Non hai máis que verlle as caras!
O 5 de decembro estreamos oficiosamente a biblioteca para acoller unha actividade moi especial: festexar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
O noso obxectivo era o de facer visibles as diversas capacidades para unha maior concienciación da comunidade educativa sobre o respecto ás persoas e as súas dificultades.
Organizáronse obradoiros sobre as discapacidades: visual, auditiva, TDA, TDAH, de mobilidade e Síndrome de Down.
O 24 de outubro, coincidindo co Día das Bibliotecas, programamos a Festa de Inicio do PDI. Este curso titúlase "O teu consumo deixa pegada", e como adoitamos facer, cada ciclo terá a súa propia concreción: "Da horta ao prato" (Ed. Infantil), "A pegada na industria téxtil" (1º ciclo), "A Axenda 2030 e os ODS" (2º ciclo) e "As illas de plástico" (3º ciclo).
Volvendo a anteriores organizacións preparamos obradoiros internivel. Tiveron que ser no salón de actos e nas aulas, pois a Biblioteca está aínda en obras.
O alumnado levou consigo un pasaporte que ía selando en cada un dos espazos nos que discurriron os obradoiros. Nesta xornada de arranque do noso proxecto sempre os organizamos para que sexan lúdicos e creativos.
Unha das funcións máis importantes do Equipo de Biblioteca é a formación dos seus usuarios. E si, o profesorado tamén ten que formarse no emprego de cada un dos seus recursos, espazos e finalidades.
Refundimos un par de presentacións para aportar unhas pinceladas que pretendemos que axuden a aclarar as ideas...
É obvio que certas normas poden variar dun centro a outro, pois as particularidades de cada un traerán distintas necesidades. O innegable é que o equipo debe promover estas entre os distintos usuarios para que todo o traballo no se vaia pola borda.
Nós temos varios sesións de formación do profesorado ao longo do curso, nas reunións de coordinación pedagóxica que facemos de 9:00 a 10:00, antes do comezo das aulas. Ademais, dedicamos unha das liñas do PFPP a temáticas relacionadas coa Biblioteca e a súa Dinamización.
"Algunhas árbores, moitos paxaros", un traballo realizado polo alumnado de Educación Infantil do CEIP A Lama, resultou premiado no VIII Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da Biblioteca Escolar.
Agora vos deixamos un vídeo que resume o indispensable que desenvolvimos durante o curso 2021/2022 e que nos fixo merecedores do galardón.
"Os Instrumentos do Pórtico da Gloria", un traballo realizado polo alumnado de 6º de primaria do CEIP A Lama, resultou premiado no VII Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da Biblioteca Escolar.
PORTICO_2.mp4 from O Recanto de Leo on Vimeo.
Se estás interesado en coñecer algo máis sobre este traballo podes ler o artigo publicado en Eduga, revista galega do ensino.
Hoxe é o Día do Libro e o estamos celebrando dun xeito un tanto raro!
Normalmente os voluntarios terían preparados os seus contos polo patio, e pola tarde faríamos un encontro para todos na Biblioteca.
Este ano cada un leu na súa casa. Aí vai este vídeo coas vosas fotos.
DIA DO LIBRO from O Recanto de Leo on Vimeo.
*As fotos que falten subirémolas na próxima actualización.
Un saudiño, lémonos,
LEO
O pasado 11 de marzo fomos á praia de Arcade a facer unha recollida de plástico. Esta excursión está enmarcada no PDI "Construamos un futuro sen plástico", dentro do proxecto Voz Natura.
A profe Begoña nos deixa este vídeo que montou sobre a excursión.
SAÍDA DE INVESTIGACIÓN Á PRAIA from Leo de A Lama on Vimeo.
Un saudiño a todos, lémonos,
LEO
Ola! Como vos escribín a través das listas de difusión aquí estamos de novo. Estou preparando a segunda entrega do programa de radio. Mentres aquí vos deixo as imaxes que foron chegando. A medida que enviedes máis vos irei engadindo.
Un saúdo, lémonos,
Leo
Hoxe vos traemos un vídeo de exemplo da presentación a distintos grupos de alumnos da impresora 3D, dentro do proxecto Escornabots.
Pensamos que este achegamento á tecnoloxía dende a biblioteca vai abrir un campo importantísimo na escola.
IMPRESORA 3D from Leo de A Lama on Vimeo.
Se a Alfabetización Informacional (ALFIN) e Mediática é unha das nosas principais inquedanzas, incorporamos agora as iniciativas “Maker” e “STEAM” (Science, Technology, Engineering, Arts and Mathematics).
Xa nos contaredes que vos parece, lémonos,
LEO
Unha das iniciativas que quixemos probar este curso foi a de levar os escornabots dende a biblioteca ás aulas.
Preparamos unha caixa cos tableiros e outros recursos.
No seguinte vídeo podedes ver a chegada a 1º e 2º de primaria.
ESCORNABOTS from Leo de A Lama on Vimeo.
Resultou como agardabamos! Lémonos,
LEO
O alumnado de 6º de primaria produciu, dentro do proxecto Voz Natura e para participar no concurso Ecopreguntoiro de Radio Voz, este audiovisual que toca diversos aspectos da concienciación medioambiental.
ECOVIDEO CEIP A LAMA from Leo de A Lama on Vimeo.
Eles mesmos pasaron polas diversas fases da creación, dende escribir o guión ate interpretar aos seus protagonistas, nun proceso desenvolvido no obradoiro de Iniciación á Linguaxe Audiovisual.
Agardamos que vos pareza de interese, lémonos,
LEO