martes, 11 de decembro de 2012

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO NACIONAL DE BOAS PRÁCTICAS 2011

(…si, dicimos ben, 2011)

E por fin chegou o día no que poder gozar cos demais compañeiros premiados do acto de entrega dos galardóns do Concurso Nacional de Boas Prácticas para a Dinamización e Innovación das Bibliotecas dos Centros Escolares 2011!!!

_DSC2376

O día comezou ben cedo, xa que o avión para Madrid saía ás 6:50 da mañá dende o aeroporto de Vigo. Destino: a Biblioteca Nacional de España, institución que acollía o acto.

A verdade é que, a pesar do tempo transcorrido dende a consecución do premio ate hoxe, a emoción que todos tiñamos non minguou un ápice.

Lembraredes que a finais de novembro de 2011 publicabamos unha entrada no blog titulada: “Que boa nova!”, na que dabamos conta do premio obtido…

_DSC2368

_DSC2267

Pois hoxe tocaba recibir o diploma acreditativo…, xuntarse cos demais galardoados…, poder dirixir unhas palabras a tódolos presentes…

E chegou o momento esperado!

Ao seren o colexio que recibira o 1º Premio na categoría A (Centros de educación Infantil, Primaria, Especial e para Adultos), dende a Dirección Xeral de Avaliación e Cooperación Territorial do Ministerio de Educación pedíronsenos unhas palabras en nome de tódolos premiados que participaron xunto con nós.

_DSC2296

E iso foi o que tentamos: dar voz aos nosos sentimentos, que pensabamos que coincidían co sentir da maioría dos presentes.

Unha das nosas preocupacións era deixar ben claro o orgullo que sentimos pola Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia, e por formar parte dese gran proxecto educativo en común, que a pesares dos problemas que poidan ir xurdindo, será sempre o piar da innovación educativa no noso país.

_DSC2329 _DSC2306

cd7e45435a7ab7e0cdb79b2199ee4de9

Velaí os estamos! Os máis de 500 centros que participamos no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia!

(A TVG fíxose eco onte no informativo do mediodía)

http://www.crtvg.es/informativos/educacion-premia-seis-bibliotecas-escolares-galegas-por-innovadoras-483778

Unha  aperta ben grande e sentida para todos vós!

Lémonos,

LEO

sábado, 8 de decembro de 2012

O PDI XA ESTÁ EN MARCHA! “AS ENERXÍAS SOSTIBLES”

O Proxecto Documental deste ano xira en torno ás Enerxías Sostibles, e no cole xa estamos inmersos nas distintas fases de desenvolvemento.

Unha das iniciativas que implantamos dende que comezamos esta andaina é a de expoñer nun lugar ben visible da biblioteca tódolos fondos e recursos que adquirimos relacionados co tema a investigar.

_DSC1067

Trátase dun espazo temático no que os nosos cativos teñen acceso directo aos libros, DVDs, revistas, maquetas, xogos… que lles axudarán a convertirse en verdadeiros “expertos”.

Durante o mes de outubro estiveron en exposición, pero agora xa os están a empregar, tanto nas clases como no traballo que fan na biblioteca.

O proceso de adquisición non é sinxelo, pois moitas veces os documentos que atopamos sobre a temática non se adaptan ás idades dos nosos alumnos.

A variedade de soportes e xéneros ten que estar presente, polo que nos podemos atopar cunha narrativa que ten como fío as Enerxías Sostibles, ou un manual, un xogo interactivo para ordenador…

_DSC1066 _DSC1062
_DSC1061 _DSC1065

Este ano mercamos unha maqueta de madeira dunha casa sostible, que conta con tódolos elementos dun fogar comprometido coa natureza: placas solares, separación de lixo, aproveitamento da auga da chuvia, xenerador eólico…

Tamén vimos de incorporar uns xogos científicos que pensamos que axudarán a comprender mellor a transformación das distintas enerxías (solar, eólica…) en electricidade, e outros que axudan a fomentar a reciclaxe, a depurar auga, a reutilizar…

_DSC1051

En outra entrada vos amosaremos unha nova iniciativa, que unida a esta nos axudará a comprender mellor o mundo da sostenibilidade.

Vos adianto que se trata dun recanto para recortes de prensa ao que chamamos “Noticias Sostibles”.

Lémonos,

LEO

venres, 7 de decembro de 2012

E SEGUIMOS CO SAMAÍN…

Unha das actividades coa que máis gozan as nosas familias ao longo do ano é o “Concurso de cabazas e cestas de outono”.

Tétricas, simpáticas, modernas, clásicas… todas elas recolleron a admiración dos cativos e dos profesores, que prepararon unha “especial” entrega de premios con diplomas para os participantes e agasallos para os gañadores.

_DSC1083 _DSC1085
_DSC1086 _DSC1087

Velaí van outras fotiños da entrega de premios. A ver quen recoñece ao “secretario” da “Noiva Cadáver”…

_DSC1190 _DSC1210

_DSC1225

_DSC1245

O certo é que pasamos unha boa velada, e puidemos gozar das dotes interpretativas dos novos profes, (e dos non tan novos…)

_DSC1278 _DSC1276
_DSC1236 _DSC1224
_DSC1288 _DSC1247

Un saúdo, lémonos,

LEO

mércores, 5 de decembro de 2012

10 ANOS DE EDUCACIÓN AMBIENTAL

Aló polo mes de marzo deste ano, cumpríronse 10 anos dende que comezou a colaboración entre a nosa escola e Antonio Membrives, o noso Axente Forestal.

Con tal motivo, e por festexarse en A Lama a “plantación oficial” polo Día da Árbore, elaboráramos un vídeo con fotos deses 10 anos de traballo, e que aquí vos deixamos.

Imaxes de plantacións, solta de troitas, charlas, visitas aos medios de extinción aereos…

Lémonos,

LEO

martes, 4 de decembro de 2012

UN CONTO DE MEDO PARA… PASALO DE MEDO!

Chegado o tempo do Samaín e Magosto, dende o Recanto queríamos aportar algunha sorpresa... coa axuda das “super-voluntarias” preparamos un conto terroríficooooo...

O primeiro que fixemos foi ver quen tiña o suficiente valor para non morrer de medo e contar a historia para o resto do cole na hora de ler.

_DSC9528

_DSC9529

Entre todos buscamos e rebuscamos contos, cómics, poesías... que foran axeitadas para tal acontecemento. Despois de lelos todos, as nosas rapazas da biblio decidiron contar: “Fiz, o coleccionista de medos” de Fina Casalderrey e Teresa Lima.

Aínda que con pouco tempo... tiñan moito que preparar: voces misteriosas, efectos de son, pausas inquietantes, susurros tétricos... e a verdade e que o resultado deixou a máis de un coa boca aberta!

_DSC1136

_DSC1140 _DSC1142
_DSC1148 _DSC1138

E por se alguén quedou con gañas de máis aquí vos deixamos a curta de animación da editorial OQO.

 

Lémonos,

LEO

xoves, 29 de novembro de 2012

OS VELLOS TEMPOS…

A finais do curso pasado os alumnos de 6º de primaria rodaron unha curtametraxe que titularon “Os vellos tempos”. Agora que está a piques de saír a edición impresa vola deixamos aquí para o voso deleite. Non temos máis palabras!

Xa nos contaredes!!!

Lémonos,

LEO

mércores, 28 de novembro de 2012

xoves, 22 de novembro de 2012

TROBADORES POR UN DÍA!

Non sei se vos lembrades que tempo atrás, por mor do Día das Bibliotecas Escolares, os nosos cativos convertéronse en escritores de poesías. As súas creacións xa van chegando pouco a pouco ao equipo de redacción deste blogue.

Hoxe, os nenos de 6º de Infantil serán os protagonistas, xa que se converteron en trobadores por un día. Tiñan que explicarnos “Que é unha biblioteca para ti?” e... tras a tea estaban eles recitando os seus versos!

_DSC9894

 

Que é unha biblioteca?
e do que imos a falar
así que estade ben atentos
que isto vai comezar!

O meu avó sempre dixo
que a mellor maneira de viaxar é un libro
non precisas dun avión
na biblioteca hai libros a montóns.

Dende un rato detective
ata un superheroe invencible
canto máis leo máis aprendo
e o mundo mellor entendo.

Teatro, contacontos ou exposicións
nunha biblioteca hai moita acción
só teremos que estar caladiños
cos ollos abertos e ben sentadiños.

As películas divertidas podo ver
non me quitan as ganas de ler,
que grande se ve todo
síntome coma se fose un piollo!

Para poder escoitar música
non hai que ir á discoteca
pon os cascos nas orellas
e goza na audioteca!

Os xogos do ordenador
son do mellor
pero só os podemos coller
unha vez ao mes.

Tamén hai un recanto para crear
con pinturas, papeis e moito máis,
anímate e comeza a debuxar
nun gran artista te converterás.

E se as nosas obras queres coñecer
as producións propias podes ver
colgadas en ganchos na parede
están agardando a que as admiredes.

E as mochilas viaxeiras
que grandes compañeiras
pasan connosco
unha semana enteira.

Así podemos gozar
de lecturas en familia con papá e mamá
e cando ao cole deben regresar
o caderno de bitácora poderás amosar.

E se queres estar ao día
ó Recanto de Leo vai de visita
só con prender o ordenador
terás un montón de información.

Buscade, buscade
e a ver que atopades
hai fotos a montóns
adiviñades de quen son?

E non podedes esquecer
que a columna do PDI tes que ver
chea de libros, pelis e ata xogos
nela atopamos respostas para todo.

Este curso toca estudar
enerxías sostibles e como aforrar,
parece un tema complexo
verás ao final canto aprendemos.

Alumnos de 6º de infantil

_DSC9900 _DSC9901

Non vos preocupedes que o temos todo gravado en video… pronto o veredes!

_DSC9905

Lémonos. LEO.

luns, 19 de novembro de 2012

HORA DE LER EN 1º CICLO

Continuando coa dinamización da Hora de Ler, os alumnos de 1º ciclo seguen recibindo a visita dos seus pais.

Nesta ocasión, Miguel veu contarlles un conto moi especial. O seu fillo Saidou naceu en África, nun país que se chama Burkina Faso, por iso podemos ver na cartolina o mapa que elaboraron para que nos puideramos situar.

O relato popular que nos trouxo titúlase “O Guepardo, o Mono e o Camaleón”.

_DSC1742

_DSC1747

Saidou, logo de buscar contos sobre África na nosa biblioteca, decantouse por escribir el un conto co que entreter aos seus compañeiros.

_DSC1748

_DSC1743

_DSC1751 _DSC1758

Agardamos que esta iniciativa siga tendo boa acollida entre as familias.

Un saúdo, lémonos,

LEO

sábado, 17 de novembro de 2012

mércores, 14 de novembro de 2012

ALÓ POLO 24 DE OUTUBRO… UN INVITADO MOI ESPECIAL!

Cando celebramos no cole o Día das Bibliotecas Escolares, entre outras actividades, quixemos ter unha sorpresa para cos nosos cativos.

O poeta Carlos Fontes veu pasar con nós a tarde e compartir unhas lecturas dos seus libros: Poemas con piruleta e Versos en flor.

_DSC1049

Había moitas preguntas que facerlle: “Cando comezou a escribir?”, “Por que escribe poesía e non outro xénero?”, “Cal é a súa poesía favorita?”...

Carlos, con moita paciencia, foi contestándonos a todos e entre pregunta e pregunta, líanos algunha das súas poesías ou lle líamos algunha das nosas composicións.

_DSC9915

Despois dun encontro así… as voluntarias agasallaron ao invitado cun bolígrafo, non vaia ser que non teña con que seguir escribindo!!!

As súas dedicatorias andan agora de clase en clase...

_DSC9995

dedicatoria1

dedicatoria2

“E como tiña que ser,
falando de poesía,
pasamos nós o día,
e quedamos en nos ler…”

LEO

venres, 9 de novembro de 2012

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES–QUE É UNHA BIBLIOTECA PARA TI?

Unha das actividades que preparamos para o Día das Bibliotecas Escolares foi: Que é unha biblioteca para ti?

Este ano, a través da poesía, os nosos pícaros tiveron que contarnos que entendían eles por biblioteca. Os de 3 anos deixáronnos este vídeo do seu traballo basado na canción de Pablo Díaz “O Libro”, publicada por Kalandraka no libro – disco TIC TAC.

Agardo que vos guste moito.

Lémonos,

LEO