luns, 21 de outubro de 2013

CO NOVO CURSO… NOVAS MOCHILAS VIAXEIRAS!

_DSC6653

Erades moitos os que queriades saber cando ían saír, cantas mochilas teríamos por clase, se había Cadernos de Bitácoras...

Pois ben, o pasado martes comezaron a súa longa e fascinante viaxe polos fogares dos nosos cativos as Mochilas Viaxeiras!

_DSC6652

Documentos variados e en varios idiomas; pelis, libros de consulta, poesías, videoxogos, narrativas, libros de manualidades… e como non, o noso Caderno de Bitácora

Un caderno para que cada familia deixe a súa pegada e nos conte a todos que foi o que máis lle gustou, que cousas podemos mellorar, recomendar algunha lectura… ou simplemente contarnos como foi ese momento de lectura en familia!

Logo poderedes velo no Blogue e gozar cos traballos dos demais!

_DSC6650

Xa sabedes… agora só queda esperar!

Lémonos. LEO!

mércores, 2 de outubro de 2013

OUTUBRO: MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Como ben sabedes, o día 24 de outubro festexaremos o Día das Bibliotecas Escolares. Coma tódolos anos, a Asesoría de Bibliotecas Escolares editou un cartaz conmemorativo.

Este ano o lema é: “Ler Ciencia na Biblioteca Escolar”.

Por non perder os bos costumes, dúas actividades: “Decobiblio” e “Que é unha biblioteca para ti?”, serán as propostas para que o noso alumnado, dende a casa ou na aula se acheguen á Biblioteca a través da súa creatividade.

Outra das novidades, da que vos iremos dando conta é a incorporación de "5 “E-Readers” aos nosos recursos.

A Consellería de Cultura, Educación e OU, incuíunos no proxecto E-LBE, e enviou unha partida de cartos para a adquisición destes aparellos coa finalidade de traballar este xeito concreto de lectura electrónica.

Estade antentos á súa presentación, polo de agora só vos podemos dicir que estamos organizando o espazo e as normas de uso, ademais de seleccionar os “E-Books” que lles cargaremos.

Un saúdo, lémonos,

LEO

lerciencia_cartaz_petit

luns, 16 de setembro de 2013

PROXECTO VOZ NATURA

Ola a todos!

Un ano máis comezamos o noso traballo no Proxecto “Voz Natura”. Aquí vos deixo o cartaz deste ano. Como podedes ver o lema é: “Ríos e Praias en Boas Mans”.

voznatura

Os profes xa se están a organizar para, empregando a metodoloxía dos Proxectos Documentais Integrados, comezar a traballar empregando os recursos que a Biblioteca nos ofrece.

Vos iremos dando conta das novas que acontezan.

Un saúdo, lémonos,

LEO

mércores, 11 de setembro de 2013

OLA NENOS!!! XA ESTAMOS AQUÍ DE NOVO…

Que tal foron esas vacacións? A verdade é que as mereciades ben.

O último día do curso pasado recibimos a nova de que os alumnos de 1º de primaria gañaran o concurso de curtas de animación: “Nós tamén creamos”.

NosTamenCreamos_MEJU-1 a_escaleira_2013.el8

O conto adaptado…: “A Escaleira”, de Beatriz Montero e Raul Nieto Guridi.

Os nosos parabéns para estes nenos e profes que con tanta ilusión traballaron.

_DSC5051

Un saúdo, lémonos,

LEO

xoves, 27 de xuño de 2013

CEIBE 2013! Xa a podes ler no noso blog…

Xa está á vosa disposición a última revista CEIBE. Esta edición conta con contidos extra para aqueles que a reciban en DVD (vídeos, presentacións, curtas de animación…)

Esta versión extensible está tamén dispoñible de xeito online. (Paciencia nalgunha descarga!!!)

Agardamos que vos guste.

Un saúdo, lémonos,

LEO

domingo, 9 de xuño de 2013

HABÍA UNHA VEZ… UNHA SEMENTE!

_DSC4943

Ao redor do libro “Había unha vez una semilla” da escritora Judith Anderson, os nenos de infantil déronlle unha utilidade moi sostible ás botellas de plástico que trouxeran para reciclar por mor do P.D.I. “Enerxía sostible”.

O primeiro era preparar ben aquelas botellas!

_DSC3737 _DSC3747

Todas ben limpiñas…

…recortamos un rectángulo…

_DSC3749 _DSC3763

…uns buratos para colgar…

… e algo de cor!

Xa temos a nosa maceta-sostible!

_DSC3798 _DSC3775

_DSC3792

Despois do aprendido… xa sabiamos o que tocaba facer.

_DSC3791 _DSC4776

Primeiro creamos a estructura para unha plantación vertical!

Un pouco de terra…

_DSC4781 _DSC4786

Hai que movela…

Unhas pequenas sementes de leituga…

_DSC4784 _DSC4794

Cubrimos o sementado…

E para rematar…unhas pingas de auga!

Xa están todas listas. Agora só queda esperar e por suposto non esquecerse de regar!

_DSC4812

_DSC4814 _DSC4808
_DSC4940 _DSC4965

Mentres as nosas leitugas medran día a día, nós non lle quitamos ollo e recollemos tódolos datos na nosa versión: “Había unha vez unha semente”.

_DSC4958 _DSC4961 _DSC4956
 

Aínda son pequechas, pero temos tempo para velas medrar e pronto serán un prato ben saludable nas nosas mesas. Agricultura ecolóxica e sostible!

Lémonos. LEO

luns, 27 de maio de 2013

A ESCALEIRA - UNHA TARDE CON GÜINTERVAN…

Unha das particularidades das nosas curtas (“A Vella Lulula” e “A Escaleira”) é que a música da banda sonora procurámola entre os membros da nosa comunidade educativa.

Se o ano pasado fora Maktúbikan, este ano a música ven da man de Güintervan, xa que Isaac, un dos membros, é o pai de Iker, alumno do noso cole.

Os seus compoñentes son:

_DSC3890 _DSC3864
Isaac Gulín
   
_DSC3873 _DSC6501
Harry Roi Alexandre

Para a “Premier” oficial organizamos un concerto na escola que fixo as delicias dos nosos cativos.

_DSC3842

Velaí van unhas fotiños.

Entre outras pezas, puidemos gozar das incluídas na curta: “Palabras a voar” e “Amar de leite”, do seu anterior traballo Mundo Loco.

En abril presentaron o seu último disco “Psicopano”.

Unha aperta moi forte para eles, e moitas grazas polo agasallo.

Saúdos a todos. Lémonos,

LEO

mércores, 22 de maio de 2013

NÓS TAMÉN CREAMOS–A ESCALEIRA

Velaí vai a nosa proposta! Por fin, logo dun intenso traballo, xa temos rematada a nosa curta. O título escollido: “A Escaleira”, de Beatriz Montero e Raul Nieto Guridi.

Se tedes boa conexión activade o HD, que está subido con moita resolución!

A ESCALEIRA from CEIP A LAMA on Vimeo.

Agardamos que vos guste. Un saudiño.

Lémonos,

LEO

PD: Andade atentos, porque iremos contando algunha cousiña máis de como se foi desenvolvendo o traballo. A próxima entrega: Concerto de Güintervan! Grupo do pai do noso alumno Iker que nos prestaron a música.

luns, 6 de maio de 2013

ALÓ POLO DÍA DO LIBRO… CAMBIOCHO POLO UN CONTO!

Xa é un clásico deste día rematar a xornada con esta actividade.

Pola tarde, todos xuntos no noso “Recanto”, para cambiar un conto, unha ilustración, un trabalinguas… feito na casa, por unha sorpresa!

cartel

_DSC2808   _DSC2804

Nesta ocasión aínda houbo máis creacións que nunca; foi todo un éxito grazas a implicación das familias!

_DSC2962   _DSC0206

_DSC2964

_DSC0214   _DSC0218

Entre lectura e lectura… comezaban a verse os primeiros agasallos.

_DSC0245

 

Nas clases tamén houbo tempo para facer outros traballiños, como este marca páxinas “monstruoso” que fixeron os máis cativos do cole, ou pequenas obriñas de teatro feitas nas aulas, narración de contos-tolos…

_DSC0239 _DSC0236

Quédannos as gañas de que pronto volvamos a atoparnos na Biblioteca e… a ver que nos depara!

Lémonos!

LEO

mércores, 1 de maio de 2013

ENREDANDO VERSOS


Na xornada do día 2 de maio celebramos o encontro poético "Enredando versos" como remate a un ano de intenso traballo arredor da poesía.

O alumnado dos IESs e do CEIPs que formamos parte deste proxecto, reunirémonos no Pazo da Cultura de Sanxenxo a partir das 10.30 da mañá. 

Podedes seguir a xornada a través do nos o blog http://enredandoversos.blogspot.com.es, twitter e Facebook, que iremos actualizando en directo.