.

Un saudiño, lémonos,

LEO

1 comentario :

Anónimo dixo...

Este proxecto é moi divertido.Os de 3º e 4º xa vimos unha película sobre a auga e máis tarde todo o cole foi de excursión ás termas (e eu iría outra vez je,je!)