martes, 11 de outubro de 2011

CADERNOS DE BITÁCORA

Esta semana as Mochilas Viaxeiras chegaron un día antes,xa que mañá non temos cole!

Aquí volas deixo para que as disfrutedes!

Lémonos. LEO

sábado, 8 de outubro de 2011

FORMACIÓN DE USUARIOS… PARA DOCENTES! (SEGUNDA SESIÓN)

Novidades na biblioteca xa sabedes que nos gusta ter, pero tan interesante coma esta hai poucas!

Os mestres da Lama queren facer da biblioteca non só un lugar bonito onde ler, escoitar, ver, acceder… á cultura (que non é pouco e tampouco é ningunha novidade), senón facer que sexa o piar da vida do centro, e para tal labor… hai que formarse!

Podemos formarnos de moitos xeitos diferentes; nos cursos, en congresos, charlas, grupos de traballo, lendo, falando cos compañeiros… ou collendo o mellor de cada cousa! Desta mestura naceu a idea de que os mestres do Equipo de Biblioteca poden amosar moitas cousas aos seus propios compañeiros, é que ás veces a “formación” está máis preto do que parece!

Despois do bo resultado da primeira reunión, decidimos que a partir deste curso, unha vez ao mes polo menos, tódolos docentes virán á biblioteca para formarse, dialogar, preparar actividades, intercambiar ideas, aportar cousas novas… en definitiva para mellorar.

Xa levamos dúas sesións, e proba de elo son estes dous libriños. Son o resumo das presentacións que alí se viron e que aquí sempre estarán a vosa man!

 

Sei que non está todo o que falamos, pero si que está o guión xeral que coido que vos pode axudar.

 

Unha aperta, e… lémonos!

LEO

venres, 7 de outubro de 2011

PRIMEIROS CADERNOS DE BITÁCORA, QUE BEN!!!

Esta semana por fin chegaron a Biblioteca os primeiros cadernos cos traballiños ao redor das Mochilas Viaxeiras, e coma sempre, non deixades de sorprendernos!

É unha gozada disfrutar do traballo tan ben feito, noraboa!

Lémonos. LEO

venres, 30 de setembro de 2011

FORMACIÓN DE USUARIOS… PARA ALUMNOS!

Non pode haber un comezo de curso sen que lle lembremos aos nosos usuarios algunhas cousas que deben saber ao redor da biblioteca: normas de uso, empréstitos, punto de intercambio, exposicións, CDU, novidades…

Neste video podedes ver como comezamos a traballar algunhas destas cousas.

Seguiremos a traballar nesta importante tarefa!

Lémonos. LEO.

xoves, 29 de setembro de 2011

COMENZAN A SÚA VIAXE… DESPEGAN AS MOCHILAS VIAXEIRAS!

Xa non podía esperar máis, xa saíron… as Mochilas Viaxeiras!

_DSC1286

Para os máis cativos, para os maiores, para as familias, para os mestres… para todos! Despegan as mochilas con moitas gañas de facérvolo pasar moi, pero que moi ben.

Hoxe tódalas clases pasastes pola biblioteca. Fíxome moita ilusión vervos a todos por aquí! Xa escoitei aos profes da biblioteca como vos lembraban algunhas cousas que hai que saber antes de levar a mochila para a casa. En cada unha atoparedes unha mestura de documentos que coido que vos van a gustar e cada clase ten a súa, xa que non todos lemos o mesmo.

O que non falta en ningunha é o Caderno de Bitácora, seguro que vos acordades del. É un espazo en branco para que enchades coas vosas ideas, traballos, debuxos, distintas formas de expresión… que xurdan ao redor dos documentos que levades. Logo poderédelos ver no noso recanto!

_DSC1294

Dádelle ao miolo que quero sorprenderme de novo con vós e as vosas familias!

Lémonos. LEO.

venres, 23 de setembro de 2011

MANERAS DE LEER

Ola mozos!

Téñovos que contar que esta semana mandei á profe Cris e ao profe Rafa a Madrid para que asistiran no meu nome ao “Encontro de Buenas Prácticas Lectoras - Maneras de Leer”, que organizaban os Ministerios de Educación e Cultura.

_DSC1274

Polo que falei con eles, quedaron moi contentos, porque puideron aprender moitas cousas que vos ensinar na Biblioteca, e contactar con outros profes de outras comunidades autónomas.

DSC_0023Velaí están coa profe Anxos (IES de POIO) e Pilar e Cristina (Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia).

Queren que lles mande unha aperta moi grande a toda a xente que coñeceron e un agradecemento especial á organización do congreso.

_DSC1266 copia

A xente do “Proxecto Fahrenheit 451” fixo unha “performance” durante un dos descansos, e “Rapsodas en el Barrio” da Asociación Cultural Funkameba ambientou outro dos momentos coa súa música Hip-Hop na que empregaban letras de grandes poetas españois.

_DSC1264 copia  _DSC1263 copia

_DSC1273  _DSC1228 copia

Lectura en pantalla, Taller de Kamishibai, Bibioinstante, Leer Juntos, Disfraza la Pizarra Digital, Es tiempo de Leer, Callejeros Literarios, ZECOBIT… son algunhas das ponencias que puideron seguir durante as dúas xornadas que durou o encontro.

_DSC1233 copia  _DSC1240 copia 

Espero que viñeran coas pilas ben cargadas para comezar o curso ben forte dende a Biblioteca.

Un saúdo, lémonos,

LEO

www.leer.es

MIRADE O QUE ATOPEI !!!

Ondeando a biblioteca ás veces levas agradables sorpresas!

Atopei este libriño que fixeron os “Pequenos Reporteiros”, xa sabedes, os nenos que están este curso en 6º de educación infantil!

É a crónica do que máis lle gustou do día no que presentamos o final do PDI “A auga” do curso pasado, que coincidía co Día Mundial da Auga.

A ver que vos parece!

Lémonos. LEO.

venres, 16 de setembro de 2011

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA OS MÁIS NOVOS

Cada comezo de curso temos uns alumnos moi especiais. Son os nenos e nenas de Educación Infantil de 3 anos, que comezan a súa andaina entre nós.

Para que vaian coñecendo o apaixoante mundo dos libros, e as súas familias lles poidan axudar a adaptarse ás “novidades” velaí van unha serie de libros que podedes empregar.

 

Espero coñecelos pronto. Xa teñen os seus carnés da “biblio”, aínda que eles non o saben (ssssshhhhh).

Un saúdo a todos.

Lémonos,

LEO

xoves, 15 de setembro de 2011

COMEZAMOS O NOVO CURSO CON… FORMACIÓN DE USUARIOS (para profes)!

Canto me apetecía darvos a benvida a todos!

Veño con moitas ganas de traballar, tantas como as que teño de pasalo ben!

Xa hai uns días que chegaron de novo tódolos mestres ao cole, e como non, viñeron pola biblioteca a ver como pasara o verán. Logo dos saúdos e das presentacións dos novos profes… xa nos puxemos a traballar.

Comezamos recordando un pouquiño as normas, utilidades, dinámicas, propostas… da nosa biblioteca. Xa sabedes un pouco de formación de usuarios nunca ben mal.

DSC_1109DSC_1110DSC_1114DSC_1108

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Todos estaban moi atentos!

Agora que xa estamos a punto e coas “pilas cargadas” preparádevos para disfrutar e aprender un ano máis na nosa biblioteca!

Máis que nunca… lémonos!

Unha aperta!

LEO

martes, 9 de agosto de 2011

UNHA HISTORIA DIVERTIDA PARA ESTE VERÁN!

Xa vos teño falado de Pixar, unha productora que non deixa de sorprendernos coas súas historietas tan ben contadas.

Aquí vos deixo esta, para facer máis curta a espera para comezar o novo curso!

Unha aperta!

Lémonos. LEO

martes, 2 de agosto de 2011

COS DE 1º CICLO DE PRIMARIA: VOLVEMOS AO MUNDIAL!

Os nenos do 1º ciclo quixeron traer ao cole o recordo daqueles días.

Ao ritmo da canción do mundial, e despois dun montón de ensaios, conseguiron un vistoso resultado.

Avísovos que a canción non é a de Shakira!

Un saúdo!

Lémonos. LEO

martes, 26 de xullo de 2011

SOMOS DINOSAURIOS!

O festival deu lugar a situacións inesperadas e insólitas, ou é que alguén esperaba atoparse con oito dinosauros?

Unha “voz” explicounos que fai moitos, moitos anos a terra estaba habitada por grandes dinosauros, pero tras a colisión dun gran meteorito contra o noso planeta todos desapareceron. Aínda que oito conseguiron sobrevivir, e están agochados na clase de 6º de Infantil.

Estes oito xurásicos animais desfilaron con moito ritmo e explicáronnos todo o que aprenderon sobre eles nestes últimos meses de traballo.

Logo, xuntos, cantaron unha cantiga propia á que titularon “Somos dinosauros”. Mirade como foi todo!

 

Lémonos. LEO.

martes, 19 de xullo de 2011

PACO PAPÁN… COA CLASE DE 4 ANOS NO FESTIVAL!

Creo que non queda ninguén no noso cole que non coñeza a Paco Papán, o protagonista dun conto da editorial OQO, que leva por título o nome deste neno.

A andaina dos rapaces de 5º de Infantil ao redor deste contiño comezou o curso pasado, cando só tiñan 3 anos.

Un día, a mestra, como por arte de maxia, “atopou” este conto no recanto da asemblea, e claro, como bos lectores, non dubidaron en lelo. A historia enganchounos enseguida e axudounos a entender iso tan alleo para eles, como eran os días da semana.

Paco, que falaba ás veces coa mestra, díxolle que se todos aprendían os sete días da semana, amosaríalles unha cantiga ben divertida. E cando o conseguiron chegou á clase este vídeo.

O conto era un dos preferidos da clase, pero non era o único, e quedou un pouco na lembranza de todos.

Neste curso, xa máis maiores, con motivo do Día da Libro, a clase dixo: “e se traballamos con Paco Papán?”. Ese día facer o vestiario, o atrezzo, as maquillases… foi un xogo ben divertido, xa que todo o que empregaron foron cousas que atoparon na aula e polo cole! Unha maneira única de “reler” e de aprender cousas novas dunha mesma historia, xa que desta vez traballaron máis as profesións que aparecen, o número de personaxes, os tempos da narración… e mesmo debuxaron cada un a súa personaxe e recolleron as características máis significativas.

Como non podía ser doutra forma, a guinda deste traballo foi o festival, xa que decidiron que esa era a actuación que querían facer. Despois dos ensaios e dun duro traballo de costura este foi o resultado:

 

Resultou un traballo moi completo no que tanto os nenos coma os mestres aprendemos moito… mesmo hai algún que está sendo absorbido pola súa personaxe, non sí Paco?

Unha aperta. Lémonos!

LEO

martes, 5 de xullo de 2011

BOAS NOVAS!

Ola rapaces! Hoxe vos achego unha boa noticia! O espazo www.leer.es do Ministerio de Educación concedeunos o selo “Buena Práctica Leer.es” polo PDI sobre a Auga!

Que ben, e que ánimo vos ten que dar para seguir traballando así.

Aquí tendes unha captura de pantalla do portal. Se picades nel ou no selo que está á dereita poderedes ler a referencia e visitar outras experiencias que tamén obtiveron este recoñecemento.

leer_es

Seguide así de traballadores, e animade aos profes para que o vindeiro proxecto sobre O Bosque vos salga aínda mellor.

Un saúdo a todos. Lémonos,

LEO

sábado, 2 de xullo de 2011

DEICA PRONTO!

É tempo de despedidas… hoxe queremos facer unha mención especial aos alumnos de 6º de primaria que deixan o cole!

Deica pronto rapaces… e xa sabedes onde estamos!

_DSC9608

Lémonos. LEO.