Aquí vos achego a segunda parte do post sobre o PDI que estamos a elaborar no cole.
Como ben sabedes o pasado mércores, 27 de outubro fomos de excursión a Ourense, para coñecer polo miúdo que era iso do termalismo. Esta saída está enmarcada entre as fases de motivación e procura de información do noso proxecto.
A continuación vos deixo un feixe de imaxes para ilustrar a nosa visita.
O primeiro que nos ensinaron foron as famosas Burgas de Ourense, onde a auga sae a moita temperatura. Había moita xente colléndoa para levala ás súas casas. (Seica lles vai moi ben para curar moitos “achaques”)
Mentres os maiores do cole camiñaron cara as Pozas de “Outariz”, os máis pequenos montamos no tren turístico, que nos levou nunha viaxe moi divertida.
E ao chegar foto de grupo diante do tren que nos levou.
Non estaba permitido facer fotos abaixo nas pozas, pero aquí tendes un plano xeral para que saibades en que consiste. Tódolos días, os empregados de ASPANAS (que nos trataron de medo) se encargan do mantemento das instalación, que están coidadísimas. Collen auga do río, trátana, regulan a temperatura, cortan o céspede, limpan… Que ben traballan, e que ben no lo explicaron!!!
Santos, que é un gran amante de todo tipo de insectos, atopou unha Mantis Relixiosa.
Para coller o autobús de regreso, tivemos que cruzar o río Miño por esta ponte peonil. Que fermosa vista.
Andade atentos, que agora xa estamos na fase de procurar información, e de seguro que vos iremos avanzando os nosos descubrimentos.
Lémonos pronto,
LEO