Ola rapaces! Unha nova moi fresquiña.
O pasado domingo, 1 de decembro, Pablo Díaz presentou no Culturgal (Pontevedra) o seu libro-cd TOC TOC.
![]() |
E como non!!! Xa está na nosa biblioteca.
Un saúdiño, lémonos,
LEO
Ola rapaces! Unha nova moi fresquiña.
O pasado domingo, 1 de decembro, Pablo Díaz presentou no Culturgal (Pontevedra) o seu libro-cd TOC TOC.
![]() |
E como non!!! Xa está na nosa biblioteca.
Un saúdiño, lémonos,
LEO
Ola rapaces!
Como xa vos tiñamos informado con anterioridade, o último día do pasado curso 2012/2013 chegounos unha moi boa nova. Os alumnos de 1º de Primaria da nosa escola gañaran o II Concurso de Curtas de Animación, “Nós tamén creamos” (categoría de 1º ciclo de primaria), coa produción “A Escaleira”.
Este concurso ven sendo promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQOeditora.
Os protagonistas, os actores de dobraxe, os produtores, os guionistas, os escenógrafos.... fomos aló!
Despois dunhas breves palabras para introducir o acto, comezou a quenda para os premiados, aos que lles queremos transmitir os nosos parabéns!
Non quixemos deixar pasar a oportunidade de achegar a nosa curta a tódolos presentes, que se viron sorprendidos polo noso “Avoíño” que con moita ledicia lla entregou ao Sr. Conselleiro, que presidía o acto.
Aquí vos deixamos outras instantáneas dos centros premiados. Tendes que desculpar porque se nos esqueceu anotar a que cole corresponde cada unha, pero son os seguintes:
PREMIO PARA O ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO DE EDUCACION INFANTIL
A escaleira, CEIP Víctor López Seoane, A Coruña
PREMIO PARA O ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO DE EDUCACION PRIMARIA
Premio outorgado ex aequo a:
Troco, CEIP de Merza, Vila de Cruces, Pontevedra.
Ernesto Bo Día, CEIP de Leirado, Salvaterra de Miño, Pontevedra
Mencións especiais:
A noite das mudanzas, CEIP Bergantiños, Carballo, A Coruña. Pola expresividade e espontaneidade lingüística e mais pola composición estética.
Pilú Pilú, CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira, Ferrol, A Coruña. Pola adaptación musical e a orixinalidade plástica.
A escaleira, CPI Cabo da Area, Laxe, A Coruña. Pola adaptación da obra orixinal.
Ernesto Bo Día, CEE Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra. Pola calidade plástica e estética.
Un saudiño a todos, lémonos,
LEO
Coma tódolos anos, unha das actividades que facemos para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares é Decobiblio.
Cada aula renova ou actualiza a súa decoración para facer deste espazo un lugar máis atractivo e destacado na clase.
Velaí vai un vídeo cunhas fotos do que resultou este ano.
Saúdos. Lemonos,
LEO
Despois de decorar o escenario os máis cativos do cole, ao longo da semana anterior..., chegara o esperado momento da festa.
Todo arrancou o xoves, cando os nenos comezaron a traer as súas cabazas e cestas de outono feitas en familia; aí foi cando o escenario cobrou verdadeira vida.
Cada ano son máis as que chegan e cada ano son mellores, por iso costounos moitísimo decidir ao xurado, pero ao final... levaron premio a cabaza máis divertida, a cabaza máis orixinal, a cabaza máis terrorífica e a mellor cesta.
Coma sempre, orixinais e sen vergoña ningunha: os nosos presentadores.
Aínda non deramos por rematado o día pero... iso queda para outra entradiña!
Lémonos,
LEO
Ola a todos!
Como ben sabedes, onte conmemoramos o Día das Bibliotecas Escolares, e hoxe tivemos un encontro no noso Recanto de Leo, para compartir as actividades que se desenvolveron nas aulas.
Unha delas: Que é unha Biblioteca para ti?, deixounos este ano esta fermosa colaboración das familias dos nenos e nenas de Infantil.
Que é unha biblioteca para ti? from CEIP A LAMA on Vimeo.
Agardamos que vos guste, lémonos,
LEO
Os novos alumnos de infantil que chegan por primeira vez ao cole tamén o fixeron á nosa Biblioteca.
Nesta ocasión Leo recibiunos da man dos nosos voluntarios que estaban ansiosos de volver a traballar e sobre todo cos máis pequenos.
Prepararon todo o necesario; novos carnés, puntos de lectura, as normas dos recantos e... foron a buscar por sorpresa aos pequerrechos!
Os novos usuarios non dubidaron en escoller o conto que querían levar para a casa e mesmo lle pediron aos voluntarios que compartiran con eles a Hora de Ler.
Xa fomos vendo dende aquel primeiro día que todos estiveron ben atentos e que agora non deixan de virnos visitar!
E como xa din eles… Lémonos!
LEO
Erades moitos os que queriades saber cando ían saír, cantas mochilas teríamos por clase, se había Cadernos de Bitácoras...
Pois ben, o pasado martes comezaron a súa longa e fascinante viaxe polos fogares dos nosos cativos as Mochilas Viaxeiras!
Xa sabedes… agora só queda esperar!
Lémonos. LEO!
Ola a todos!
Un ano máis comezamos o noso traballo no Proxecto “Voz Natura”. Aquí vos deixo o cartaz deste ano. Como podedes ver o lema é: “Ríos e Praias en Boas Mans”.
Os profes xa se están a organizar para, empregando a metodoloxía dos Proxectos Documentais Integrados, comezar a traballar empregando os recursos que a Biblioteca nos ofrece.
Vos iremos dando conta das novas que acontezan.
Un saúdo, lémonos,
LEO
Que tal foron esas vacacións? A verdade é que as mereciades ben.
O último día do curso pasado recibimos a nova de que os alumnos de 1º de primaria gañaran o concurso de curtas de animación: “Nós tamén creamos”.
O conto adaptado…: “A Escaleira”, de Beatriz Montero e Raul Nieto Guridi.
Os nosos parabéns para estes nenos e profes que con tanta ilusión traballaron.
Un saúdo, lémonos,
LEO