Grazas ao programa +Escénicas, da Deputación de Pontevedra, e en colaboración coa Axencia Municipal de Lectura puidemos achegar o teatro aos nosos pequenos.
Menudo luxo a obra "Máis saaaabor!": música, interpretación, show cooking...
(Clica na imaxe se queres ver outras)
No curso no que o lema é "Biblioteca Escolar, a escena", o CEIP A Lama compensa as desigualdades do mundo rural co único escenario que existe en todo o Concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario