sábado, 17 de novembro de 2012

mércores, 14 de novembro de 2012

ALÓ POLO 24 DE OUTUBRO… UN INVITADO MOI ESPECIAL!

Cando celebramos no cole o Día das Bibliotecas Escolares, entre outras actividades, quixemos ter unha sorpresa para cos nosos cativos.

O poeta Carlos Fontes veu pasar con nós a tarde e compartir unhas lecturas dos seus libros: Poemas con piruleta e Versos en flor.

_DSC1049

Había moitas preguntas que facerlle: “Cando comezou a escribir?”, “Por que escribe poesía e non outro xénero?”, “Cal é a súa poesía favorita?”...

Carlos, con moita paciencia, foi contestándonos a todos e entre pregunta e pregunta, líanos algunha das súas poesías ou lle líamos algunha das nosas composicións.

_DSC9915

Despois dun encontro así… as voluntarias agasallaron ao invitado cun bolígrafo, non vaia ser que non teña con que seguir escribindo!!!

As súas dedicatorias andan agora de clase en clase...

_DSC9995

dedicatoria1

dedicatoria2

“E como tiña que ser,
falando de poesía,
pasamos nós o día,
e quedamos en nos ler…”

LEO

venres, 9 de novembro de 2012

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES–QUE É UNHA BIBLIOTECA PARA TI?

Unha das actividades que preparamos para o Día das Bibliotecas Escolares foi: Que é unha biblioteca para ti?

Este ano, a través da poesía, os nosos pícaros tiveron que contarnos que entendían eles por biblioteca. Os de 3 anos deixáronnos este vídeo do seu traballo basado na canción de Pablo Díaz “O Libro”, publicada por Kalandraka no libro – disco TIC TAC.

Agardo que vos guste moito.

Lémonos,

LEO

luns, 29 de outubro de 2012

HORA DE LER… COA FAMILIA!

Esta claro eso de… “Se ti les, eles len”, por iso no cole ás veces sumamos a nosa Hora de Ler ás familias.

Nesta ocasión os nenos do 1º ciclo de primaria escoitaron moi atentos á convidada que chegou da man de Lucía Cordeiro,  xa que é a súa nai.

E que sorpresa, por que Lucía tamén traía unha poesía para ler!

_DSC1036 _DSC1037

O conto que escolleron do recanto estaba no espazo de Novidades, así que pode que moitos non o coñezades; A vaca que puxo un ovo do escritor Andy Cutbill.

_DSC1032

Tan divertida e atolondrada historia fixo rir a grandes e pequenos!

_DSC1024    _DSC1034

 _DSC1031

Moitas grazas por compartir este intre con nós! E agora a ver quen se anima…

Lémonos. LEO.

sábado, 27 de outubro de 2012

venres, 26 de outubro de 2012

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2012

Como xa ven sendo habitual, no CEIP A Lama conmemoramos o 24 de outubro o Día das Bibliotecas Escolares.

Coma en outros anos tivemos dúas actividades e un encontro polo tarde en O Recanto de Leo.

A primeira das actividades é “Decobiblio”. Mirade que decoracións máis chulas nos deixou este ano!!!

Agardo que vos guste. Lémonos,

LEO

martes, 23 de outubro de 2012

RECÍCLATE!!!

Como xa sabedes, o Proxecto Documental deste ano titúlase “Enerxías Sostibles”.

E directamente relacionado coa sostenibilidade queremos ir levando adiante unha serie de iniciativas que esperamos teñan calado, non só na escola, senón tamén nas familias.

Vimos de colocar nas entradas da biblioteca uns contedores para poder separar o lixo.

_DSC0016

A ver si dende o concello se lembran de traer os prometidos contedores para papel e plásticos (de orgánicos xa temos) e podemos acabar o proceso, xa que o noso alumnado está aprendendo a separar o lixo e é unha mágoa que este traballo non teña un final axeitado. A nosa parte vai estando cumprida.

_DSC0018 _DSC0144

Se queres máis información de como separar o lixo pica na icona de SOGAMA que tes na barra da dereita, na sección de recursos para o PDI.

En outras entradas vos iremos contando outras iniciativas que estamos preparando para facer que a nosa escola sexa máis SOSTIBLE.

Recibide un saúdo agarimoso. Lémonos,

LEO

xoves, 18 de outubro de 2012

OS PRIMEIROS CADERNOS DE BITÁCORA DESTE CURSO!

As Mochilas Viaxeiras saíron un ano máis con moitas gañas!

Despegaron dende a Biblioteca cargadiñas de aventuras, historias e novidades que os nosos lectores e as súas familias non se quixeron perder e así o demostraron deixando a súa pegada nos Cadernos de Bitácora.

Estade ben atentos, xa que era tal a demanda, que tivemos que montar máis mochilas para facer a espera máis curta!

Lémonos. LEO.

martes, 16 de outubro de 2012

ACHÉGASE O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O próximo 24 de outubro conmemoraremos o Día das Bibliotecas Escolares.

A Consellería de Educación ven de editar un cartaz para tan especial ocasión, e o lema escollido este ano foi:

“Biblioteca Escolar – Acelerador de Innovación”

CARTELAZULBAIXA

Agardamos que vos gustara tanto como a nós.

Un saúdo, lémonos,

LEO

sábado, 13 de outubro de 2012

RECANTO “creARTE!!”

A nosa Biblioteca estrea un novo espazo: o recanto “creARTE!”. Un lugar pensado para que os nosos cativos amosen a súa creatividade.

_DSC9531

“Os habituais” dos recreos xa están a elaborar os seus traballos plásticos e literarios (banda deseñada, poesía, ilustración, relato…).

_DSC9543

_DSC9548

_DSC9546

_DSC9540

Cun modelo autoxestionado, o noso alumnado conta coa asistencia das voluntarias da Biblioteca, as “Axudantes de Leo”, que ensinan aos seus compañeiros como se debe empregar o espazo, que posibilidades creativas hai, cando se pode facer uso do recanto…

De seguro que este espazo traerá tamén unha nova sección a este Blog!

Polo de agora xa vos podemos amosar unhas imaxes dun dos primeiros días dende que se estreou este espazo.

_DSC9549

Recibide un saúdo!

Lémonos,

LEO

martes, 9 de outubro de 2012

O NOSO ALUMNADO VISITA A BIBLIOTECA

Ola de novo a todos!

Co traballo que temos este curso por mor das novidades das que vos iremos dando conta, temos este “Recanto” un pouco deixado da man…

Non pensedes que a actividade non segue na nosa Biblioteca. Todo o contrario!

_DSC9383

Nas últimas semanas o noso alumnado foi pasando por aquí para lembrar (uns) e coñecer (outros): os espazos, as normas de utilización, ao profesorado encargado… e tamén de paso para levar o seu primeiro empréstito do ano.

Aproveitamos tamén para presentar novos recantos, que de seguro que traerán boas experiencias aos nosos cativos.

_DSC9278 _DSC9362

A mención máis especial é para os nosos novos lectores. As nenas e nenos de 3 anos que comezan a súa andaina con nós, e que por primeira vez se achegaron a este novo universo que se lles abre.

Velaí van unhas fotiños.

Un saúdo, lémonos,

LEO

luns, 10 de setembro de 2012

BENVIDA AO CURSO 2012/2013

Ola a todos!

Xa estamos de volta con moitas gañas de comezar o curso. Agardamos que nos traiga tan bos momentos como os pasados.

Velaí vai un vídeo que resume un pouco a andaina do noso cole.

Un saúdo, lémonos,

LEO

luns, 16 de xullo de 2012

FASE FINAL DE PRESENTACIÓN DO PDI (4º INFANTIL)

Os cativos máis cativos do cole vanvos explicar eles mesmos o que aprenderon no desenvolvemento do PDI.

Mirade!

Ufff… canto aprenderon!

Unha aperta rapaces e… lémonos!

LEO

xoves, 12 de xullo de 2012

FASE FINAL DE PRESENTACIÓN DO PDI (5º DE EDUCACIÓN INFANTIL)

Agora que teño un pouco máis de tempiño ... ben vos podo achegar algunhas cousas que quedaron no tinteiro do noso PDI.

Hoxe repararemos no traballo dos nenos de 4 anos; lombrigas e celtas!

Cando, aló por outubro, comezamos a traballar ao redor dos bosques, os cativos repararon nun, pouco coñecido, animal: As lombrigas.

Amosaron todo o que aprenderan deste habitante dos nosos bosques, cun divertido xogo que tiña doce recompensa.

_DSC6935

Este lombriga xigante agochaba curiosas preguntas coas que eles retaban a tódolos alí presentes, e claro, saber a resposta tiña agasallo; un doce de lombriga!

_DSC6971_DSC6943  _DSC6958

Tanto aprenderon que foron quen de ter este invertebrado de mascota!

Nas súas investigacións atoparon outros antigos habitantes dos bosques que nos veñen moi de preto: Os celtas.

Mirade neste vídeo como o fixeron!

De seguro que algo máis atoparei para vós!

Lémonos. LEO.