luns, 30 de maio de 2011

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011

A historia do Día das Letras Galegas comeza formalmente en marzo de 1963, cando tres membros da Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, envían unha carta ao presidente da institución, Sebastián Martínez Risco. Despois dos “papeleos” estes pioneiros lograron que se recoñecera ao 17 de maio como o día das Letras Galegas, o día da nosa lingua.

Este ano, como xa sabedes, adicouse a Lois Pereiro, e con el e a súa obra fixéronse moitos traballos no noso cole. Podedes velos resumidos neste video!

Lémonos. LEO

mércores, 25 de maio de 2011

PODEMOS FACER DOS CONTOS UNHA REALIDADE?…

O poder dos contos ten o límite na vosa propia imaxinación, e senón vede este video no que Argine, unha nena ben lectora, consegue que os contos sexan algo máis que contos.

 

Lémonos. LEO

xoves, 19 de maio de 2011

CADERNOS DE BITÁCORA!

Despois destes días de festa, por mor das Letras Galegas, aquí vos deixo os últimos cadernos das vosas mochilas viaxeiras!

 

Lémonos. LEO

xoves, 12 de maio de 2011

OS PEQUECHOS, PRIMEIRO EXPLORADORES E LOGO AO TEATRO!

Os nenos de infantil fixemos unha saída curtiña pero ben divertida!

Fomos a Pontevedra para ir ao teatro a ver “Cando raia o sol”.

Antes de chegar, fixemos unha paradiña no centro da cidade, no parque de Barcelos, xa que os nenos de 5 anos tiñan algo que buscar, e os demais fomos axudalos.

Os rapaces de 6º de Infantil están a traballar ao redor dos dinosauros e xa levaban moito tempo buscando no areeiro do cole algún fósil, pero nunca aparecía… un paxariño contounos que no parque de Barcelos había algo soterrado que nunca ninguén conseguira atopar.

O misterio era tal que non puidemos evitar achegarnos para ver se atopabamos algo. E así foi, atopamos un gran fósil pero volvémolo a tapar. A ver se vós tamén o atopades!

DSC_0004DSC_0002

DSC_0003

A obra xa ía comezar, había que ir cara o teatro!

_DSC8915_DSC8910

Lémonos. LEO

mércores, 11 de maio de 2011

POÑENDO A NOSA SEMILLA CARA UN MUNDO MÁIS VERDE!

Todos sabedes onde están as famosas Ermitas de A Lama. O pasado venres achegámonos ata alí para pasar a xornada axudando á natureza plantando 500 árbores!
Precisabamos moita axuda para facerlo e dende o Concello e a Biblioteca Municipal chegaron moitos voluntarios que nos explicaron unha morea de cousas. E non podía faltar Antonio, o “noso” garda forestal, que sempre nos ensina tanto e tan interesante!
Mirade como foi o día!
Ide tomando nota xa que o 2011 é o Ano Internacional dos Bosques!
Lémonos. LEO

venres, 6 de maio de 2011

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR E… NA NOSA BIBLIOTECA!

A Xunta pon en marcha a campaña “O sabor da aventura está no mar”, a través da cal, 19.000 nenos e nenas consumirán peixe galego fresco. A iniciativa arrancou o 13 de outubro pero a nós chegounos o pasado xoves.

A Consellería do Mar pretende proporcionar coñecementos sobre o mundo do peixe aos nenos e transmitirlles a importancia da presenza do peixe e do marisco na dieta, incidindo nas súas achegas nutritivas. Isto fanno dun xeito lúdico e formativo, a través de dúas liñas de acción, un obradoiro dunha hora de duración por cada grupo de idade e o cátering semanal de pratos preparados a base de peixe galego fresco.

O obradoiro inclúe un breve conto no que os protagonistas, os 7 rapaces que vedes nesta imaxe, teñen cada un un súper-poder vencellado a cada unha das vitaminas das especies que se van repartir nos centros escolares.

Invítovos a visitar a súa páxina web a todos, xa que ten un montón de receitas ricas, conselliños para as familias, concursos para os nenos, xogos… todo o preciso para que os cativos coman máis e mellor peixe:

 http://www.osabordaaventuraestanomar.com/index.php

Aquí vos deixo algunhas imáxenes do ben que o pasamos ese día.

 

 

Ummm… que rico! Creo que xa sei que comerei hoxe!

Lémonos. LEO

xoves, 5 de maio de 2011

FINAL DO PDI: 3º CICLO

Os maiores do cole decidiron investigar: “OS USOS DA AUGA”

Pronto descubriron, como ben nos contaron o día da presentación, que a auga ten infinidade de usos e que é fundamental, moito máis do que pensamos, no día a día.

Para presentar todo o que aprenderon realizaron un libro, que podedes ver cando queirades na biblioteca, e que nos mostraron algúns nenos das clases.

_DSC8040

_DSC8036_DSC8038

Despois vimos unha presentación que fixeron eles mesmos ao longo destes meses e que vos deixamos aquí .

Ben feito rapaces!

Lémonos. LEO

CONCIENCIANDO AOS NOSOS CATIVOS: USO RESPONSABLE DAS REDES SOCIAIS.

Hoxe en día a forza das redes sociais é unha realidade que nos preocupa cada vez máis a educadores e familias.

No cole tamén queremos formar aos nenos nesta área tan importante na era dixital na que estamos envoltos.

Organizámonos coa Garda Civil para que os alumnos de 2º e 3º ciclo recibiran unha charla informativa a cerca dos riscos que supón navegar nas redes sociais, e conciencialos de que a pesar de que é moi divertido, a rede non é un xogo.

Agradecemos a iniciativa desta campaña que propón o Ministerio do Interior xa que a nós axudounos moito.

Déixovos un vídeo moi interesante que explica dunha maneira moi clara os riscos que supón o mal uso das redes sociais. É un video realizado polo Defensor do menor da Comunidade de Madrid coa colaboración de Telefónica e Caja Madrid.

Entre todos faremos unha rede máis segura!

Lémonos. LEO

mércores, 4 de maio de 2011

CADERNOS DE BITÁCORA!

Como tódalas semanas algo novo ven nos vosos cadernos de bitácora…

Lémonos. LEO

FINAL DO PDI: 2º CICLO

Chega o momento de que os nenos de 3º e 4º de primaria amosen o seu traballo!

Eles investigaron: “O CICLO DA AUGA”

Despois dun traballo de recompilación da información, procederon a transformala en coñecementos á vez que realizaban entre todos un gran mural.

_DSC8800_DSC8803_DSC8807_DSC8809

Para amosarnos o aprendido realizaron diferentes contos, e descubríronnos algunhas das páxinas web coas que traballaron.

Ben orgullosos teñen que estar de todo o que fixeron e o que aprenderon!

Lémonos. LEO

venres, 29 de abril de 2011

25 ANOS CON PIXAR

Se vos digo Pixar ao mellor non vos soa de nada, pero se vos digo “Toy story”, “Up”, “Mounstros S.A.”, “Buscando a Nemo”… de seguro que vos soa algo máis.

Esta produtora de cine está a renovar e crear os filmes infantís máis innovadores e divertidos dos últimos anos. Logran que non só lle gusten aos cativos, xa que os maiores, incluso papá e mamá, están enganchados a eles.

Déixovos aquí a dirección da súa páxina web na que poderedes ver as pelis que xa fixeron e tamén as últimas novidades.

www.pixar.com

Hoxe queremos conmemorar o seu 25 aniversario deixándovos unha das súas curtas máis famosas e divertidas, e que levou un Oscar á mellor curtametraxe no 2001. Titúlase “For the birds” e merece a pena que lle votedes un ollo!

Asegúrovos que vos deixaremos algún máis noutras entradas.

Lémonos. LEO

xoves, 28 de abril de 2011

FINAL DO PDI DE 1º CICLO

O pasado 22 e 23 de marzo vivimos na biblioteca do cole unas xornadas ben especiais con motivo do final do PDI que levamos a cabo nestes últimos seis meses: “A AUGA”.

Por que escollemos estas datas? Pois por que coincide coa conmemoración do Día Internacional da Auga. A mellor forma de festexalo!

Ao longo destes días iremos deixando novas entradas coas cousiñas que nos mostraron os propios nenos. Hoxe comezamos cos nenos do 1º ciclo.

Os alumnos de 1º e 2º de primaria investigaron: “A VIDA AO REDOR DO RÍO”

DSC_0929

Logo da fase inicial de motivación, mergulláronse no proceso da procura da información en diversos formatos e o seu posterior tratamento.

Antes de comezar a súa exposición animaron a festa cunha cantiga que dúas nenas de 1º nos amosaron. Apareceron cun ben divertido traxe, que nos deixou a todos coa boca aberta.

Todo o aprendido recollérono en forma de mural e presentáronnos desta orixinal forma.

Logo os propio nenos de ambas clases leron, en forma de nube, as cousas máis curiosas que traballaron.

Ademais, como traballaron entre outros animais, sobre o coello e a tartaruga, a mestra Andrea trouxo a súas mascotas “Orejitas” e “Tranqui” que conviviron con nós durante esa xornada.

Por suposto, coidaron con mimo unha pranta que día a día viron medrar, e que acolleron na aula para sempre.

_DSC8374

A nosa felicitación para todos eles polo seu gran traballo!

Lémonos. LEO

CADERNOS DE BITÁCORA!

Ben puntuais, coma sempre, chegaron novos cadernos de bitácora!

Deica pronto!

Lémonos. LEO

luns, 25 de abril de 2011

CÁMBIOCHO POR UN CONTO?

A última das actividades que programamos para conmemorar o Día Internacional do Libro foi Cámbiocho por un conto?

Sin título1   _DSC8475

En que consiste? Pois dende a biblioteca cambiamos aos nosos nenos unha creación literaria por un agasallo. Poden traer relatos, poesías, cómics, ilustracións… coa condición de que estes traballos sexan feitos na casa e que conten coa colaboración das familias (na maior medida posible).

Velaí vai un vídeo.

Como sorpresa final presentamos o conto viaxeiro que os voluntarios da biblioteca remataran de gravar e que os alumnos de 5º Infantil se encargaron de ilustrar.

En canto estea lista a versión interactiva subirémola para goce de todos.

Un saúdo, lémonos.

LEO

sábado, 23 de abril de 2011

23 DE ABRIL – DÍA DO LIBRO

Como vos diciamos na entrada anterior, o pasado 15 de abril adiantámonos no cole á conmemoración do Día Internacional do Libro.

A segunda actividade que programamos, “Cóntoche un  conto?”, contou coa inestimable colaboración dos voluntarios da biblioteca e tres alumnos de 6º curso, que repartidos polo patio en distintos recantos, contáronlles aos seus compañeiros uns contos que foran preparando pola semana.

Paga a pena ver as fotos para facerse unha idea do que gozaron os oíntes.

_DSC8423 _DSC8430 

DSC_0034 DSC_0036

Déixovos unhas pouquiñas máis neste galería. Que ben o pasamos!

Un saudiño. Lémonos,

LEO