Unha das partes máis apaixoantes do PDI é a fase de presentación. Aí podemos ver como o noso alumnado medra e grazas á emoción supérase e consegue amosar todo o seu coñecemento.
luns, 14 de xullo de 2025
domingo, 13 de xullo de 2025
MÁIS MATERIAIS!!! - UN MAR DE CIENCIA
Aquí vos deixamos o segundo dos libros elaborados polos nenos e nenas de Educación Infantil. Un Mar de Ciencia. Menuda investigación! Parabéns polo esforzo rapaces.
EXPLICÁMOLO CIENTIFICAMENTE? - EXTRAER SAL DO MAR
Terceira entrega dos vídeos elaborados con experimentos científicos relacionados co medio mariño. Estes pequenos teñen moitas táboas diante da cámara!
PDI "UN MAR DE CIENCIA" - INMERSIÓN
Vos deixamos agora o primeiro dos libros que elaboraron os pequenos de infantil. Un intenso paseo por toda a fauna abisal que tanto lles impresionou. Cada un levou para casa o seu exemplar, e coma sempre, gardamos un elaborado de xeito colaborativo na nosa Biblioteca.
EMPLICÁMOLO CIENTIFICAMENTE? - SEGUIMOS EXPERIMENTANDO
Velaí vai o segundo dos experimentos que gravamos. Que pasa cando se xunta auga doce e auga salgada?
PDI "UN MAR DE CIENCIA" - 3ª Fase: Exposición do Aprendido
Para esta última fase, a de "Exposición do Aprendido", tivemos que facer moitos preparativos e ensaios. Máis adiante poderás ver un pequeno resumo da exposición realizada para os compañeiros con todos os materiais.
PDI "UN MAR DE CIENCIA" - 2ª Fase: Procura e Tratamento da Información
Nas imaxes deste outro vídeo poderás ver distintos momentos da fase de procura e tratamento da información do PDI "Un Mar de Ciencia", do alumnado de Educación Infantil.
sábado, 12 de xullo de 2025
PDI "UN MAR DE CIENCIA" - 1ª Fase: Motivación
Como en tódolos Proxectos Documentais Integrados que facemos, hai un proceso no que desenvolvemos unha serie de fases. Deixamos no blog unha serie de vídeos con fotografías que ilustran cada unha delas. Neste caso a 1ª Fase: Motivación.
EXPLICÁMOLO CIENTIFICAMENTE? - PDI "UN MAR DE CIENCIA"
O alumnado de Educación Infantil desenvolveu o seu PDI "Un Mar de Ciencia" tentando de dar resposta a moitas incógnitas que se lles presentraron. Puxémonos mans á obra, e nos espazos de creación audiovisual da Biblioteca organizamos un plató para gravar unha serie de experimentos coa pretensión de explicalo dende a ciencia.
sábado, 21 de xuño de 2025
PRESENTACIONS PDI 2025 - 2º CICLO
venres, 13 de xuño de 2025
PRESENTACIÓNS DO PDI 2025
Estas dúas semanas entramos de cheo na fase de presentación do aprendido durante o PDI "Ciencia que coida e preserva.
Hoxe os de infantil e 1º ciclo fixeron a súa exposición ás familias que quedaron abraiadas cos coñecementos adquiridos polos nosos pequenos.
A concreción dos de Infantil: "A ciencia e o mar"; os de 1º ciclo: "A ciencia e o espacio"
En canto poidamos por un pouco de orde nos materiais actualizaremos a entrada. Prometemos que non quedaredes indiferentes.
luns, 2 de xuño de 2025
SABELA GAGO - BIBLIOTECA CREATIVA
O pasado 29 de maio tivemos o inmenso pracer de contar na nosa biblioteca coa presenza da actriz, mestra e pedagoga Sabela Gago.
A súa traxectoria é extensa: Sarabela Teatro, MITEU, TVG...
Foi unha xornada maravillosa arredor do teatro e a lectura para o alumnado de Educación Infantil, enmarcada no programa Biblioteca Creativa.
sábado, 26 de abril de 2025
DÍA DO LIBRO - II Encontro "Letras na Praza"
O pasado 23 de abril celebrouse no CEIP de Carballedo o II Encontro "Letras na Praza", iniciativa que nacera no CEIP A Lama no curso anterior e que pretende ser unha xornada de convivencia entre os centros da contorna para festexar o Día do Libro.
O relevo tomouno de forma marabillosa a comunidade educativa do centro antes mencionado e reuniu a máis de 350 alumnos dos colexios de Carballedo, A Lama, Fornelos de Montes, Tenorio e Cerdedo.
A animación musical correu a cargo de "Migallas" que fixeron as delicias de todos repasando os seus mellores éxitos.
Clicando na foto poderás ver máis instantáneas da xornada: momentos para a lectura, a creación, a convivencia... Xa estamos agardando a próxima edición!!!
xoves, 24 de abril de 2025
O CLUB DE LECTURA VIAXA A ALLARIZ
venres, 11 de abril de 2025
II ENCONTRO "LETRAS NA PRAZA"
O vindeiro 23 de abril celebrarase o II Encontro "Letras na Praza", que nesta ocasión reunirá aos colexios: CEIP de Carballedo (que actúa como anfitrión), CEIP A Lama, CEIP Doutor Suárez, CEIP de Tenorio e CEIP San Xoan Bautista.
Trátase da segunda edición dunha actividade que pretende festexar o Día do Libro tecendo redes entre os centros da zona. Letras na Praza naceu o curso pasado na Lama e, como foi pretensión dende o seu inicio, adquire o carácter de itinerante, para achegar a lectura a todos os concellos e vilas da comarca.